Estanflación

A estanflación (do inglés stagflation) é o momento ou conxuntura económica no que, nunha situación inflacionaria, se produce un estancamento da economía mentres que o ritmo da inflación non cede.

Estanflación é un termo que foi inventado en 1965 polo entón ministro de Finanzas británico Ian McLeod, quen, nun discurso ante o Parlamento nese ano, dixo “agora temos o peor de ambos mundos: non soamente inflación por un lado ou estancamento polo outro. Temos algo así como unha estanflación”.

Estanflación combina os termos «recesión» e «inflación», é a situación económica que indica a simultaneidade da alza de prezos, o aumento do desemprego e o estancamento económico, entrando nunha crise ou incluso nunha recesión.

Causas e consecuencias

Formalmente, determínase que existe unha recesión cando o PIB decrece durante dous trimestres consecutivos. Cando a recesión chega acompañada de alta inflación o proceso recibe o nome de estanflación e está considerado un dos peores escenarios económicos posibles, polo difícil que é de manexar e corrixir. As políticas monetarias e fiscais que adoitan utilizarse para dinamizar unha economía recesiva empeoran o compoñente inflacionario da estanflación e as políticas monetarias restritivas que se utilizan para combater a inflación tenden a afondar e ampliar o seu compoñente recesivo.

A estanflación distorsiona completamente os mercados e coloca os dirixentes dos gobernos e os bancos centrais nunha posición 'ou perder ou perder'. En contextos de estanflación a recesión acostuma ser parcial: rexístrase simultaneamente o decrecemento dalgúns sectores, como a produción de bens, a canda o crecemento doutros sectores, como a produción de servizos. Se se trata dunha economía relativamente aberta e a inflación vén acompañada dun proceso de desvalorización, pode rexistrarse unha contracción das actividades que consomen divisas e unha expansión das que xeran divisas. Isto representa un desafío enorme para as autoridades, pois reciben sinais mesturados e contraditorios sobre a economía que fan moi difícil decidir qué políticas aplicar, en que secuencia e en que momento aplicalas.

Aínda que as recesións poden ter causas internas ou externas, a estanflación sempre é de orixe interno, dado que a inflación é sempre e en todas partes un fenómeno monetario, e quen manexa as moedas soberanas son as autoridades monetarias de cada país.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

InflaciónLingua inglesa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pedro J. RamírezSahelFiúnchoMomia de ManchesterA EstradaLeonardo da VinciFerrolMúsica dos países islámicosTariku NovalesRamón María del Valle-InclánTalavera de la ReinaAlegoríaManuel Vázquez OuteiriñoCantiga de amigoFelip PedrellOrdenadorAna Belén FortesGarfieldHanan PachaRochi NóvoaEstados Unidos de AméricaLois PereiroNava CastroAuschwitzVacaCódice CalixtinoAquí no hay quien vivaÁreas lingüísticas do galegoDaniel de la TorreFingeringTamara CanosaSica RomeroManuel Núñez SingalaModelo OSIGrupo EroskiSunnismoRepartimento de ÁfricaRefraneiro galego sobre o mes de maioLeninismoBloque Nacionalista GalegoProvincia da CoruñaCruceiroMarc MárquezPosición do canDominio públicoDoraemonBenito MussoliniEstañoClint EastwoodWikipediaDe NinghuresPilar de LaraLista de nomes femininos en galegoC (linguaxe de programación)Caixa de Aforros Provincial de PontevedraJosé Antonio Vázquez TaínArco da vellaArteixoLuis Ángel Lago LageXabier LópezAna Pardo de VeraSusana FortesDistritos de PortugalSindicatoZendayaÁmsterdamJimmy PageJosé Quiroga Pérez de DezaCentral Unitaria de TraballadoresPascual VeigaPenélope CruzEscherichia coliISBNLista de castelos de Portugal🡆 More