Félix Grande Lara, nado en Mérida, Badaxoz, o 4 de febreiro de 1937 e finado en Madrid o 30 de xaneiro de 2014, foi un poeta, flamencólogo e crítico español encadrado na Xeración do 50.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1937 Mérida (Segunda República Española) |
Morte | 30 de xaneiro de 2014 (76 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Morte natural (Cancro de páncreas ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | musicólogo , escritor , crítico literario |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía e novela |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Francisca Aguirre (1963–2014) |
Fillos | Guadalupe Grande |
Premios | |
Fillo de republicanos —a súa nai traballou nun hospital durante a guerra civil mentres o seu pai combatía na fronte—, naceu en Mérida, Badaxoz, pero viviu a súa infancia e mocidade —desde os dous até os 20 anos— en Tomelloso (Cidade Real), onde o seu avó era cabreiro. Era guitarrista flamenco cando, segundo contou el mesmo, decidiu cambiar ese instrumento pola literatura, que na súa pluma posúe moita relación coa música. En Tomelloso foi xornaleiro e descubriu o amor.
En 1957 múdase a Madrid, onde "segue empregado en mesteres afastados do exercicio profesional da literatura ata que en 1961 comezou a traballar como redactor en Cuadernos Hispanoamericanos, revista da que chegará a ser director (1983-1996; á caída do Goberno socialista foi destituído e reclamou para ser restituído ao seu cargo, o que conseguiu). Dirixiu así mesmo a revista de arte Galería (1989) e a colección El Puente Literario da editorial Edhasa (1969-1971).
Comezou a súa carreira literaria coa poesía e obtivo o seu primeiro premio, o Adonáis en 1963, por Las piedras, "libro de talante existencial no que explora o tema da soidade". Dous anos despois, en 1965, gañaría o seu primeiro galardón de narrativa, o Premio Eugenio d'Ors pola súa novela corta Las calles.
Destaca tamén a súa obra Persecución, cantada por Juan Pena “El Lebrijano” no seu álbum homónimo. A súa obra evolucionou desde a inspiración machadiana e o compromiso social do poemario Las piedras até unha reflexión sobre a linguaxe e o erotismo.
En 1968 foi incluído na Antología de la nueva poesía española. Concedéuselle o premio Nacional de Poesía en 1978 por Las rubáiyatas de Horacio Martín, en que prolonga a tradición do heterónimo, a partir do Abel Martín de Machado e o Ricardo Reis horaciano de Fernando Pessoa.
Como narrador, destacan as súas obras Por ejemplo, doscientos (1968), Parábolas (1975), Lugar siniestro este mundo, caballeros (1980), Fábula (1991), Decepción (1994), El marido de Alicia (1995), Sobre el amor y la separación (1996) y La balada del abuelo palancas (2003).
Afeccionado á música, letrista e guitarrista el mesmo, como flamencólogo escribiu García Lorca y el flamenco (1992), Agenda flamenca (1987), Memoria del flamenco (1995), que obtivo o premio nacional de Flamencoloxía, e Paco de Lucía y Camarón de la Isla (2000). Foi membro de número da Cátedra de Flamencoloxía e estudos folclóricos.
Félix Grande sinalaba que os poetas que o marcaron foron Antonio Machado, Luís Rosales —de quen foi discípulo e amigo e do que prologara e seleccionara os poemas da antoloxía Porque la muerte no interrumpe nada—, e César Vallejo, entre outros.
Despois de Las rubáiyatas de Horacio Martín non volvera a escribir poesía, pero ese silencio de máis de 30 anos terminou en 2010, cando incorporou o seu novo poema La cabellera de la Shoá na antoloxía Biografía e a fins do ano seguinte saíu Libro de familia.
Estaba casado coa poeta Francisca Aguirre (coma el, tamén Premio Nacional de Poesía) coa que tivo unha filla, a tamén poeta, Guadalupe Grande.
Faleceu o 30 de xaneiro de 2014 en Madrid dun cancro de páncreas. Os seus restos mortais repousan no cemiterio de Tomelloso.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Félix Grande, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.