Elizabeth Arden

Florence Nightingale Graham, nada en Woodbridge, Ontario, o 31 de decembro de 1881 e finada en Manhattan o 18 de outubro de 1966, coñecida co nome de negocios Elizabeth Arden, foi unha empresaria canadense-estadounidense que fundou Elizabeth Arden, Inc.

e construíu un emporio de cosmética nos Estados Unidos de América.

Infotaula de personaElizabeth Arden
Elizabeth Arden
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Florence Nightingale Graham Editar o valor em Wikidata
31 de decembro de 1881 Editar o valor em Wikidata
Woodbridge, Canadá (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de outubro de 1966 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Sleepy Hollow (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Canadá Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresaria , cosmetologist (en) Traducir , emprendedora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMichael Evlanoff
Premios

IBDB: 107219
Discogs: 2392520 WikiTree: Graham-33883 Find a Grave: 8002618 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Arden naceu na noitevella de 1881 en Woodbridge, Ontario. Os seus pais emigraran ao Canadá dende Cornualla na década de 1870. O seu pai, William Graham, era escocés, e a súa nai, Susan (Tadd), era córnica e lograra dunha tía rica de Cornualla que pagase a educación dos seus fillos. Arden abandonou a escola de enfermaría de Toronto.

Uniuse entón ao seu irmán máis vello en Manhattan, traballando como contable para a compañía farmacéutica E. R. Squibb. Mentres estaba alí, Arden pasaba horas no laboratorio, aprendendo sobre coidado da pel. Entón traballou (tamén brevemente) para Eleanor Adair como "moza de tratamento". Nos salóns e nas campañas de mercadotecnia, Elizabeth Arden insistiu en ensinar ás mulleres como aplicarse maquillaxe e foi pioneira en conceptos como a formulación científica dos cosméticos.

Arden foi unha dedicada sufraxista, e dise que participou en marchas polos dereitos das mulleres en 1912. É unha ficción popular que proporcionou ás mulleres da marcha barras vermellas para os beizos como sinal de solidariedade, mais existen poucas evidencias contemporáneas que apoien a hsitoria. As mulleres que particparon na marcha de 1912 foron aconselladas que levasen o mesmo sombreiro de palla de sete dólares, vestir de branco e levar os seus fillos como proba de responsabilidade e simplicidade. Nunca se mencionou o uso de cosméticos, o que non é sorprendente, xa que os beizos pintados de vermello estaban aínda relacionados de xeito sórdido co teatro. Mesmo en 1920 a propia Arden falaba de xeito despectivo do "po e do colorete... tan obvios no seu artificio que o seu uso pode considerarse de gusto cuestionable".

Elizabeth Arden 
Pegadas de Elizabeth Arden
Elizabeth Arden 
Tumba de Elizabeth Arden en Sleepy Hollow Cemetery

En 1909, Arden asociouse con Elizabeth Hubbard. A relación de negocios disolveuse en 1910. Graham, que desexaba un nome de marca empregou "Elizabeth" para aforrar cartos nos letreiros dos salóns. O apelido "Arden" adoptouno dunha granxa próxima. Deste xeito formou a marca "Elizabeth Arden". A partir de aí, Arden fundou en 1910 o salón Red Door de Nova York.

En 1912, Arden viaxou a Francia para aprender técnicas de beleza e masaxe facial que se utilizaban nos salóns de beleza de París. Volveu cunha colección de coloretes e pos que creara. Comezou a expandir as operacións internacionais en 1915 e empezou a abril salóns por todo o mundo. En 1934, abriu o spa residencial Maine Chance en Rome, Maine, primeiro spa de beleza nos Estados Unidos, que funiconou ata 1970.

En 1962, o goberno francés entregou a Arden a Lexión de Honra en recoñecemento das súas constribucións á industria cosmética.

Arden faleceu no Hospital Lenox Hill en Manhattan o 18 de outubro de 1966. Foi enterrada no cemiterio de Sleepy Hollow, Nova York, baixo o nome de Elizabeth N. Graham.

O musical War Paint dramatiza a súa rivalidade con Helena Rubinstein. Tras unha estrea de éxito no Goodman Theater de Chicago, o espectáculo debutou en Broadway no Nederlander Theatre o 6 de abril de 2017 e recibiu catro candidaturas aos premios Tony, incluída a de mellor actriz para a interpretación de Christine Ebersole como Arden e para Patti Lupone por interpretar a súa rival, Rubinstein. Cancelouse o 5 de novembro de 2017.

Elizabeth Arden aparece como a estudante de enfermaría Florence Nightingale Graham no episodio 2 da 12.ª temporada do drama de época da CBC Murdoch Mysteries, emitido o 1 de outubro de 2018. Arden foi interpretada por Kathryn Alexandre.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Elizabeth Arden TraxectoriaElizabeth Arden Na cultura popularElizabeth Arden NotasElizabeth Arden Véxase taménElizabeth Arden18 de outubro1881196631 de decembroCanadáCosméticaEstados Unidos de AméricaManhattan

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lingua galegaCélula naiÁcido vaccénicoFernando Salgado GarcíaEmma StoneCristianismo e homosexualidadePeixes serraAlexander MostovoiFinancial TimesCarotenoJosé Manuel LageDía das Letras GalegasFosfatidiletanolaminaMundial de Fútbol de 2014Harry BelafonteUral AirlinesÁcido láuricoARusiaGarcía Pardiñas Vilar de FrancosTeoría de conxuntosLingua erzyaIsambard Kingdom BrunelUniversidade de GranadaLista de castelos de PortugalÁcido fosfatídicoBlastocistoSauber F1Carballeda de ValdeorrasCelanovaGran Premio de España de 2013Guerra civil rusaLingua islandesaCharlton HestonArmeniaChikungunyaGallus gallus domesticusGran Premio de Bahrain de 2018GalipediaGlándula suprarrenalBaltimoreLuísa VillaltaBenito KamelasLingua inuktitutAbdul KalamCelastrina argiolusHuniTinamidaeMacedaCangrexo comúnResolución de ecuacións28 de marzoShirley ChisholmCommelinidaeTradución de proteínasXXX edición dos Premios GoyaNacionalismo galegoEnciclopedia Galega UniversalXosé Antonio TouriñánMundial de Fútbol de 2022FisioterapiaÁcido caprílicoTracy McGradyBisonte europeoThe BeatlesLingua samoanaCarboxiloSegunda República EspañolaSan Xoán de RíoCopa do SarCobaiaÁcido docosahexaenoicoO Canon da MedicinaBostonWikipediaTimothée ChalametAs Pontes de García Rodríguez🡆 More