Os hemicordados (Hemichordata, do grego ἡμι- hemi-, metade e o latín chordata, pl.
Hemicordados Rango fósil: cámbrico - actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Saccoglossus sp. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Clases | |||||||||||||
|
de chordatum "cordado", "con corda"; de chorda, "corda", e este do grego χορδή chordē) é un filo de animais vermiformes, mariños, deuteróstomos, considerados como as formas máis primitivas dos cordados aínda que están claramente separados deles por careceren dunha verdadeira notocorda; porén, presentan unha estomocorda, que é unha expansión do tubo dixestivo e, como os cordados, teñen unha farinxe con fendeduras (faringotremas), que usan para filtraren o alimento.
Moitos autores considéranos como un grupo irmán dos equinodermos.
Apareceron no cámbrico e inclúen dúas clases principais, enteropneustos e pterobranquios; unha terceira clase, planctosferoideos, coñécese unicamente a través de larvas dalgunhas especies.
Por outra parte, a clase extinta dos graptolitinos (graptólitos) parece que está estreitamente emparentada cos pterobranquios.
Na actualidade coñécense unhas 100 especies.
Son organismos solitarios que en xeral viven en tobos alimentándose dos sedimentos, pero algunhas especies son filtradores farínxeos. Porén, os pterobranquios son filtradores, coloniais na súa maioría, que viven nunha estrutura tubular de coláxeno chamada coenecium.
As características máis salientábeis do grupo dos hemicordados pódense resumir nos seguintes puntos:
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A centena de especies do filo dos hemicordados agrúpanse nas clases seguintes:
Os puntos de vista sobre as posibles relacións filoxenéticas dentro do grupo dos hemicordados varían significativamente. As fendeduras branquiais e o tubo neural dorsal apoian un agrupamento cos cordados, mentres que a falta dunha segmentación interna e dunaha cola detrás do ano parece indicar o contrario. Por outra parte, as súas formas larvarias acercan os hemicordados aos equinodermos; as investigacións xenéticas moleculares tamén apoian unha relación de clados irmáns entre estes dous grupos.
Tamén se discute se as diferentes clases de hemicordados representan grupos naturais; despois de investigacións xenéticas moleculares recentes, os enteropneustos xa se consideran un grupo monofilético. Isto débese a que algúns doa seus subgrupos están relacionados de maneira máis próxima cos pterobranquios que co resto de enteropneustos. Se este punto de vista fora confirmado, iso significaría que a forma orixinal dos hemicordados (e, polo tanto, probabelmente dos cordados) non foi un organismo filtrador, senón máis ben un ser vivo parecido a un verme.
Incluso o monofiletismo dos hemicordados en xeral está discutido. No seguinte modelo, os enteropneustos son o clado irmán dos equinodermos:
Deuterostomia |
| ||||||||||||
Un modelo do ano 2001, máis recente pero baseado unicamente en datos morfolóxicos, considera aos hemicordados como un grupo totalmente artificial, que só está baseado en características primitivas. En consecuencia, quedarían disolvidos no só os hemicordados, senón tamén as clases que compoñen este grupo, e deberían ser reclasificados. Así pois, a familia dos rabdopléuridos, dos pterobranquios, constituiríase en grupo irmán dun taxon denominado Pharyngotremata, composto pola familia dos cefalodíscidos e o novo taxon dos cirtotretos. Finalmente, os enteropneustos quedarían como grupo irmán dos cordados. En cambio, un estudo do 2000 apoia claramente o monofiletismo dos hemicordados, propoñendo unha hipótese completamente nova para a súa evolución.
Deuterostomia |
| |||||||||||||||
Esta representación asume unha evolución gradual das fendeduras branquiais, cousa que se contradi claramente cos datos xenéticos moleculares máis recientes. Polo tanto, de momento, as relacións filoxenéticas deben ser consideradas incertas.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hemicordados |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Hemicordados, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.