Francesco Cossiga

Francesco Cossiga, nado en Sassari o 26 de xullo de 1928 e finado o 17 de agosto de 2010, foi un político sardo, que chegou a ser presidente da República italiana entre 1985 e 1992.

Infotaula de personaFrancesco Cossiga
Francesco Cossiga
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xullo de 1928 Editar o valor em Wikidata
Sassari, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de agosto de 2010 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Senador de Italia
29 de abril de 2008 – 17 de agosto de 2010
Lexislatura: 16th Legislature of Italy (en) Traducir
Senador vitalicio
28 de abril de 1992 – 17 de agosto de 2010 (finado no cargo)
Presidente de Italia
3 de xullo de 1985 – 28 de abril de 1992
← Sandro PertiniOscar Luigi Scalfaro →
Substitute President of Italy (en) Traducir
25 de xuño de 1985 – 3 de xullo de 1985
Presidente do Consello de Ministros de Italia
4 de abril de 1980 – 18 de outubro de 1980
← Francesco CossigaArnaldo Forlani →
Gabinete ministerial: Cossiga II Cabinet (en) Traducir
Italian Minister of Foreign Affairs (en) Traducir
24 de novembro de 1979 – 20 de decembro de 1979
Gabinete ministerial: Cossiga I Cabinet (en) Traducir
Presidente do Consello de Ministros de Italia
4 de agosto de 1979 – 4 de abril de 1980
← Giulio AndreottiFrancesco Cossiga →
Gabinete ministerial: Cossiga I Cabinet (en) Traducir
Francesco Cossiga Deputado da República Italiana
14 de xuño de 1979 – 11 de xullo de 1983
Lexislatura: 8th Legislature of Italy (en) Traducir
Ministro do Interior de Itália (pt) Traducir
13 de marzo de 1978 – 11 de maio de 1978
← Francesco CossigaGiulio Andreotti →
Gabinete ministerial: Andreotti IV Cabinet (en) Traducir
Ministro do Interior de Itália (pt) Traducir
30 de xullo de 1976 – 13 de marzo de 1978
← Francesco CossigaFrancesco Cossiga →
Gabinete ministerial: Andreotti III Cabinet (en) Traducir
Francesco Cossiga Deputado da República Italiana
1 de xullo de 1976 – 19 de xuño de 1979
Lexislatura: 7th Legislature of Italy (en) Traducir
Ministro do Interior de Itália (pt) Traducir
12 de febreiro de 1976 – 30 de xullo de 1976
← Luigi Gui (pt) TraducirFrancesco Cossiga →
Gabinete ministerial: Moro V Cabinet (en) Traducir
Q55200191 Traducir
23 de novembro de 1974 – 11 de febreiro de 1976
Gabinete ministerial: Moro IV Cabinet (en) Traducir
Francesco Cossiga Deputado da República Italiana
19 de maio de 1972 – 4 de xullo de 1976
Lexislatura: 6th Legislature of Italy (en) Traducir
Francesco Cossiga Deputado da República Italiana
28 de maio de 1968 – 24 de maio de 1972
Lexislatura: 5th Legislature of Italy (en) Traducir
Francesco Cossiga Deputado da República Italiana
8 de maio de 1963 – 4 de xuño de 1968
Lexislatura: 4th Legislature of Italy (en) Traducir
Francesco Cossiga Deputado da República Italiana
3 de xuño de 1958 – 15 de maio de 1963
Lexislatura: 3rd Legislature of Italy (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–2010)
Reino de Italia (1928–1946) Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónLiceo classico Domenico Alberto Azuni (en) Traducir
University of Sassari (en) Traducir
Universidade Católica do Sagrado Corazón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e dereito Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Roma
Sassari (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xurista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversity of Sassari (en) Traducir (1951–1974) , nomeação ministerial (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoDemocracia Cristã (pt) Traducir (1945–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada Editar o valor em Wikidata
Rango militarCapitão de Fragata (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGiuseppa Sigurani (1960–1998), divorcio
FillosGiuseppe Cossiga, Anna Maria Cossiga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Francesco Cossiga Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 57506742 Editar o valor em Wikidata
Francesco Cossiga

Traxectoria

Mocidade

Francesco Cossiga naceu nunha familia burguesa de Sassari en 1928. Estudante precoz, licenciouse en Dereito con só dezanove anos. Aos dezasete afiliouse á sección sassaresa da Democracia Cristiá e na Federación Universitaria Católica Italiana (FUCI), onde ocupou cargos de relevancia. Nos anos cincuenta, ao tempo que conseguía a súa cátedra de dereito constitucional, iniciou a súa carreira política dando un golpe de leme no control da Democracia Cristiá de Sardeña, no que se coñeceu co nome de giovani turchi (mozos turcos). En 1958 é elixido deputado e en 1966 pasou a desempeñar o cargo de subsecretario de estado de Defensa no terceiro goberno do democristián Aldo Moro. Dende novembro de 1974 a febreiro de 1976 foi ministro de Administracións públicas no cuarto goberno de Moro e o 12 de febreiro dese ano accede ao cargo de ministro de Interior.

No goberno

Entre as súas actuacións como ministro de Interior figurou o envío de tropas blindadas para calmar os disturbios entre estudantes e forzas da orde en Boloña (1977), reformou os servizos secretos e creou corpos especiais para a policía e para os carabinieri. En marzo de 1978 as Brigade Rosse secuestran o presidente do goberno Aldo Moro, e Cossiga dirixe o gabinete de crise inicial. Tamén continúa no posto de ministro do interior baixo o cuarto e o quinto goberno de Giulio Anddreotti. Porén, cando aparece o cadáver de Moro na rúa Michelangelo Caetani de Roma, Cossiga dimite de todos os seus cargos.

O 4 de agosto de 1979 é nomeado presidente do goberno, cargo no que permanece 14 meses, ata outubro de 1980, cando se ve obrigado a dimitir tras filtrarse que axudara ao fillo dun amigo, perseguido por terrorismo, a escapar da policía. Despois dun tempo afastado da política, en 1983 é elixido senador, e seguidamente presidente do Senado.

Presidente da República

Francesco Cossiga 

En 1985 convértese no oitavo presidente da República Italiana, ao suceder a Sandro Pertini. Por primeira vez na historia chegaba ao cargo un presidente elixido na primeira volta polo parlamento (752 votos de 977 posibles): Cossiga recibiu os apoios da lóxica Democracia Cristiá, pero tamén do PSI, PCI, PRI, PLI, PSDI e Sinistra indipendente.

Se ben o seu primeiro mandato (1985-1989) foi discreto como correspondía ás funcións garantistas do cargo de presidente da República, no segundo período, entre 1989 e 1992, tivo un maior grao de intervención na vida política. Durante este segundo período, Cossiga viuse implicado en varias polémicas. A máis importante foi o seu envolvemento na trama Gladio, a rama italiana da rede de espionaxe Stay Behind Net, promovida pola CIA nos países da OTAN durante a guerra fría. Gladio, que tivo ao seu mando a Cossiga cando foi subsecretario de Defensa, espiou entre outras cousas as accións do Partido Comunista Italiano.

Dimitiu a dous meses de que rematase o seu mandato, en abril de 1992, e foi substituído temporalmente polo daquela presidente do Senado, Giovanni Spadolini.

Senador vitalicio

O feito de ser presidente da República garántelle o paso ao posto de senador con carácter vitalicio. Nese momento, e durante a fonda crise que afecta a Democracia Cristiá, Cossiga impulsa en 1998 a creación dunha nova formación, a UDR coa intención de constituír unha alternativa de centro que agrupase as dispersas forzas dos democristiáns. A UDR consegue as adhesións dos Cristiáns Demócratas Unidos de Rocco Buttiglione e de Clemente Mastella, e tamén dunha escisión do Centro Cristián Democrático.

Cando Rifondazione comunista fai caer o primeiro goberno de Romano Prodi, Cossiga e a súa formación foron determinantes para que se puidese formar o primeiro goberno D'Alema. En 2000 a UDR disólvese e pasa a integrarse na UDEUR de Clemente Mastella, e Cossiga pasa a ocupar unha posición marxinal na escena política italiana. En 2002 anunciou a súa dimisión como senador vitalicio, se ben non chegou a presentala, anuncio que repetiu en 2005 sen tampouco levalo a termo. Colaborador de xornais, a súa máxima intervención política foi o apoio ao segundo goberno Prodi en 2006 e ao goberno Berlusconi en 2008, así como a presentación en 2006 dunha iniciativa lexislativa para a reforma das institucións políticas sardas e o recoñecemento dunha nación sarda.

Vida persoal

Casado –obtivo a anulación polo Tribunal da Rota logo de 33 anos de matrimonio—, sufriu diversos períodos depresivos ao longo da súa carreira política. O 9 de agosto de 2010 ingrésano cunha crise respiratoria, e morre o 17 de agosto ao sumárselle á insufficiencia respiratoria un episodio cardíaco. Os funerais celebráronse en primeiro lugar na Basilica di San Carlo al Corso en Roma e despois na Igrexa de San Xosé, en Sassari, onde ademais foi soterrado, no camposanto monumental da cidade, non lonxe da campa doutro político democristián sardo, Antonio Segni.

Era radioafeccionado, e mantivo esta afección tamén cando vivía nas residencias oficiais do presidente do goberno e de presidente da República.

Obras

  • I diritti umani e la loro protezione. La convenzione europea, con Carlo Russo, Giuseppe Sperduti, Marc-Andre Eissen, Fausto Pocar, Roma, Società Italiana per la Organizzazione Internazionale, 1986.
  • Note sulla libertà di espatrio e di emigrazione. Sassari, 1953-Napoli, 1990. Nápoles: Università degli studi di Napoli Federico II, 1990.
  • Externator. Discorsi per una repubblica che non c'è. Milán: A. Mondadori, 1992.
  • Parola di Cossiga. Così il presidente ha parlato. Milán: Polypress, 1992.
  • Parole inutili (forse). Roma: Colombo, 1992.
  • Il torto e il diritto. Quasi un'autobiografia personale. Milán: A. Mondadori, 1993.
  • Pensieri in libertà. Ma secondo un criterio. Sei interviste. Roma: Colombo, 2000.
  • La passione e la politica. Milán: Rizzoli, 2000.
  • Francesco Cossiga (a cura di), Sir Thomas More, santo e martire. Patrono dei governanti e dei politici. Raccolta documentale, Roma: Colombo, 2001.
  • Discorso sulla giustizia. Macerata: Liberilibri, 2003.
  • La guerra versus l'Irak. Luci e ombre per un cattolico liberale. Lettera ad un giovane amico cattolico. Roma: Colombo, 2003.
  • Pensieri di un cristiano democratico per gli amici de Il circolo, ovvero Il discorso che non ho potuto pronunziare. Roma: Colombo, 2003.
  • Per carità di patria. Dodici anni di storia e politica italiana, 1992-2003. Milán: Mondadori, 2003.
  • Italiani sono sempre gli altri. Controstoria d'Italia da Cavour a Berlusconi. Milán: Mondadori, 2007.
  • L'uomo che non c'è, entrevista de Claudio Sabelli Fioretti. Reggio Emilia: Aliberti, 2007.
  • Mi chiamo Cassandra. Arguzie, giudizi e vaticini di un profeta incompreso. Soveria Mannelli: Rubbettino, 2008.
  • Novissime picconate, entrevista de Claudio Sabelli Fioretti. Reggio Emilia: Aliberti, 2009.
  • La versione di K. Sessant'anni di controstoria, con Marco Demarco, Roma: Rai-ERI; Milán: Rizzoli, 2009.


Predecesor:
Giulio Andreotti
 Presidente do goberno 
1979 - 1980
Sucesor:
Arnaldo Fornlani
Predecesor:
Vittorino Colombo
 presidente do Senado 
12 de xullo de 1983 - 24 de xuño de 1985
Sucesor:
Amintore Fanfani
Predecesor:
Sandro Pertini
 presidente da República 
3 de xullo de 1985 - 25 de abril de 1992
Sucesor:
Oscar Luigi Scalfaro

Notas

Tags:

Francesco Cossiga TraxectoriaFrancesco Cossiga Vida persoalFrancesco Cossiga ObrasFrancesco Cossiga NotasFrancesco Cossiga17 de agosto192819851992201026 de xulloItaliaSardeña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Universidade de ManchesterBala (grupo musical)Miguel de CervantesMeteoGaliciaMarcelo Rebelo de SousaCarlos de Matos GomesLisboaMario CaneiroCastro de Punta do BicoPobo palestinoMarcelo CaetanoBenito KamelasPortadaForcareiTelevisión de GaliciaEscudo de GaliciaBritney SpearsHolocaustoDelfínMerloCorzoConceyu BableThibaut CourtoisRetorno a Tagen AtaReino de GaliciaAlfonso Basterra CamporroRocco SiffrediXavi HernándezOs pronomes persoais galegosSangueAmancio OrtegaFollas novasPablo PicassoAsalto do bou Eva28 de decembroCinema pornográficoCambadosMáquina comecartosGerardo Pardo de VeraLeninCaso Asunta BasterraFabiola GarcíaRosario Porto OrtegaAmérica do NorteJavier CasqueiroAmy WinehouseC++País Vasco (rexión histórica)Normativa oficial do galegoSan PetersburgoGheadaNoelia ReyXunta de GaliciaPedro SánchezAmazonAlcaldes da CoruñaPLabor Gallega (A Habana)Refraneiro galego sobre o mes de maioRebeliom do InframundoPastora Dominga González ViéitezO comparativo galegoSobreiraConvento do Carme de PadrónPedro RieloEstanislao FiguerasGalileo GalileiAliança CatalanaTaylor SwiftPaulino PereiroMark WahlbergYolanda DíazÑGabriel García Márquez🡆 More