Bridgetown

Bridgetown é a capital do pequeno estado-illa de Barbados, sito nas Antillas.

A cidade, en sentido estrito, ten uns 7.000 habitantes, mais a poboación da súa área metropolitana acadaba os 96.578 no ano 2006. Situada sobre o mar Caribe, está na parte suroeste da illa, na baía de Carlslile.

Modelo:Xeografía políticaBridgetown
Bridgetown
Imaxe

Nomeado en referencia aTobias Bridge (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 13°05′51″N 59°37′00″O / 13.0975, -59.616759°37′00″O / 13.0975, -59.6167
EstadoBarbados
Paróquia (pt) TraducirSaint Michael (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación110.000 (2014) Editar o valor em Wikidata (2.831,42 hab./km²)
Xeografía
Superficie38.849.821 m² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Caribe e Constitution River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude1 m Editar o valor em Wikidata
Creación1628 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Wilmington (pt) Traducir
Bridgetown (en) Traducir
Hackney (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webbarbados.org… Editar o valor em Wikidata
Facebook: HistoricBridgetownAndItsGarrison Editar o valor em Wikidata
Bridgetown
Suburbios de Bridgetown, ao fondo o seu porto

Xeografía

A cidade de Bridgetown e mais a área do Greater Bridgetown ("Grande Bridgetown") ocupan a maior parte da parroquia de Saint Michael, cunha superficie de arredor de 39 km². O centro da cidade era orixinariamente un pantano, que foi drenado e logo reenchido para gañar espazo para o o temperán desenvolvemento da vila.

No corazón de Bridgetown sitúanse o río Constitution e o Careenage, o amplo estuario do mesmo río, que acolle o porto. Este curso de auga fornece de acceso directo o centro a iates medianos e a pequenos botes de recreo. Aínda que pouco profundo, o Careenage divide Bridgetown en dúas partes. Durante a estación das choivas o río Constitution desbórdase na area de Careenage, actuando como zona de descarga das augas das tormentas do interior da illa.

Clima

O clima da capital, como o de Barbados, é de tipo tropical. A media das temperaturas mensuais non baixa do 20 °C, aínda que as mínimas extremas poden achegarse até os 16 °C. As medias altas dos meses de verán adoitan superar os 30 °C. As precipitacións medias anuais atinxen 2.896 mm.

Historia

A cidade foi fundada polos británicos en 1628 e recibiu o nome de St. Michel. Aínda que a illa estaba nesa altura deshabitada, atoparon restos dunha ponte construída por indios caribes no Careenage, talvez aravacos, vidos probabelmente desde a próxima illa de Santa Lucía. En 1654 os británicos construíron unha nova ponte sobre o Careenage e o lugar pasou a coñecerse como The Town of Saint Michael, para algo máis tarde pasar a denominarse Bridgetown ("a cidade da ponte"), que foi o nome que perdurou.

Bridgetown é a única cidade insular de América do Norte que foi visitada por George Washington. A casa na que morou daquela, coñecida hoxe como George Washington House, forma parte na actualidade da Garrison Historic Area.

Desde 1800 até 1885, Bridgetown foi a residencia habitual do gobernador das Barbados e das denominadas colonias británicas das Illas de Barlovento. Despois de 1885, aínda que seguiu a existir oficialmente o cargo de gobernador, a residencia foi trasladada para Saint George, na illa de Granada.

Economía

Bridgetown é un importante centro financeiro no Caribe. Ten algún banco propio salientable, como é o Barbados Stock Exchange, pero hai oficinas de coñecidos bancos estranxeiros. Conta tamén coa bolsa de negocios máis importante das Antillas.

Unha das maiores fontes de ingresos é o turismo. Exporta ron, azucre e melaza.

Puntos de interese

Centro histórico de Bridgetown e a súa Gornición Militar
Bridgetown 
Parlamento de Bridgetown.
Bridgetown 
Bridgetown
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísBridgetown  Barbados
Localización13°05′46″N 59°36′30″O / 13.09611, -59.60833
TipoCultural
CriteriosII, III, IV
Inscrición2011 (35ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador1376
  • A National Heroes Square ("praza dos Heroes", antes Trafalgar Square), coa estatua de Nelson, erguida en 1813, e Fountain Garden.
Bridgetown 
Edificio do Parlamento
Bridgetown 
Estatua de Nelson
  • O edificio do Parlamento de Barbados.
  • A catedral de Saint Michael e a súa praza.
  • A igrexa anglicana de St. Mary.
  • A catedral católica de St. Patrick.
  • A sinagoga xudía.
  • Queen's Park.
  • O Museo de Barbados.
  • O mercado de Cheapside e os seus xardíns.
  • A Área Histórica de Garrison.

Comunicacións

Bridgetown ten diarios desde o Aeroporto Internacional Grantley Adams sito en Seawell, Christ Church, ao que se accede pola estrada ABC.

A cidade comunica coas localidades máis importantes da illa por medio das estradas principais. Hai liñas regulares de autobuses, que saen de puntos distintos da cidade. Hai tamén autobuses públicos urbanos e servizo de taxis.

O movemento polo mar está regulado pola Barbados Port Authority.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Bridgetown XeografíaBridgetown HistoriaBridgetown EconomíaBridgetown Puntos de intereseBridgetown ComunicaciónsBridgetown Véxase taménBridgetown2006AntillasBarbadosCapitalCidadeEstadoIllaMar CaribeMetrópolePoboaciónSuroeste

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FiúnchoLista de ósos do esqueleto humanoÁlex FidalgoDistritos de PortugalRexina VegaGalego-portuguésFesta dos maiosMedalla CastelaoTito ValdésGabriel AlénGoogleMucha e NuchaGalaicosMaría PitaJuana AcostaLavandaVangardasAlberto Núñez FeijóoGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Toniña comúnReino de GaliciaXunta Suprema do Reino de GaliciaMasculino e feminino en galegoFrida KahloAlcaldes da CoruñaAntiga CartagoTito VilanovaPaís Vasco (rexión histórica)Punta UmbríaJesús Vázquez AlmuíñaEcce HomoPello OtxandianoDomingo García-SabellVilalba, Vilalba, VilalbaManuel Lourenzo SobralComarcas de GaliciaCopia por contactoJackson PollockXabier DeiveMarcelo CaetanoRetorno a Tagen AtaCessna T-37 TweetFauna de GaliciaOrdesRastroRoberto Vidal BolañoCanle (enxeñaría)Isabel Díaz AyusoCharles WhiteManuel MurguíaEmilio González AfonsoWayback MachineEuropaJude BellinghamBárbara ReyIrmandiñosJosé Luís Valladares FernándezSupermanReal Academia GalegaPotaCarlomagnoMoisés Rodríguez PérezAmérica Latina1928Lista de estacións de tren de GaliciaArxentinaCromosoma homólogoMarmelo (doce)Bob DylanEmilio Pérez TouriñoManuel Otero MartínezNoelia Rey🡆 More