André, Apóstolo

André Apóstolo foi un xudeu da Galilea do século I, discípulo de Xoán o Bautista e despois de Xesús de Nazaret, que o escolleu como un dos doce para restaurar e xulgar as doce tribos de Israel.

É patrón de Constantinopla, Rusia, Romanía, Ucraína, Xeorxia, Escocia e a cidade grega de Patras.

Infotaula de personaAndré, apóstolo
André, Apóstolo
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀνδρέας Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 6 a. C. Editar o valor em Wikidata
Betsaida (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Morte30 de novembro de 60 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Patras (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (valor descoñecido Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaIgreja dos Santos Apóstolos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
André, Apóstolo Patriarca de Constantinopla
38
← sen valor – Estacio, bispo de Bizancio →
Apóstolo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSinope
Nóvgorod
Escitia
Reino do Ponto
Roma Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo e xudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpredicador , misioneiro , pescador Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
ProfesoresXesús de Nazaret Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua aramea Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa30 de novembro Editar o valor em Wikidata
Patrón deRusia, Marinha Imperial Russa (pt) Traducir, Marinha da Rússia (pt) Traducir, fishery (en) Traducir, transporte marítimo, Escocia, Grecia e Romanía Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
IrmánsPedro Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
século Icrucifixion of Andrew (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 135462558 Editar o valor em Wikidata
André, Apóstolo
Santo André de Gregorio Español na capela de San Roque de Santiago de Compostela.

Traxectoria

Nado ao redor do cambio de era en Betsaida Galilea. O seu nome semella indicar un certo proceso de helenización das vilas xudías que estaría chegando a Cafarnaum onde vivía co seu irmán Simón (Pedro, papa) adicado á pesca no lago de Xenesaret.

Desprazouse a Xudea, ás beiras do Xordán, onde Xoán o Bautista anunciaba a necesidade de conversión e bautizaba ó xentío. Segundo o Evanxeo de Xoán, foi o Bautista quen lle dá a coñecer a Xesús, que se desprazara para ser el tamén bautizado.

Consonte o mesmo Evanxeo, é André quen anuncia ao seu irmán Pedro que coñeceu ao Mesías, de aí que a Igrexa Ortodoxa o denomine Protokletos, é dicir, o primeiro chamado. Pola súa banda, o Evanxeo de Mateu e o Evanxeo de Marcos narran que, posteriormente, Xesús, camiñando pola ribeira do lago de Galilea, chama conxuntamente a André e a Pedro, que se atopaban traballando coas redes, para que o seguisen e facelos "pescadores de homes".

Segundo o Capítulo XIII do Evanxeo de Marcos, cando Xesús advirte que o Templo de Xerusalén será destruído, André, abraiado e preocupado, sentado no Monte das Oliveiras fronte ao Templo, pregunta en privado xunto con Pedro, Santiago o Maior, e Xoán cando acontecerá isto. Xesús fala entón das persecucións que sufrirán polos gobernadores e reis e a necesidade de que sexa predicada a Boa Nova a todas as Nacións.

A súa influencia helénica fai que sexa el con outro apóstolo de nome helénico, Filipe, quen presente a Xesús a uns xudeus procedentes da diáspora de fala grega. Hai quen defende que en realidade eran gregos non xudeus que, adheridos ao monoteísmo de Israel, subían a Xerusalén durante a Pascua. Xesús aproveita para confesar a súa turbación pola proximidade da súa morte.(Capítulo XII do Evanxeo de Xoán).

André vivía inmerso no ambiente insurreccional de Galilea, anhelando a liberación de Israel das tiranía de Herodes e das gadoupas do Imperio romano. A súa arela de cambio e conversión para preparar a acción liberadora de Deus, lévao a acudir a chamada de Xoán o Bautista e a seguir a Xesús polas vilas e aldeas de Palestina, sen alforxa nin cartos, anunciando o Reino de Deus aos probes, realizando exorcismos e proclamando a liberación dos oprimidos e o amor ao inimigo.

Cando Xesús se compadece do xentío esfameado que ían tras del e manda aos discípulos que lles dean de comer, é André quen lle indica que hai un rapaz que ten uns poucos pans e uns poucos peixes; preludio do milagre máis masivo realizado por Xesús narrado en todos os evanxeos sinópticos e tamén no de Xoán e que provoca o entusiasmo das xentes que queren proclamar a Xesús Rei.

Sería tamén un dos discípulos que se indignan cando Santiago o Maior e Xoán Evanxelista reclaman para si os primeiros postos, o que provoca a ensinanza de Xesús verbo de quen queira ser o primeiro fágase o servidor de todos.

Cando Xesús é apreixado, foxe xunto cos demais discípulos, agás algunhas mulleres. Pechado e amedrentado con eles ten unha experiencia de resurrección e pentecoste que lle da pulos para predicar a Boa Nova (Evangelion) da salvación a todos os homes.

Eusebio de Cesarea, na súa Historia Eclesiástica, citando a Oríxenes, afirma que André predicou por Asia Menor e en Escitia ao longo das ribeiras do Mar Negro, Gregorio Nacianceno indica Epiro, Teodoro Hellas, existindo tradicións que o fan remontar o Volga e o Dniéper e chegar alén da actual Kíiv.

Os Feitos de San André, un escrito apócrifo dos primeiros séculos do cristianismo, menciona a fundación da Sé de Constantinopla ou Bizancio. O que co tempo daría azos e lexitimidade ao Patriarcado de Constantinopla que disputaría a primacía con Roma, a Sé de Pedro.

Martirio

André, Apóstolo 
André apóstolo nunha icona rusa

A tradición sostén que foi martirizado na cidade de Patras en Acaia, Grecia, na costa norte do Peloponeso. Autores como Gregorio de Tours insisten en que foi crucificado mediante ataduras a unha cruz en forma de xe ou en aspas. Suponse que a petición propia por considerarse indigno de ser crucificado de igual xeito que o mestre. A súa lenta agonía permitiulle seguir predicando dende a propia cruz.

Veneración

Santo André é un dos santos máis venerados polas igrexas cristiás; o feito de figurar nos evanxeos o seu nome sempre entre os catro primeiros nos listados dos apóstolos e a narración, no Evanxeo de Xoán, que o fai o primeiro discípulo de Xesús, fundamentan a súa relevancia.

En Galicia é un dos santos máis venerados, patrón de multitude de parroquias e que nas orixes do cristianismo competía con Santiago en importancia. Preto dos acantilados de Vixía de Herbeira, a capela de Santo André de Teixido garda un dedo do apóstolo segundo a tradición do país e a lenda popular. Trátese dun dos grandes centros de peregrinación do pobo galego ata o punto de que se afirma que a Santo André de Teixido vai de morto quen non foi de vivo.

Xerome de Estridón escribiu que as reliquias foron trasladadas de Patras a Constantinopla por orde do emperador Constantino II. En 1208 os cruzados de occidente saquearon Constantinopla e levaron as reliquias de Santo André á cidade italiana de Amalfi cuxa catedral está adicada a este apóstolo. O Papa Paulo VI, como xesto de boa vontade coa Igrexa Ortodoxa, ordenou devolver ás reliquias que se atopaban en Roma á Igrexa Grega, concretamente a Patras.

André, Apóstolo 
Bandeira de Escocia, tipo sautor ou cruz de Santo André.

Xeorxia, Romanía, Ucraína e Rusia atesouran tradicións da predicación de Santo André. En Escocia afirmouse a chegada dalgunhas reliquias do apóstolo (lenda do "Breviario de Aberdeen" que conta como San Régulo recibe o mandato de levar as reliquias ao noroeste cara ao fin da terra). A diocese de Saint Andrews aínda celebra o 9 de maio a translación das reliquias. Todo o cal fai que estas nacións o tiveran ou o teñan como patrón. A bandeira escocesa loce a cruz de Santo André (chamada en vexiloloxía de sautor) o mesmo, xa que logo, que a do Reino Unido da Gran Bretaña.

A súa festa celébrase o 30 de novembro.

O santo André en Galicia

O santo André é invocado nos ensalmos contra as nacidas (pústula maligna).

Refraneiro

  • Por Santo André, toma o porco polo pé .
  • A santo André de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.
  • A santo André van ás veces dous e volven tres.
  • Bieito mes que entra con Santos, meia con San Uxío e remata con Santo André.
  • O que paga a Xan e debe a André, ten que pagar outra vez.

Léxico

  • A Vía Láctea recibe tamén o nome de Camiño, Carreiro ou Pasadas de Santo André.
  • O mes de novembro tamén é chamado mes de Santo André.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

André, Apóstolo TraxectoriaAndré, Apóstolo MartirioAndré, Apóstolo VeneraciónAndré, Apóstolo O santo André en GaliciaAndré, Apóstolo NotasAndré, Apóstolo Véxase taménAndré, ApóstoloConstantinoplaEscociaGalileaIsraelPatrasRomaníaRusiaUcraínaXeorxiaXesús de NazaretXoán o Bautista

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Peter PanFeísmoEsmeralda CervantesIberia Líneas Aéreas de EspañaHLA-ACarmen Guillén LorenteAlgas verdesBenito KamelasVietnamAutoescolaAgnosticismoXestaLingua cataláXulloAlternativa dos Veciños2003Nacho CastañoSanta Comba23 de decembroGalipediaAnder CanteroPolcaNoelia ReyTurquíaDomingo de AndradeMiñato comúnAntonio RosónPedro RieloPardo de CelaMexillónVilalba, Vilalba, VilalbaAlberto Núñez FeijóoTeléfonoLeninBariRacing Club de FerrolVigoPremios Follas Novas do Libro GalegoEstados Unidos de AméricaLiga ÁrabeCastro de Santa TregaContactSexo analFotografía eróticaSegunda GaliciaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoInglaterra24 de abrilRefraneiro galego sobre o panBreogánPedro Campos CouceiroLucas VázquezAstérixTanxugueirasProvincias de EspañaCaso Asunta BasterraFentoEleccións ao Parlamento do País Vasco de 2020IES Sánchez CantónCervoDaniel de la TorreCohesiónWikiC (linguaxe de programación)Xosé Manuel BeirasEstatuto de autonomía de Galicia de 1981Igrexa de Santa María do AzougueWikipediaCinema pornográficoJosé López CamposFelación🡆 More