Froita Silvestre

Froita silvestre é a denominación popular e gastronómica coa que se coñece un grupo de froitas miúdas e comestíbeis que tradicionalmente non se cultivaban senón que medraban en gamallos, arbustos e incluso árbores bravas nos bosques e fragas.

Adoitan ser bagas doces ou un chisco acedas, zumarentas e intensamente coloreadas. Adoitan empregarse para elaborar zumes, marmeladas ou aromatizar bebidas e pratos, especialmente sobremesas coma tortas, iogures e xeados.

Froita Silvestre
Froita silvestre: amoras, amorodos e arandos.

A comercialización en Galiza aínda non está xeneralizada, con todo, as froitas bravas forman parte da cultura popular, xa que estes froitos son comúns en valados, bosques e camiños de todo o país: amoras, amorodos bravos, framboesas e arandos principalmente.

A froita silvestre é de especial importancia para a fauna salvaxe, e acostuma ser a máis atractiva polas súas cores intensas, que axudan ao espallamento das sementes das plantas. A meirande parte das bagas bravas é froita silvestre comestíbel, mais cómpre ter en conta que algunha é velenosos.

As súas fortes cores son pigmentos sintetizados pola planta. Algunhas pescudas descubriron propiedades medicinais dos polifenois pigmentados, coma flavonoide, antocianina, tanino e outros fitoquímicos localizados principalmente na pel e nas sementes. Por iso, moitas froitas silvestres teñen pigmentos antioxidantes e unha alta capacidade de absorción de radicais de osíxeno ("ORAC") entre alimentos vexetais. Son consideradas alimentos moi saudábeis.

A nivel comercial e de cultivo coñécense coma froitas vermellas, froitas do bosque e moi comunmente co anglicismo: berries (bagas).

Exemplos

Adoitan considerarse a nivel gastronómico como tales as froitas a seguir:

Galiza

Outras

Outros

Nos montes galegos tamén medran froitos bravos comestíbeis que poderían considerarse froita silvestre, mais que gastronomicamente non se consideran así; é o caso dos froitos secos:

  • Noz - Juglans regia (nogueira)
  • Castaña - Castanea sativa (castiñeiro)
  • Abelá - Corylus avellana (abeleira)

Notas

Tags:

Froita Silvestre ExemplosFroita Silvestre OutrosFroita Silvestre NotasFroita SilvestreAgriculturaBagaFraga (botánica)FroitaIogurMarmeladaPastelSobremesaXeadoZume

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Totó GarcíaCLIP (inmunopéptido)ShinovaAkureyriAna BotellaAWStatsRío MiñoComarcas de GaliciaHelena SalgueiroDavid SilvaLiga de Unidade e Ação RevolucionáriaO divino saineteGarcía II de GaliciaManuel Vázquez OuteiriñoAgustín Fernández PazRefraneiro galego sobre o viñoPaulino PereiroPriscilianoTeixeiro, Curtis, CurtisBenito KamelasFiorella FaltoyanoNordés (vento)Riro KāingaLucas VázquezCogomeloMartiño NoriegaFernando Álvarez LamelasCataluñaParroquias de GaliciaGrupo NósMustafa Kemal AtatürkGhaleb Jaber IbrahimEva Iglesias MiguénsSíndrome do aceite tóxicoLino LópezBurgosVladimir PutinEl laberinto del faunoProvincia da CoruñaÁlbum de la CaridadEuphoria (serie de televisión)CastañolaTina TurnerAltriUrueñaSistema solarVilanova de ArousaJuana AcostaISBNHeviLa RegiónAranoMaría PitaYolanda DíazEstragónOs vellos non deben de namorarseRakel WinchesterÁlvaro CunqueiroCharles de GaulleMaría Xosé QueizánPAndoriñaPanteón de Galegos IlustresReal Sociedad de FútbolRoberto SalgueiroRebeliom do InframundoSonsoles EspinosaChipionaAna Belén FortesFrancisco AsoreyErnesto ChaoXestión de dereitos dixitaisCharles MansonTea Rooms. Mujeres obrerasLista de estacións de tren de Galicia🡆 More