Enxeñaría De Minas

A Enxeñaría Superior de Minas é un título universitario español.

Abrangue os coñecementos específicos aplicados ao aproveitamento dos recursos naturais da Terra e a aplicación dos mesmos na construción dos materiais necesarios para o desenvolvemento da sociedade actual e futura. Tamén inclúe a creación e manexo adecuado das fontes de enerxía mantendo o equilibrio coa natureza. A Enxeñaría Superior de Minas está especializada na creación de riqueza e desenvolvemento sostible, compatible co resto de actividades que a sociedade actual demanda.

Descrición

A Intensificación de Enerxía e Combustibles ten materias tecnolóxicas sobre enerxía eléctrica, térmica e frigorífica, hidráulica, solar térmica e fotovoltaica, eólica, nuclear, biomasa, hidrocarburos e combustibles complementarios. Na investigación destaca o estudo e desenvolvemento de novas fontes de enerxía, con especial atención nas enerxías renovables.

A Intensificación de Materiais e Metalurxia comprende metalurxia, siderurxia, mineralurxia, materiais cerámicos, plásticos e polímeros, e reciclado de metais. Na investigación destaca a bioenxeñaría.

A Intensificación Mineira e Medioambiental engloba explotacións mineiras e canteiras, túneles e noiros, infraestruturas de enxeñaría civil, sondaxes, xeofísica e xeoquímica, explosivos, fotogrametría e teledetección, hidroloxía e medioambiente. Nos últimos anos experimentouse un elevado interese polas rochas ornamentais no ámbito profesional.

A titulación outorga competencias lexislativas profesionais para firmar proxectos de calquera intensificación da carreira independentemente da que cursara. Por isto establecese a diferenza entre intensificación e especialidade, que é unha ampliación técnica dos intereses do alumno non constatable no título. As competencias exclusivas segundo a lexislación española son:

  • O uso de explosivos
  • Os proxectos mineiros
  • As obras subterráneas (o sostemento de obras civís e toda actividade que implique técnica mineira).

A Enxeñaría Superior de Minas naceu en 1777 ante a incipiente chegada da primeira Revolución Industrial. Certos textos franceses consideran a Enxeñaría de Minas «a nai das enxeñarías».

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Enxeñaría De Minas DescriciónEnxeñaría De Minas NotasEnxeñaría De Minas Véxase taménEnxeñaría De MinasEspañaFontes de enerxíaNaturezaSociedadeTerra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Dominio públicoBradfordElvis (filme de 2022)Os Ánxeles1891GaliciaCastro de Punta do BicoLas GrecasChipreDiego Armando MaradonaTanxugueirasTrebujenaIga ŚwiątekCarrizo (paxaro)CorzoLingua galegaBambú ProduccionesAlfabeto galegoXironaIrene LouridoAlejandra MurguíaMareas vivasTom Holland (actor)Real Academia GalegaAudrey HepburnLeiloio, Malpica de BergantiñosXabier DeiveGran Guerra IrmandiñaOcéano PacíficoTNoiaXinzo de LimiaRede privada virtualVicente RiscoO reino medieval de Galicia na historiografíaAresCandela PeñaLeonardo da VinciAriadna GilCaravaggioQatar nos Xogos OlímpicosEl LuísMoinanteVoo 370 de Malaysia AirlinesXavier Rodríguez BaixerasMadonnaFrancisco Pérez DuránLugoDiáspora galegaSantiago AbascalMacedonia do Norte5 de maioMJoseph VacherKate BeckinsaleIrmandiñosFauna de GaliciaValladolidCélula pancreática acinarPaulo I de GreciaOs PinosAustraliaMaría Xosé QueizánPúrpuraEscoba!Manuel FragaTeixoFernando AlonsoJennifer GarnerO pacto dos lobosSexo oralEscociaLU-615🡆 More