Elena Cebrián: Política e enxeñeira española

Elena Cebrián Calvo, nada en Valencia o 29 de outubro de 1970, é unha política e enxeñeira española.

Foi secretaria xeral para o Reto Demográfico do Goberno de España entre febreiro e outubro de 2020 e conselleira de Agricultura, Medio Ambiente, Cambio Climático e Desenvolvemento Rural da Xeneralidade Valenciana de xuño de 2015 a xuño de 2019.

Infotaula de personaElena Cebrián
Elena Cebrián: Traxectoria, Publicacións, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Elena Cebrián Calvo Editar o valor em Wikidata
29 de outubro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Elena Cebrián: Traxectoria, Publicacións, Notas Q112180585 Traducir
14 de febreiro de 2022 – 30 de xuño de 2023
← Alfred Boix Pastor (en) Traducirtítulo histórico →
Lexislatura: Q65135543 Traducir

Nomeado por: Ximo Puig
Elena Cebrián: Traxectoria, Publicacións, Notas 14ª Q109370768 Traducir
29 de xuño de 2015 – 17 de xuño de 2019
← José Císcar (pt) TraducirMireia Mollà i Herrera (pt) Traducir →

Nomeado por: Ximo Puig
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Valencia
Universidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAndreu Escrivà i Garcia (2020–)
ParentesRafael Cebrián Gimeno (pt) Traducir (proxenitor) Editar o valor em Wikidata

Twitter: elenetcc Dialnet: 2114325 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Nada na cidade de Valencia o día 29 de outubro do ano 1970. Tras o paso dos anos en 1995 licenciouse en Enxeñaría agrónoma, especializándose tamén en Economía e Política agraria pola Universidade Politécnica de Valencia (UPV). Tras licenciarse nese mesmo ano foi bolseira de posgrao no Departamento de Economía, Socioloxía e Política Agraria da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos da mesma universidade, ata 1997 que pasou a ser bolseira do Servizo de Estudos Agrarios e Comunitarios da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación da Generalitat Valenciana. Ten un grao en Economía pola Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Inicios na Administración estatal

En 1999 trasladouse a Madrid, onde ingresou por oposición no Corpo de Enxeñeiros Agrónomos do Estado, pertencente ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. No 2000 foi Xefa de servizo da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal e en 2002 formou parte da Representación permanente de España ante a Unión Europea en Bruxelas, como agregada da Consellería de Agricultura.

En 2003 foi xefa de área de fondos europeos do Fondo Español de Garantía Agraria e un ano máis tarde foi subdirectora xeral adxunta de Estratexias de Desenvolvemento rural do ministerio. Entre 2006 e 2010 foi xefa de proxectos de Agricultura e Desenvolvemento rural e experta nacional destacada na Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) de Copenhague. Durante este último ano tamén logrou obter o título de experta en Xestión Ambiental pola Universidade Politécnica de Madrid e foi ata 2011 directora adxunta do Organismo Autónomo Parques Nacionais.

En 2012 foi xefa da unidade de apoio da Dirección Xeral da Auga na Secretaría de Estado de Medio Ambiente e desde xaneiro de 2013 a xuño de 2015 foi xefa da Unidade de Análise e Prospectiva na Subdirección Xeral de Análise, Prospectiva e Coordinación.

Tamén foi colaboradora do Instituto Agronómico Mediterráneo de Zaragoza e relatora en cursos de convocatorias MAEC-AECID en Colombia e o Uruguai e foi experta a curto prazo de proxectos do programa europeo PHARE, en Polonia.

Política autonómica e retorno á nacional

Tras os resultados das Eleccións ás Cortes Valencianas de 2015 e darse a coalición entre o Partido Socialista do País Valenciano de Ximo Puig como novo presidente da xeneralidade e Coalició Compromís de Mónica Oltra como nova vicepresidenta, Elena Cebrián como independente pasou a formar parte deste novo goberno autonómico tras ser nomeada como nova Conselleira de Agricultura, Medio Ambiente, Cambio Climático e Desenvolvemento Rural.

Chegado o fin de lexislatura, Cebrián deixou a política e volveu á súa praza no Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

En febreiro de 2020 foi nomeada como secretaria xeral para o Reto Demográfico, órgano do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para loitar contra o despoboamento rural e o envellecemento da poboación, entre outros retos demográficos. Cesou no cargo en outubro dese ano, sendo substituída por Francisco Aboia Alós.

Publicacións

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Elena Cebrián TraxectoriaElena Cebrián PublicaciónsElena Cebrián NotasElena Cebrián Véxase taménElena Cebrián197029 de outubroEnxeñaríaEspañaGeneralitat ValencianaGoberno de EspañaPolíticaValencia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AlpesBaltimoreMaryland9 de abrilHenrique VIII de InglaterraLista de filmes con versión en galego/CReino UnidoAngelina JolieOs ÁnxelesBrad PittSan Xosé de Ribarteme, As NevesIrene VillaEuropaToxo arnalCelanovaMatriz (matemáticas)Jorge C. AlonsoVilaoudriz, A PontenovaStephen HawkingXosé Manuel PiñeiroBDSMMichael JacksonOcéano AtlánticoDitaduraThe ArtistFrancisco FrancoOcéano ÍndicoO PorriñoÁlex FidalgoCornizóCronoloxía da segunda guerra mundialGlenn Research CenterGuepardoCamariñasFilipe II de EspañaPúrpuraSexoRío ObiXapónAtlético de RiveiraC. TanganaPadre CasaresLiberalismoÁngel Alvariño SaavedraLista de episodios de Dragon Ball Z KaiGheadaHomeroNacionalismo galegoPosición aconchegadaSevilla Fútbol ClubFrancisco Miguel Llanos TrápagaChelsea ManningBélxicaManuel FragaNacionalismoTerence HillMelideFianna FáilRedondelaFonte de Oliva, ValboaRachel WeiszMaruca do MediterráneoLustroBóraxTratado internacionalCélula pancreática acinarSplicingBen AffleckMadagascarRoscón de Caldas🡆 More