O grupo de Bloomsbury era un faladoiro de escritores e figuras da cultura británica que vivían no barrio de Bloomsbury, en Londres, antes, durante e após a primeira guerra mundial.
As súas principais figuras eran Virginia Woolf, Leonard Woolf, Lytton Strachey, Clive Bell, Vanessa Bell, Roger Fry, Duncan Grant, John Maynard Keynes , E. M. Foster e David Garnet. Aínda que non constituíron unha "escola", influíron poderosamente no mundo das letras, a arte e a filosofía.
Comezaron a reunirse arredor do 1907 na casa de Virginia Woolf e da súa irmá Vanessa. A denominación estendeuse ao clima cultural instaurado polos membros do grupo, que dominou a literatura británica de entreguerras. Nunca publicaron un manifesto e a súa base ideolóxica era un elitismo ilustrado do movemento humanista desenvolvido en Cambridge no século XIX. De feito, moitos dos seus integrantes estudaran no Trinity College ou no King's College, onde participaran dunha "sociedade" de discusión semisecreta a finais do XIX. Víanse a si mesmos como unha aristocracia de intelectuais que pretendían a busca do coñecemento e do goce estético. Achegaron, nun momento de crecente intolerancia, uns ideais a favor do liberalismo e do anticonformismo político e moral.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Círculo de Bloomsbury |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Círculo de Bloomsbury, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.