Franco Suízo

O Franco suízo (Código ISO 4217: CHF) é a moeda de curso legal na Suíza e Liechtenstein.

Franco suízo
Schweizer Franken, Franc suisse,
Franco svizzero, Franc svizzer
Franco Suízo
Código:CHF
Ámbito:Suíza Suíza
Liechtenstein Liechtenstein
Símbolo:Fr., SFr.
Fracción:100 (rappen/centime)
Moedas:1, 5, 10, 20 rappen
1/2, 1, 2, 5 Fr
Billetes:10, 20, 50, 100, 200, 1000 Fr
Emisor:Banco Nacional Suízo
Taxa de troco:
14-09-2009
1 EUR = 1,5118 CHF
1 USD = 1,0338 CHF
Troco actual

Aínda que o seu peso na economía mundial non pode ser comparado ao do euro ou ao do dólar, a estabilidade do país ao que pertence faina ser tida en conta como unha "moeda refuxio", sobre todo despois da apreciación respecto da moeda europea desde abril até setembro de 2000. O seu valor rolda os dous terzos de euro.

O franco (alemán: Franken, francés: franc, italiano: franco, en romanche: franc) divídese en 100 céntimos (alemán: Rappen, francés: centimes, italiano: centesimi, romanche: rap). O nome do país "Confederación Suíza" atópase escrito en latín nalgunhas moedas (Confoederatio Helvetica), do cal deriva as súas siglas ISO, para preservar a neutralidade entre as distintas comunidades lingüísticas.

Historia

O franco suízo é o resultado da unión monetaria realizada entre os cantóns suízos en 1850, substituíndo as moedas cantonais e rexionais. O seu valor inicial era igual ao do franco francés. Entre 1865 e 1927 a Unión Monetaria Latina unía tamén o Franco francés, a Lira italiana, o Franco belga e o franco suízos (seguidos da Dracma gregas e a Peseta española), que podían teoricamente ser utilizados indiferentemente en cada un dos catro países.

No 1919, cando Liechtenstein aboliu a unión aduaneira coa Austria, é adoptado o franco suízo como moeda oficial no principado.

Moedas

Aquí atópase a lista das moedas actualmente en circulación:

  • 10 céntimos.
  • 20 céntimos.
  • ½ franco (50 céntimos).
  • 1 franco.
  • 2 francos.
  • 5 francos.

Existen moedas conmemorativas de 5, 20, 100 e 200 francos e poden ser utilizadas para transaccións comerciais, aínda que excepcionalmente. A moeda de 2 céntimos foi abolida no 1970. O Banco Nacional Suízo propuxo a abolición das moedas de 5 céntimos, posto que a súa fabricación custa 6 céntimos e non é aceptada nas máquinas automáticas.

Diferentes moedas actuais
Reverso Anverso Descrición
Franco Suízo  Franco Suízo  Escudo suízo coa flor da edelweiss á esquerda, xencianas (Gentiana lutea) á dereita ; Personaxe: Guillermo Tell, heroe nacional.
Franco Suízo  Franco Suízo  Coroa de follas de carballo á esquerda e xencianas (Gentiana lutea) á dereitaa ; Personaxe: Helvetia, a nai patria.
Franco Suízo  Franco Suízo  ídem que a peza de 2CHF
Franco Suízo  Franco Suízo  ídem que a peza de 2CHF
Franco Suízo  Franco Suízo  Unha coroa de xencianas (Gentiana lutea); Helvetia, vista de perfil e tendo unha coroa coa inscrición de Liberta (liberdade).
Franco Suízo  Unha coroa de follas de carballo ; Personaxe: ídem que a peza de 20 céntimos
Franco Suízo  Franco Suízo  Unha coroa de follas de vide e uvas ; Personaxe: ídem que a peza de 20 céntimos

Longa duración

As pezas máis vellas aínda en circulación son as de 10 céntimos, que desde 1879 se atopan en circulación e ás cales non se lles cambiou o motivo. Hoxe todas están feitas dunha aliaxe de cobre e níquel, fóra das dun céntimo (bronce) do mesmo xeito que a de 5 céntimos (bronce de aluminio).

As moedas de 50 céntimos, 1, 2 e 5 CHF eran de prata até 1968. O tamaño das moedas de 5 CHF foi reducida no 1936 despois da desvalorización do franco suízo.

Billetes

Os billetes de banco actuais teñen seis valores, no anverso amósase un persoeiro artístico do país e no reverso, en representación gráfica, un par das súas obras máis destacadas.

8ª serie (1995-1998)
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso
Franco Suízo  Franco Suízo  10 francos Amarelo 126 × 74 mm Le Corbusier
Franco Suízo  Franco Suízo  20 francos Rosa 137 × 74 mm Arthur Honegger
Franco Suízo  Franco Suízo  50 francos Verde 148 × 74 mm Sophie Taeuber-Arp
Franco Suízo  Franco Suízo  100 francos Azul 159 × 74 mm Alberto Giacometti
Franco Suízo  Franco Suízo  200 francos Marrón 170 × 74 mm Charles Ferdinand Ramuz
Franco Suízo  Franco Suízo  1.000 francos Violeta 181 × 74 mm Jacob Burckhardt

Esta serie, que entrou en circulación entre 1995 e 1998, puxo fin á anterior, que contiña un billete de 500 francos en lugar do de 200 francos. No 2005 o Banco Nacional Suízo anunciou que comezara o desenvolvemento da novena serie de billetes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Franco Suízo HistoriaFranco Suízo MoedasFranco Suízo BilletesFranco Suízo NotasFranco Suízo Véxase taménFranco Suízo2000Dólar estadounidenseEconomíaEuroISO 4217LiechtensteinMoedaSuíza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

HLA-DMPemento de PadrónTonhito de PoiRembrandtAC-312Lista de deuses celtasPeer-to-peerMark WahlbergBeatriz LuengoSri LankaTaylor SwiftPontevedraDorothé SchubarthSangueImperio BritánicoDaniel BasteiroAmy WinehouseCarles PuigdemontBenito MussoliniEsther EstévezAntón LamazaresLeitzaGabriel AlénDiglosiaAntónio de Oliveira SalazarWayback MachineAC-456Cayetana Álvarez de ToledoO incerto señor Don HamletMéxicoPanteón de Galegos IlustresAliança CatalanaPalauReino de GaliciaMoscovaItxu DíazNacho CastañoVáknerLuísa VillaltaÁcido dipicolínicoO GroveAntonio López FerreiroRibeiraAna TurpinPablo EscobarDavid MellaFrancisco FrancoConvento do Carme de PadrónCorzoFederico García LorcaVangardasSalvador DalíBélxicaRamón CabanillasCPovoaçãoDigital object identifierEstadio de TammelaInstagramArroazXoán Manuel PintosHCessna T-37 TweetAgustín Fernández PazFrancisco Castro VelosoRocco SiffrediGrupo RompenteLista de emperadores romanosFoca monxeFermin MuguruzaFingeringLola Flores🡆 More