Dino Paul Crocetti, nado en Steubenville (Ohio) o 7 de xuño de 1917 e finado en Beverly Hills o 25 de decembro de 1995 foi un actor e cantante estadounidense, coñecido como Dean Martin.
Martin era un integrante da "Rat Pack", grupo de amigos formado por Frank Sinatra, Sammy Davis, Jr., Peter Lawford e Joey Bishop que realizaron actividades artísticas en conxunto durante a década de 1960. É bastante recoñecido polo enorme éxito da súa parella con Jerry Lewis.
No seu velorio había unha bandeira italiana e estaba Jerry Lewis, mais ningún membro de The Rat Pack. Frank Sinatra alegou estar enfermo e Sammy Davis Jr. falecera en 1990. Foi sepultado no Westwood Village Memorial Park Cemetery.
Vida persoal
Dean Martin casou tres veces. A súa primeira esposa foi Elizabeth Anne "Betty" McDonald. Martin e Betty tiveron catro fillos: Stephen Craig Martin (nado en 1942), Claudia Dean Martin (nada en 1944), Barbara Gail Martin (nada en 1945) e Deana Martin (nada en 1948).
A segunda esposa do Dean Martin foi Jeanne Biegger. O casamento durou 24 anos (1949-1973) e a parella tivo tres fillos: Dean Paul Martin (1951-1987), Ricci James (1953) e Gina Caroline (1956).
O terceiro casamento de Dean Martin foi con Catherine Hawn, e durou tres anos. Martin adoptou a filla de Catherine, Sasha Hawn.
A morte prematura do seu fillo Dean Paul nun accidente de aviación fixo que Martin se mergullase no alcohol es se afastase da escena ata o seu pasamento.
Recoñecementos
Posúe tres estrelas no "paseo da fama", unha (6519 Hollywood Boulevard) polo seu traballo no cinema, a segunda (1817 Vine) polas súas gravacións, e a terceira (6651 Hollywood Boulevard) polo seu traballo na televisión.
Discografía
1953 - Dean Martin Sings
1955 - Swingin' Down Yonder
1955 - Dean Martin
1957 - Pretty Baby
1959 - Sleep Warm
1959 - A Winter Romance
1960 - This Time I'm Swingin'!
1961 - Dean Martin
1962 - Dino: Italian Love Songs
1962 - Cha Cha de Amor
1962 - French Style
1963 - Country Style
1963 - Dean "Tex" Martin Rides Again
1963 - Dino Latino
1964 - Dream with Dean
1964 - Everybody Loves Somebody
1964 - The Door Is Still Open to My Heart
1964 - Live at the Sands Hotel
1965 - Holiday Cheer
1965 - (Remember Me) I'm the One Who Loves You
1965 - Dean Martin Hits Again
1965 - Houston
1966 - Somewhere There's a Someone
1966 - The Hit Sound of Dean Martin
1966 - The Best of Dean Martin
1966 - Christmas Album
1966 - Songs From The Silencers
1966 - The Dean Martin TV Show
1967 - Happiness Is Dean Martin
1967 - Welcome to My World
1968 - Gentle on My Mind
1969 - I Take a Lot of Pride in What I Am
1970 - My Woman, My Woman, My Wife
1971 - For the Good Times
1972 - Dino
1973 - Sittin' on Top of the World
1973 - You're the Best Thing That Ever Happened to Me
This article uses material from the Wikipedia Galego article Dean Martin, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses. ®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.