Groninga

Groningen é unha cidade de 181.113 habitantes, nos Países Baixos setentrionais, capital da provincia homónima.

Modelo:Xeografía políticaGroninga
Groningen (nl) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 53°13′08″N 6°34′03″L / 53.2189, 6.56756°34′03″L / 53.2189, 6.5675
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasProvincia de Groninga - Provincie Groningen
ConcelloGroningen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación238.147 (2023) Editar o valor em Wikidata (2.845,58 hab./km²)
Lingua oficiallingua neerlandesa
Gronings (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie83,69 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porNoord-Willemskanaal (en) Traducir e Drentsche Aa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude7 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
22 de xullo de 1594Siege of Groningen (en) Traducir
9 de xullo de 1672Cerco de Groningen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataKoen Schuiling (2019–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal9700–9747 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico050 Editar o valor em Wikidata
Código BAG1070 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webgroningen.nl Editar o valor em Wikidata
Groninga
A Martinitoren e a Martinikerk vistas desde o Grote Markt

Pola súa universidade e pola súa vida cultural, Groninga está considerada como a cidade máis importante do norte dos Países Baixos. Chamada polos provinciais a Stad (cidade) e Groot Loug (grande aldea), os seus habitantes son denominados correntemente Stadjers, é dicir "os cidadáns", por contraste coa rexión circundante que é sobre todo un país agrícola.

Historia

Groningen foi fundada arredor do ano 1000. Foi un dos primeiros membros da Liga hanseática: no 1251 obtivo un monopolio sobre o comercio de graos na rexión, o que asegurou a súa prosperidade durante os séculos seguintes.

En 1614 foi inaugurada a universidade, con sona especialmente polo seus estudos de teoloxía. Na actualidade aínda a universidade ten grande importancia na vida cidadá de Groninga, na que hai uns 40.000 estudantes.

Economía

Desde un punto de vista industrial, Groningen é importante polos próximos xacementos de gas natural (talvez os maiores en Europa), sitos na veciña localidade de Slochteren. É coñecida tamén polas súas industrias alimentarias, en particular as de refinamento de azucre de remolacha.

Municipio

Groninga é un dos 483 municipios de Holanda. O seu concello ou gemeente comprende varias localidades de importancia como: Dorkwerd, Engelbert, Hoogkerk, Leegkerk, Middelbert, Noorddijk, Noorderhoogebrug, Oosterhogebrug, Roodehaan, Ruischerbrug e Vierverlaten.

Lugares de interese

Entre outros salientan:

  • Igrexa de San Martiño (Martinikerk), do século XV, cunha torre de 94 m (Martinitoren); a ábsida está decorada con frescos do século XVI;
  • Casa do Concello (Stadhuis), edificación neoclásica de 1810;
  • Het Goudkantoor, edificio clasicista do século XVII;
  • Prinsenhof, antigo pazo arcebispal desde 1559;

Paseando por rúas e prazas poden verse, e ás veces visitarse, algunhas casas antigas e outras obras dignas de mérito (como un xardín do XVII).

Museos

  • Museo de Groningen (Groninger Museum), con variadas coleccións, desde porcelanas chinesas a obras pictóricas desde o século XVI á actualidade;
  • Museo Naval do Norte (Noordelijk Scheepvaartmuseum);
  • Museo do Tabaco (Tabaksmuseum), todo tipo de obxectos en relación co tabaco

Tags:

Groninga HistoriaGroninga EconomíaGroninga MunicipioGroninga Lugares de intereseGroningaPaíses BaixosProvincia de Groninga

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O Carregal, Valadares, VigoLeirón rabudoPaíses BaixosBubelaA Escravitude, Cruces, PadrónEvan EllingsonFentoOs demostrativos galegosRomaXabarilLady GagaFreixoDaniel Carballo CodesidoHeterosexualidadeHéctor CajaravilleVicente RiscoEduardo PondalLista de castelos de PortugalPampallínMarínQFauna de GaliciaPedra de SconeZAmanda LearMoscovaPablo VioqueCouto MixtoXosé Manuel PiñeiroMaría JamardoBenito KamelasGalipediaRastro25SSésAlecrínIrene GonzálezDedaleiraA FonsagradaOrchata8Catedral de Santiago de CompostelaManuel Lourenzo GonzálezLedicia CostasParque Nacional das Illas AtlánticasBrais LamelaPedro NimoJosé Yáñez GarcíaPeixe sapoO PinoXan Xove1 de abrilOs vellos non deben de namorarseÁngel García SeoaneCicerónGalería de imaxes de arañas de GaliciaMoncha FuentesKarim BenzemaFrancisco FrancoHorteláLobiosMarina CastañoNocelloFoliadaDía da NaiSegunda guerra mundialO Cuco de VelleRianxoMaría GalianaManuel ComesañaPepo Suevos23El LuísGaio (ave)Relación sexual humanaLareira🡆 More