Deserto Da Patagonia

69°19′O / -41.32, -69.32

O deserto da Patagonia, tamén coñecido como estepa da Patagonia, é o maior deserto da Arxentina e o oitavo maior deserto do mundo por área, ocupando unha área de aproximadamente 673 000 km2. Atópase principalmente na Arxentina, con pequenas partes en Chile e está limitado polos Andes, polo oeste, e polo océano Atlántico polo leste, na rexión da Patagonia, no sur da Arxentina. Ó norte do deserto atópase a rexión de Cuyo e as Pampas. A parte central da estepa está dominada por gamallos e plantas herbáceas que son maiores cara ó oeste, onde hai máis precipitacións e gramíneas. Topograficamente, o deserto componse de chairas e macizos atravesados por vales de ríos e canóns. As partes máis occidentais teñen lagos de orixe glaciar e montañas con bosques de clima frío.

Deserto Da Patagonia
Deserto visto polo satélite da NASA.
Deserto Da Patagonia
Parque nacional Bosques Petrificados de Jaramillo.

Estivo habitado por cazadores recolectores dende tempos prehispánicos, e dende o século XIX tivo migracións de mapuches, chilenos, arxentinos, galeses e outros pobos europeos que o transformaron nunha zona fronteiriza conflitiva nunha parte integral da Arxentina, con gandería de vacas, ovellas e cabalos.

Acadou grande importancia económica no século XIX, cando se descubriron abondosas reservas minerais. A súa maior riqueza é o petróleo, mentres que o seu subsolo é rico en ferro. De poboación reducida, ten como actividades aínda a agricultura de cereais e a gandería tradicionais. De grande extensión, limita polo océano Atlántico e pola Cordilleira dos Andes, cun clima variado de semiárido a polar.

Notas

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Nacho VidalRío MiñoEmblema de AfganistánOPaulino PereiroAna Pardo de VeraNicole KidmanFlora invasora de GaliciaRetinaImperio RomanoCarlos NegroLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingCatarina de SienaFútbolA EstradaManuel MaríaJulio Alén MontesMediaWikiSunderland A.F.C.Unión Deportiva OurenseAcivroEscherichia coliXoán MontesDaniel Lago BarreiroClub Deportivo OurenseSabela López PatoShinovaRimaOs violentos de KellyIsabel Díaz AyusoYongzhouAna Belén FortesArco da vellaSecretaría Xeral de Política LingüísticaSuso DíazRosario Porto Ortega1107Panteón de Galegos IlustresInés ReyXosé Luís BernalGheadaCopia por contactoFachada do ObradoiroDaniel BasteiroForo (contrato)David HilbertTariku NovalesFrancisco Porto MellaRochoYolanda CastañoNeptunoO val escuroCohesiónCAPTCHAFelip PedrellManuel RomayÁreas lingüísticas do galegoGalería de imaxes de arañas de GaliciaManu ChaoOrdenadorXXX edición dos Premios GoyaMaría LadoAnxos SumaiCarlos III de EspañaSeixoAuschwitzRobert LewandowskiEuropaParadigmas dos verbos irregulares galegosXosé Manuel BlancoAntas de UllaAfonso XII de EspañaCosoirado, Cosoirado, MorañaGoogle🡆 More