Indución Matemática

En matemáticas, a indución é un razoamento que permite demostrar proposicións que dependen dunha variable n que toma unha infinidade de valores enteiros.

En termos simples, a indución matemática consiste no seguinte razoamento:

Indución Matemática
Unha descrición informal da indución matemática pode ser ilustrada polo efecto dominó, onde ocorre unha reacción en cadea cunha secuencia de pezas de dominó caendo unha detrás da outra.
    O número enteiro ten a propiedade . O feito de que calquera número enteiro tamén teña a propiedade implica que tamén a ten. Entón todos os números enteiros a partir de teñen a propiedade .

A demostración está baseada no axioma denominado principio da indución matemática.

Historia

No Parmenides, diálogo de Platón do 370 a.C, quizais se pode identificar un temperán exemplo dunha explicación implícita de proba indutiva. A máis antiga pegada da indución matemática pódese atopar na demostración de Bhaskara I que empregando o «método cíclico» proba a infinidade dos números primos.

Unha técnica oposta, contando regresivamente en lugar de ascendentemente, pódese atopar no paradoxo sorites, onde se argumenta que se 10.000.000 de grans de area forman unha morea e removendo un gran da morea este continúa a ser unha morea, entón, un só gran (incluso ningún gran de area) forma unha morea.

Unha demostración implícita da indución matemática para secuencias aritméticas foi introducida por Al-Karaji na obra Al-Fakhri escrita ao redor do 1000 d. C., empregado para probar o teorema binomial e propiedades do triángulo de Pascal.

Ningún destes antigos matemáticos explicitou a hipótese indutiva. Outro caso similar foi o de Francesco Maurlico no seu Arithmeticorom libri duo (1575), que empregou a técnica para probar que a suma dos Indución Matemática  primeiros enteiros impares é igual a Indución Matemática .

A primeira formulación explícita sobre o principio de indución foi establecida polo físico e matemático Blaise Pascal na súa obra Traité du triangle arithmétique (1665). Outro francés, Fermat, fixo amplo uso dun principio relacionado para unha demostración indirecta do infinito descendente. A hipótese indutiva foi tamén empregada polo suízo Jakob Bernoulli e a partir de entón foi máis coñecida.

O moderno tratamento de carácter rigoroso e sistemático chegou con George Boole, Augustus De Morgan, Charles Sanders Peirce, Giuseppe Peano e Richard Dedekind.

Demostracións por indución

Chamemos Indución Matemática  á proposición, onde Indución Matemática  é o rango.

  • "Base": Demóstrase que Indución Matemática  é certa, é dicir, é o primeiro valor que cumpre a proposición (iniciación da indución).
  • "Paso indutivo": Demóstrase que se Indución Matemática  é certa, é dicir, como hipótese indutiva, entón Indución Matemática  tamén o é, e isto sen condición sobre o enteiro natural Indución Matemática  (relación de indución). Indicado como Indución Matemática ).

Logo, demostrado isto, conclúese por indución que Indución Matemática  é certo para todo natural Indución Matemática .

A indución pode comezar por outro termo que non sexa Indución Matemática , por exemplo Indución Matemática . Entón Indución Matemática  será válido a partir do número Indución Matemática , é dicir, para todo natural Indución Matemática .

Exemplo

Probarase que a seguinte declaración P(n), que se supón válida para todos os números naturais n.

    Indución Matemática 

P(n) dá unha fórmula para a suma dos números naturais menores ou iguais a n. A proba de que P(n) é verdadeira para todos os números naturais procede como segue:

  • Base: Móstrase que é válida para n = 1.

con P(1) tense:

    Indución Matemática 

No lado esquerdo da ecuación, o único termo é 1, entón o seu valor é 1, mentres que no termo dereito, 1·(1 + 1)/2 = 1.

Ambos os lados son iguais, n = 1. Entón P(1) é verdadeira.

  • Paso indutivo: Mostrar que se P(k) é verdadeira, entón P(k+1) é verdadeira. Como segue:

Asúmese que P(k) é verdadeira (para un valor non específico de k). Débese entón mostrar que P(k+1) é verdadeira:

    Indución Matemática 

empregando a hipótese de indución P(k) é verdadeira, o termo esquerdo pódese reescribir:

    Indución Matemática 

Desenvolvendo:

    Indución Matemática 

mostrando de feito que P(k+1) é verdadeira.

Posto que se realizaron os dous pasos da indución matemática tanto a base como o paso indutivo, a declaración P(n) cúmprese para todo número natural Indución Matemática  Q.E.D.

Exemplo 2

    Tratarase de demostrar por indución a seguinte proposición:
      Indución Matemática  Indución Matemática 
    1. Compróbase para n=1
      Indución Matemática 
    Tense por tanto que a proposición é verdadeira para n=1
    2. Hipótese indutiva (n=h)
      Indución Matemática 
    3. Tese indutiva (n=h+1)
      Indución Matemática 
      Indución Matemática 
    4. Demostración da tese con base á hipótese
      Indución Matemática 
      Aplícase a hipótese de indución:
      Indución Matemática 
      Indución Matemática 
      Indución Matemática  (sacando factor común)
      Indución Matemática 
      Indución Matemática 
    Polo tanto, verificándose a proposición para Indución Matemática  e para Indución Matemática  sendo Indución Matemática  calquera número natural, a proposición verifícase Indución Matemática .

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Indución Matemática HistoriaIndución Matemática Demostracións por induciónIndución Matemática NotasIndución Matemática Véxase taménIndución MatemáticaMatemáticasNúmero enteiroProba matemáticaProposición

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José MujicaMia KhalifaCastro de Punta do BicoNoiaAntas de UllaCreampieFernando AlonsoSimón BolívarAstorgaTorquemada, PalenciaPortadaSuso DíazMelideMAlberte MománMamen MendizábalÁlex FidalgoLista de WikipediasNarónRuxe RuxeGaliciaArnaud Courlet de VregilleDiego Rivas RegoNava CastroImmanuel KantLista de voces dos animaisElvira Fernández BalboaJosé Pablo del Bado RivasFrancisco FrancoPablo Iglesias TurriónCreative CommonsOs PinosVitoria Uxía de BattenbergFútbolO Pedrouzo, Arca, O PinoThe Rolling StonesXosé Manuel PiñeiroMona LisaRoberto Carlos da SilvaBurgosÑLois PereiroVacaSegunda guerra mundialCarlos NegroCristina Fernández DavilaIdeaFelaciónZakat al-FitrOurenseClaudio GiráldezFingeringSeixoAmieiroRamenBloque Nacionalista GalegoMachu PicchuHans Zimmer30 de abrilAlberto FortesBilbaoClaudio MonteverdiWehrmachtEmilia Pardo BazánInés ReyPedro J. RamírezFeniciosClaudia SheinbaumSabela López PatoVilagarcía de ArousaSalgueiroXosé Luís Méndez Ferrín🡆 More