Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa

O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (abreviado como ALDE polo seu nome en inglés) é un grupo político do Parlamento Europeo composto por case todos os deputados do Partido da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa e do Partido Demócrata Europeo, así como dalgúns de partidos non adscritos.

Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa
Alliance of Liberals and Democrats for Europe
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa
Dirixentes e organización
LíderGuy Verhofstadt (Bélxica)
Historia
Fundación20 de xullo de 2004
Posicións políticas
IdeoloxíaLiberalismo
Socioliberalismo
Liberalismo económico
Europeísmo
Posición políticaCentro
Representación
{{{escanos_título1}}}
70 / 751
Outros datos
Na rede
alde.eu
Facebook: ALDEgroup Twitter: ALDEGroup Youtube: UCm0-r0JMvxRD4S96iAdg4OA Flickr: 95104888@N04 Editar o valor em Wikidata

É o cuarto grupo en número de escanos na oitava lexislatura do Parlamento Europeo (2014-2019) e está considerado como a referencia liberal nas institucións europeas, tendo grupo no Consello de Europa (chamado ALDE-PACE), no Comité das Rexións da Unión Europea e na Asemblea Parlamentaria da OTAN.

Desde xullo de 2009 o presidente do Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa é o belga Guy Verhofstadt, dos Liberais e Demócratas Flamengos, sucedendo ao inglés Graham Watson, dos Liberal Demócratas.

Historia

Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa 
Graham Watson, voceiro na lexislatura 2004-2009.

O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa ten a súa orixe nas primeiras reunións da Asemblea Común da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, fundándose o Grupo de Liberais e afíns o 23 de xuño de 1953. A medida que a Asemblea se converteu en Parlamento, os gaullistas se separaron do grupo, e deuse entrada aos novos países da Unión Europea, e o grupo converteuse no Grupo Liberal, Democrático e Reformista o 13 de decembro de 1985, cambiando posteriormente a Grupo do Partido Europeo dos Liberais, Demócratas e Reformistas para coincidir co nome do partido europeo.

Non foi ata o inicio da quinta lexislatura, o 20 de xullo de 2004, cando o Partido Europeo dos Liberais, Demócratas e Reformistas e o Partido Demócrata Europeo aliáronse no Parlamento Europeo para a creación do grupo político. Nesta primeira lexislatura, onde contaron con 88 eurodeputados de 732 asentos, o grupo elixiu o inglés Graham Watson como presidente.

Nesta citada primeira lexislatura o grupo fixou 10 obxectivos primordiais, entre os que figuraba a promoción da paz e a creación dunha federación europea, facer da UE un actor global, tanto na súa dimensión económica como política, democratizar as estruturas da Unión, garantir os dereitos fundamentais de todos os cidadáns europeos o promover a educación a todos os niveis, así como garantir plenamente o recoñecemento das rexións europeas e aumentar o seu poder.

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, o grupo obtivo 84 escanos, manténdose como a terceira forza política da Eurocámara. O voceiro e o liderado do grupo foi o exprimeiro ministro belga Guy Verhofstadt. O grupo mantivo a liña da súa anterior lexislatura, dando especial importancia ao afianzamento do mercado único e á ampliación dos dereitos fundamentais para a protección das minorías e en contra da discriminación, así como á loita polo recoñecemento en todos os estados membros dos matrimonios entre persoas do mesmo sexo celebrados nalgúns países.

Na oitava lexislatura, tras uns resultados discretos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e a saída dos deputados do Partido Nacional Liberal de Romanía e do Fianna Fáil de Irlanda, o grupo decidiu abrirse a novos membros, como o Partido da Terra de Portugal, o ANO 2011 da República Checa e os españois Unión Progreso y Democracia e Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía, creando problemas internos pola posición contra a independencia de Cataluña de ambas as formacións, fronte á posición favorábel de Convergència Democràtica de Catalunya e Partido Nacionalista Vasco. Finalmente, a situación resolveuse coa entrada de UPyD e C's e a creación dun subgrupo para falar de autogoberno para CDC e PNV.

Presidentes do grupo

Deputados
desde 2004
inicio e final lexislativo
2004
88 / 732
2009
100 / 785
2009
84 / 736
2014
82 / 764
2014
67 / 751

O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa tivo dous presidentes diferentes desde a súa fundación.

Período Nome Estado Partido político
2004-2009 Graham Watson Reino Unido Liberal Demócratas
2009- Guy Verhofstadt Bélxica Liberais e Demócratas Flamengos

Presidentes do Parlamento

Desde a súa fundación, o 20 de xullo de 2004, o Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa non lograron presidir o Parlamento Europeo, aínda que o seu grupo predecesor, o Grupo do Partido Europeo dos Liberais, Demócratas e Reformistas, tivo ese posto en catro períodos: de 1962 a 1964, co italiano Gaetano Martino; de 1973 a 1975, co neerlandés Cornelis Berkhouwer; de 1979 a 1981 coa francesa Simone Veil, e de 2002 a 2004, co irlandés Pat Cox.

Organización

O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa organízase a través da presidencia, a mesa e as reunións do grupo e a mesa.

A presidencia

A presidencia do grupo está formada polo presidente e oito vicepresidentes. Reúnese unha vez ao mes para planificar as actividades do grupo e preparar as decisións da mesa.

A Presidencia

Presidente

Nome Estado Partido político
Hans van Baalen Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Países Baixos VVD

Vicepresidentes

Nome Estado Partido político
Henrik Bach Mortensen Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Dinamarca Venstre
Timmy Dooley Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Irlanda        Fianna Fáil
Fredrick Federley Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Suecia Centerpartiet
Luis Garicano Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  España Ciudadanos
Ilhan Kyuchyuk MEP Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Bulgaria MRF       
Markus Löning        Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Alemaña FDP
Angelika Mlinar Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Austria NEOS
Marta Pascal Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  España CDC
Baroness Ros Scott Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Reino Unido Liberal Demócratas

A Mesa

A Mesa é o órgano principal para a toma de decisións do grupo, e está integrada polos líderes de todas as delegacións nacionais. Encárgase de supervisar as estratexias políticas do grupo.

Parlamento Europeo

O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa é o sexto grupo por número de escanos na oitava lexislatura do Parlamento Europeo, sumando un total de 68 eurodeputados, que repesntan o 9,05 % da cámara, de 17 estados membros da Unión Europea.

Deputados

País Partido Partido
Europeo
Deputados Diferenza
2009-2014
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Alemaña Partido Democrático Liberal ALDE
3 / 96
8 menos
Electores Libres PDE
1 / 96
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Austria NEOS - Foro Liberal ALDE
1 / 18
1 máis
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Bélxica Liberais e Demócratas Flamengos ALDE
3 / 21
1 máis
Movemento Reformador ALDE
2 / 21
Movemento dos Cidadáns para o Cambio PDE
1 / 21
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Bulgaria Movemento polos Dereitos e Liberdades ALDE
4 / 17
1 menos
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Croacia Partido Popular de Croacia – Liberal Demócratas ALDE
1 / 11
2 máis
Asemblea Democrática de Istria ALDE
1 / 11
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Dinamarca Esquerda-Partido Liberal de Dinamarca ALDE
2 / 13
igual
Esquerda Radical ALDE
1 / 13
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Eslovenia Liberdade e Solidariedade ALDE
1 / 13
igual
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Eslovaquia Partido Democrático dos Pensionistas de Eslovenia PDE a
1 / 8
1 menos
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  España Unión Progreso y Democracia ALDE
4 / 54
6 máis
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía ALDE
2 / 54
Partido Demócrata Europeo Catalán (Coalición por Europa)    PDE
1 / 54
Partido Nacionalista Vasco (Coalición por Europa) PDE
1 / 54
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Estonia Partido Reformista Estoniano ALDE
2 / 6
igual
Partido do Centro ALDE
1 / 6
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Finlandia Partido do Centro ALDE
3 / 13
igual
Partido Popular Sueco ALDE
1 / 13
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Francia Movemento Demócrata PDE
4 / 74
1 máis
Unión de Demócratas e Independentes PDE
3 / 74
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Irlanda Independente: Marian Harkin PDE
1 / 11
3 menos
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Lituania Movemento Liberal de Lituania ALDE
2 / 11
1 máis
Partido Laborista ALDE
1 / 11
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Luxemburgo Partido Democrático ALDE
1 / 6
igual
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Países Baixos Demócratas 66 ALDE
4 / 26
1 menos
Partido Popular pola Liberdade e a Democracia ALDE
3 / 26
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Portugal Partido da Terra
2 / 21
2 máis
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Reino Unido Liberal Demócratas ALDE
1 / 73
11 menos
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  República Checa    ANO 2011 ALDE
4 / 21
4 máis
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Romanía Independente: Mircea Diaconu
1 / 32
2 menos
Partido Liberal Reformista ALDE
1 / 32
Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa  Suecia Partido Popular Liberal ALDE
2 / 20
1 menos
Partido do Centro ALDE
1 / 20
Total
68 / 751
14 menos

Nota: os datos comparativos son en relación á organización dos grupos á final do sétimo mandato do Parlamento Europeo, co Tratado de Lisboa xa en funcionaminto.
a O deputado forma parte do Partido Demócrata Europeo, pero o seu partido, non.

Mesa do Parlamento

Para a presidencia do Parlamento, o grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa decidiu non presentar candidato e dar o seu apoio ao alemán Martin Schulz, tras un acordo co grupo do Partido Popular Europeo e o grupo da Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas. Este acordo daría a presidencia, a finais de 2016, ao popular Manfred Weber ata a final da lexislatura.

Para os postos da mesa, o grupo logrou dúas vicepresidencias, unha para o finlandés Olli Rehn, do Partido do Centro, e outra para o alemán Alexander Graf Lambsdorff, do Partido Democrático Liberal. Ademais, a inglesa Catherine Bearder, dos Liberal Demócratas, foi nomeada cuestora, e tres deputados lograron presidir comisións parlamentarias.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Grupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa HistoriaGrupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa OrganizaciónGrupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa Parlamento EuropeoGrupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa NotasGrupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por Europa Véxase taménGrupo Da Alianza Dos Liberais E Demócratas Por EuropaEurodeputadoIdioma inglésParlamento EuropeoPartido Demócrata EuropeoPolítica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel MurguíaRafael NadalLola FloresBreogánCarbohidratoJosé Luis Rodríguez ZapateroFrancisco AsoreyLedicia CostasNormativa oficial do galegoBenito KamelasO Pedrouzo, Arca, O PinoÁngel CarracedoDonicelaEduardo IndaNacho VegasCayetana Álvarez de ToledoSri LankaConvento do Carme de PadrónAntón Villar PonteMañónMariano RajoyNational Portrait GalleryMaría Xosé QueizánReal Club Celta de VigoCanle (comunicación)RataJosé López CamposOs ÁnxelesTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaIsabel II do Reino UnidoRosalía de CastroPablo PicassoGarbiñe Muguruzac70mgO divino sainetePatricia VázquezImperio BritánicoSonsoles EspinosaXiros idiomáticos galegosÁlex FidalgoDiglosiaLondresSangueMaría Antonieta de AustriaThomas Alva EdisonGolfiño comúnToniña comúnRamón Otero PedrayoContactFigueresTradescantia fluminensisProvincia da CoruñaÁngeles VázquezXogos floraisCarlos SoberaTrofoblastoParroquias de GaliciaTereixa ConstenlaLabor Gallega (A Habana)Punta UmbríaDistritos de PortugalXeración do 362015GalaicosXurxo AyánBárbara ReyGame Boy Advance SPOrdesXosé Luís Méndez FerrínMúsica tradicional galegaFabiola García🡆 More