Crioulo Das Seychelles

O crioulo das Seychelles é unha lingua crioula baseada no francés que se fala nas Seychelles.

É lingua oficial do país xunto co inglés e o francés (en contraste co crioulo de Mauricio e co crioulo de Réunion, que non son oficiais nos seus territorios).

Crioulo das Seychelles
Outros nomes:kreol e seselwa
Falado en: Seychelles
Total de falantes: 73 000 (1998)
Posición: non está entre as 100 máis faladas
Familia: Linguas crioulas
 Crioulos de base francesa
  Crioulo bourbonnais
   Crioulo das Seychelles
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Seychelles Seychelles
Regulado por: Lenstiti Kreol
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: crs
Mapa
Crioulo Das Seychelles
Status

Descrición

Após acadar a independencia en 1976, o goberno das Seychelles quixo darlle pulo á lingua. Para iso creou o Lenstiti Kreol, que fixou a ortografía e a gramática.

Lingua Palabra
Crioulo Nou tou bezwen travay ansanm pou kree nou lavenir
Francés (AFI) /nu‿z/ /a.vɔ̃/ /tus/ /bə.zwɛ̃/ /də/ /tʁa.va.je/ /ɑ̃.sɑ̃bl/ /puʁ/ /kʁe.e/ /nɔtʁ/ /av.niʁ/
Francés Nous avons tous besoin de travailler ensemble pour créer notre avenir
Galego Nós temos (todos) a necesidade de traballar xuntos para crear o noso futuro

En moitas das palabras do crioulo das Seychelles derivadas do francés, o artigo determinado (le, la e les) pasou a formar parte da propia palabra; por exemplo, 'futuro' é lavenir (en francés l'avenir). O determinante posesivo é o mesmo que o pronome persoal, polo que 'o noso futuro' é nou lavenir. Algo semellante acontece no plural, les Îles Éloignées Seychelles en francés ('as illas exteriores das Seychelles') pasan a ser Zil Elwanyen Sesel en crioulo. Nótese que o z en Zil, como en francés, les Îles pronúnciase /le.z‿il/.

Exemplo

(Nosopai)

En crioulo das Seychelles En galego
    Ou, nou papa ki dan lesyel,
    Fer ou ganny rekonnet konman Bondye.
    Ki ou renny i arive.
    Ki ou lavolonte i ganny realize
    Lo later parey i ete dan lesyel
    Donn nou sak zour nou dipen ki nou bezwen.
    Pardonn nou pour bann lofans
    Ki noun fer anver ou,
    Parey nou pardonn sa ki n ofans nou.
    Pa les tantasyon domin nou,
    Me tir nou dan lemal.
    Noso Pai que estás no ceo:
    santificado sexa o teu nome,
    veña a nós o teu reino
    e fágase a túa vontade
    aquí na terra coma no ceo.
    O noso pan de cada día dánolo hoxe;
    e perdóanos as nosas ofensas
    como tamén perdoamos nós
    a quen nos ten ofendido;
    e non nos deixes caer na tentación,
    mais líbranos do mal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • D'Offay, Danielle & Lionnet, Guy, Diksyonner Kreol - Franse / Dictionnaire Créole Seychellois - Français. Helmut Buske Verlag, Hamburg. 1982. ISBN 3-87118-569-8.

Ligazóns externas

Tags:

Crioulo Das Seychelles DescriciónCrioulo Das Seychelles ExemploCrioulo Das Seychelles NotasCrioulo Das Seychelles Véxase taménCrioulo Das SeychellesLingua francesaLingua inglesaLingua oficialLinguas crioulasSeychelles

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rebel MoonPosición do misioneiroClint EastwoodDelfínDavid BeckhamMártires de CarralListenbourgGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981BrasiliaIgnacio Rivera QuintanaTeoCorzoRosario Porto OrtegaVacaShinovaRevolución dos CaraveisReal Academia GalegaPontevedraOs demostrativos galegosXosé Manuel BeirasConvento do Carme de PadrónLista de presidentes da República PortuguesaTarragonaAna María Fernández MartínezLontreira25 de abrilNoelia ReyParlamento de GaliciaEstadio de TammelaLista de estacións de tren de GaliciaOurioloMáquina comecartosSalgueiro MaiaIndonesiaLuís CíliaLista de xentilicios de concellos galegosMergullón cristadoLareiraPablo EcheniqueEuropaRepública Democrática do CongoO porco de péUniversidade de ManchesterArmando BlancoTransformador AC-101Gerardo Pardo de VeraNacho VegasEduardo Blanco AmorIKEADonald TrumpRaquel Castro MartínezLongueirón (molusco)Carrasco (planta)Estados Unidos de AméricaAlexander VórticeIbn al-AbbarGabriel García MárquezRaposo comúnAmaia Martínez GrisaleñaVicente RiscoCarballoVicepresidencia do Goberno de EspañaIndiaLista de voces dos animaisEsther EstévezFoca monxeAgustín Fernández PazManuel MurguíaÁlvaro CunqueiroAntiga Cartago🡆 More