Escudo De Barbados

O escudo de Barbados é un dos símbolos nacionais de Barbados dende a súa independencia en 1966.

Escudo De Barbados
Escudo de armas de Barbados.

A parte central é coñecida como "escudo dourado". Consiste nun campo de ouro no que figuran dous "Orgullos de Barbados", que son a flor nacional (Caesalpinia pulcherrima do xénero das Poincianas) e unha figueira "barbada" (Ficus citrifolia) que era común na illa no momento no que os portugueses chegaron á illa e de quen recibe o nome.

Escudo de armas

O escudo formado por un campo de ouro cos elementos mencionados está suxeito por dúas figuras con forma de animais. Á esquerda un golfiño de azur e de goles, que representa á industria pesqueira de Barbados, e á dereita un pelicano en cores naturais que simboliza a unha pequena illa chamada Illa do Pelicano que nalgún momento existiu fronte a costa de Bridgetown. A cruz que forman as canas representa a cruz na cal Santo André foi crucificado. Na base do escudo hai unha lenda que di: "Pride and Industry" (Orgullo e Industria) en referencia ó lema da nación.

Tags:

1966Barbados

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GheadaAmaia Martínez GrisaleñaManuel FragaRefraneiro galego sobre o mes de maioBella ciaoPere Pau Ripollès AlegreCeleste CaeiroTelexornalBipartito galegoBeraGalego-portuguésDomingo García-SabellPanteón de Galegos IlustresCarmen LovelleXosé Neira VilasEl Pueblo GallegoDigital object identifierCanle (enxeñaría)Isaac NewtonÁreas lingüísticas do galegoFrancisco AsoreyRamón CabanillasRafael NadalAlcaldes da CoruñaXinzo de LimiaFlora invasora de GaliciaYouTube25 de abrilPXosé Manuel PiñeiroEstatua de Che Guevara en OleirosCouselo (planta)Fala de EstremaduraVincent van GoghAmérica LatinaReino de GaliciaMarta Fernández-TapiasBubelaManuel Lourenzo SobralCarbohidratoAC-211System of a DownLista de filmes coas maiores recadaciónsLista de episodios de Shin ChanAliança CatalanaAC-101PovoaçãoElena CandiaJesús Vázquez AlmuíñaFrancisco PazosPosición do misioneiro invertidaChorimaÁngel Carracedo22 de xulloHenrique VIII de InglaterraCorzoAntónio de Oliveira SalazarBenito KamelasOTANGalería de imaxes de arañas de GaliciaLista de voces dos animaisCristina MaróGrândola, Vila MorenaInstagramIker MuniainProvincia da CoruñaRías Baixas (serie de televisión)🡆 More