Illa Pancha: Accidente xeográfico en Ribadeo

7°02′30″O / 43.556388888889, -7.0416666666667

A illa Pancha é o extremo occidental da saída da ría de Ribadeo, fronte á Punta da Cruz.

Illa Pancha
Illa Pancha: Xeografía e historia, Polémica sobre o hotel, Dependencia administrativa
Faros da Illa Pancha.
Illa Pancha en Lugo
Illa Pancha
Illa Pancha
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGaliza Galiza
ProvinciaLugo
MarMar Cantábrico
Xeografía
Superficie0,011 km²
Demografía
PoboaciónDeshabitada
Illa Pancha: Xeografía e historia, Polémica sobre o hotel, Dependencia administrativa
Illa Pancha en xullo de 2015.

Xeografía e historia

Está situada na punta nordeste do concello de Ribadeo, e acolle o principal faro da contorna. Está unida a terra por unha ponte refeita con formigón armado no ano 1983. Próximo a ela está o miradoiro da Illa Pancha, incluído na ribadense Ruta dos Miradoiros.

Ten unhas 1,1 hectáreas e orografía escarpada e recortada, aínda que chá no seu cumio, onde está instalado o vello faro de illa Pancha, construído en 1857. O novo faro, na zona norte, é do último cuarto do século XX (1983).

A illa tivo unha estación meteorolóxica a finais dos anos 1920.

Xeoloxía e bioloxía

A súa costa é rochosa e ten vexetación de plantas costeiras que lle dá unha cor moi variable ó longo do ano, incluída a invasora 'unlla de gato'.

Panchorro

Nas súas proximidades desenvólvese unha onda que polas súas características (ata 20 m de altura) é codiciada polos surfistas, pretendéndose organizar un campionato en función da súa aparición, o "IIla Pancha Challenge".

Polémica sobre o hotel

No ano 2014 comezou o proceso para que o faro sexa usado coma hotel, contando con oposición veciñal. Está catalogada como Zona 2, Área de Conservación, dentro do Plan Director da Rede Natura 2000, zonas que a priori non están autorizadas para uso turístico. Pese ó anterior, en abril de 2017 o vello edificio comezou a ter actividade como apartamentos turísticos. En 2019 o colectivo de Ribadeo Por Nuestro Faro denunciou restricións de acceso.. En agosto de 2021 a empresa hostaleira abriu unha cafetería con terraza.

En 2022 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reiterou a obriga de que a illa tivese acceso libre ao ser un espazo natural.

Dependencia administrativa

A illa é administrada pola Autoridade Portuaria de Ferrol-S. Cibrao.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao (en castelán)

Tags:

Illa Pancha Xeografía e historiaIlla Pancha Polémica sobre o hotelIlla Pancha Dependencia administrativaIlla Pancha NotasIlla Pancha Véxase taménIlla PanchaCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Getty Thesaurus of Geographic NamesFentoHindemburg Melão Jr.XamaicaVästergötlandCangrexo ermitánBacteria gramnegativaGianluigi BuffonMonforte de LemosHistoriografíaARN polimeraseFernando Salgado VarelaQuirópterosLámpada incandescenteMiguel HernándezBorschCarolina do SurVilla MediciMarylandCircuíto Ricardo TormoPlayoffs NBA 2021FerraraRío AmazonasLinguas xermánicasAnguíaFernando Salgado GarcíaGuamDistritos de PortugalBoborásNADPHBreixoSistema nervioso somáticoBeadeLexión EspañolaChrysolina graminisÁcido cápricoIstambulRusiaCuzcoRocío JuradoTeoría de conxuntosConcellos de GaliciaEnantiornithesTeixugoAmérica do NorteSupernovaCorpo cetónicoCélula naiRetorno a Tagen AtaTerreo (xeoloxía)Martin ScorseseRomaPedro I do BrasilBisexualidadeEurocopa de FútbolCabaloEsteroideFosfatidilglicerolParque nacionalElena RybakinaBen-Hur (filme de 1959)A CoruñaLogaritmoCabassous unicinctusCornizóMLingua sánscritaHistoria dos eslavos do surTinamidaeMarcos PereiroÁreas lingüísticas do galegoAscaris lumbricoidesColectivizaciónTeatro de EpidauroMúsculo liso🡆 More