Falaropo De Wilson

O falaropo de Wilson (Phalaropus tricolor) é unha pequena ave limícola, a máis grande entre os falaropos, que se reproduce na pradeiras de América do Norte no oeste do Canadá e no oeste dos Estados Unidos.

É unha ave migratoria, que pasa o inverno en lagos salgados do interior, preto dos Andes, na Arxentina. Son aves migrantes de paso en América Central polos meses de marzo e abril e despois de novo en setembro e outubro. A especie é unha ave errante rara no oeste de Europa, incluída Gaicia.

Falaropo de Wilson
Falaropo De Wilson
Femia en plumaxe reprodutora
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Phalaropus
Especie: Phalaropus tricolor
(Vieillot, 1819)
Falaropo De Wilson

Sinonimia

Steganopus tricolor

A especie adoita ser mansa e deixa que se lle aproximen. Ás veces é clasificada nun xénero monotípico, Steganopus.

Etimoloxía

O nome desta ave fai referencia ao ornitólogo escocés-americano Alexander Wilson. O nome do xénero Phalaropus procede do grego phalaris, 'galiñola' e pous, 'pé', é dicir, 'pés de galiñola', xa que teñen dedas parecidas. O nome específico tricolor significa en latín 'tres cores'

Descrición

Falaropo De Wilson 
Falaropo aínda con algunhas plumas xuvenís

O falaropo de Wilson é lixeiramente máis grande que o falaropo bicogroso e chega aos 23 cm de lonxitude. É unha ave costeira delicada con dedas lobuladas e un bico negro fino. A femia en estación reprodutora é gris e marrón pola parte superior e branca pola inferior, cun pescozo avermellado e manchas nos flancos avermelladas. O macho na época reprodutora é unha versión máis apagada da femia, con dorso branco e as manchas avermelladas reducidas ou ausentes. Nun estudo de falaropos reprodutores feito na provincia canadense de Saskatchewan, as femias eran como media un 10% meirandes que os machos nas medidas estándar e pesaban arredor dun 30% máis, chegando a pesos entre os 68 e os 79 g, e como media 51,8 g.

As aves novas son grises e marróns pola parte superior e brancas pola inferior e teñen unha mancha escura a través da zona do ollo. En inverno, a plumaxe é esencialmente gris pola parte superior e branca pola inferior, pero sempre teñen a mancha ocular escura. A lonxevidade media na natureza é de 10 anos.

Ecoloxía e status

Os falaropos de Wilson son aves halófilas (gústalles vivir en auga salgada) e grandes cantidades deles aliméntanse en lagos salinos durante a migración, como o lago Mono en California, lago Abert en Oregón e o Gran Lago Salgado de Utah, a miúdo en compañía dos falaropos bicofinos.

Cando se alimentan adoitan nadar en círculo rapidamente formando un remuíño, o que se cre trae á superficie comida do fondo en zonas de augas profundas, que despois el recolle na superficie, capturando insectos ou crustáceos.

Nos falaropos, a diferenza do que é máis común nas aves, a femia é o sexo dominante. Ela é a máis coloreada, persegue os machos, compite polo territorio de nidación e defende agresivamente a posesión do seu niño e do macho elixido. Unha vez que pon os ovos, abandona o niño e o macho ten que incubalos e coidar as crías, aínda que estas poden alimentarse por si mesmas. Poñen tres ou catro ovos nun niño no chan preto da auga.

Aínda que é moi común, a poboación desta ave pode que declinase en certas áreas debido á perda dos hábitats de pradeira húmida que necesita. Hai unhas cantas áreas de descanso e parada que son de grande importancia durante a súa migración.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hayman, Peter; Marchant, John & Prater, Tony (1986): Shorebirds: an identification guide to the waders of the world. Houghton Mifflin, Boston. ISBN 0-395-60237-8

Ligazóns externas

Tags:

Falaropo De Wilson EtimoloxíaFalaropo De Wilson DescriciónFalaropo De Wilson Ecoloxía e statusFalaropo De Wilson NotasFalaropo De Wilson Véxase taménFalaropo De WilsonAmérica CentralAmérica do NorteAndesArxentinaCanadáEstados UnidosLimícolaMigración das aves

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Conil de la FronteraFunción trigonométricaIlyushin Il-76A CoruñaMedio dólar do Sesquicentenario de Lexington-ConcordOcéano ÍndicoLista de episodios de DoraemonAlpesCandela PeñaTopónimos célticos en GaliciaJulián MuñozMichelangelo AntonioniGalipediaOleirosFervenza do ÉzaroXabarín ClubDiscoverer EnterpriseManuel Gago MariñoCorea do NorteXestaAda NegriPedro RieloXosefina de BeauharnaisGerardo Pardo de VeraCatedral de Santiago de CompostelaAntonio MachadoA VeigaSobreiraDaniel de la TorreSexoDitaduraCélula pancreática acinarHortelá9 de abrilXosé Luís Bernali0tj9Cabana de BergantiñosUlpiano VillanuevaFilipe II de EspañaMesopotamiaRubén RiveraShakiraXogoBiblioteca Básica SalvatViggo MortensenRexións de FranciaVilariño de ConsoEva Iglesias MiguénsKarim BenzemaEscáncerFlorentino PérezXapónCarlos de Matos GomesAymeric LaporteMasturbación coas mamasMitocondriaAntas de UllaAníbal MalvarLustroO hobbitAmérica do NorteA.C. MilanGuerra civil españolaFonoteca 92Brad PittRefraneiro galego sobre o panReal Academia GalegaAWStatsRobert PattinsonAirbus A350Igrexa católicaFelaciónLingua casteláAlcóntar🡆 More