Chapáiev

Chapáiev (en ruso: Чапаев ) é unha película soviética rodada en branco e negro en 1934.

Chapáiev
Chapáiev
Filme de 1934
Ficha técnica
Título orixinalЧапаев
Directorirmáns Vassiliev
Baseado enNa novela homónima, á súa vez no personaxe real
IntérpretesBoris Babotskin, Boris Blinov, Illarion Pevtsov, Varvara Miasnikova, Leonid Kmit, Gueorgui Jjionov, Boris Chirkov, Nikolai Simonov, Sergei Vassiliev, Stepan Krilov
Duración90'
XéneroRealismo; Bélico
Na rede
IMDB: tt0024966 Filmaffinity: 337341 Rottentomatoes: m/chapayev Allmovie: v8915 Editar o valor em Wikidata

Historia

Foi dirixida polos irmáns Vassiliev (Georgy e Sergei), da produtora Lenfilm. Este filme biográfico conta a historia de Vassili Ivanovich Chapáiev (1887-1919), un lendario comandante do Exército Vermello que se converteu nun heroe da Guerra civil rusa.

Trama

Está baseada na novela homónima escrita por Dmitri Furmanov, un escritor ruso e comisario bolxevique que loitou xunto a Chapáiev.

Sinopse

O protagonista é Vassili Ivanovich Chapáiev, un comandante bolxevique da Guerra civil rusa. O guión está baseado no libro homónimo de Dmitri Furmanov. Furmanov era de feito o comisario político da división comandada por Chapáiev. O seu libro, porén, é unha novela e non só un documental. Na película, Furmanov aparece en persoa como un dos personaxes principais. A imaxe épica de Chapáiev creada por Boris Babotskin é a dun home inculto e de conciencia política pouco confirmada, pero que entendía instintivamente os obxectivos dos bolxeviques e a guerra revolucionaria. (O histórico Chapáiev era un home máis complexo). Nunha escena famosa, o comandante cóntalle a un dos seus subordinados un ataque contra brancos usando patacas que simbolizaban tal ou cal grupo militar. Entre os personaxes principais atópanse Petka, unha moza axudante de campo de Chapáiev, e unha moza, Anka, que se encarga da metralleta. Na escena final, Chapáiev morre afogado no río Ural.

Recoñecementos

Alén dos premios dentro da Unión Soviética, foi galardoada entre outros como Mellor Película Estranxeira pola National Board of Review dos Estados Unidos en 1935 e co Gran Premio da Exposición Internacional de París en 1937.

Repercusión

O filme foi ben distribuído. Inmediatamente despois da súa estrea (o 6 de novembro de 1934 en Leningrado no Titan Cinema), converteuse nunha das creacións máis populares da historia do cine soviético. O primeiro ano foi visto por 30 millóns de persoas só na URSS.

Após a estrea da película, Chapaiév e os seus colaboradores Petka e Anka convertéronse en personaxes recorrentes do folclore ruso. Este trío, xunto co seu comisario político Furmanov, están presentes nunha gran cantidade de chistes rusos.

Durante a Guerra civil española estreouse na zona republicana, onde tivo bastante éxito, xa que unha columna das Brigadas Internacionais recibiu o nome de Chapáiev. Josep Renau realizou os carteis publicitarios da película para a súa estrea en Valencia.

Sobre Vasili Chapáiev fixéronse moitas outros filmes despois deste primeiro, catro en tempos da URSS (dúas películas de animación, unha curta e outra longametraxe en 1968) e, despois de 1992, outras catro longas e tres series de televisión, incluída a coprodución ucraíno-rusa Страсти по Чапаю "Paixón por Chapáiev"

O presidente de Rusia Vladimir Putin describiu o Chapáiev de 1934 como o seu filme favorito.

Elenco

Chapáiev 
Vasily Chapáiev nun selo soviético
  • Boris Babotskin: Chapáiev
  • Boris Blinov: Furmanov
  • Illarion Pevtsov: Coronel Borozdin
  • Varvara Miasnikova: Anna
  • Leonid Kmit: Petka
  • Gueorgui Jjionov: Tereixa
  • Boris Chirkov: Agricultor
  • Nikolai Simonov: Jikharev
  • Sergei Vassiliev
  • Stepan Krilov: Potapov

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Chapáiev HistoriaChapáiev ElencoChapáiev NotasChapáiev Véxase taménChapáiev

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ramón Otero PedrayoXogoUbertino da CasalePrivacidadeIslamNetflixLista de episodios de DoraemonAlfonso MolinaUnión do Povo GalegoRefreyAlicúnHuelvaTamara CanosaMisa (música)O BierzoImperio españolMasculino e feminino en galegoXestaManuscrito VoynichElvira Fernández BalboaRibadaviaUS AirwaysLiberalismoMonforte de LemosPaisaxe mineira de Cornualla e Devon oesteMela CasalJSONStellantisBlottingSydney SweeneyMasturbación coas mamasDeputación da CoruñaHungríaComarcas de GaliciaSevilla Fútbol ClubRamiro CarregalIgrexa ortodoxa coptaCopia por contactoBrad PittLucas TorreiraUlpiano VillanuevaGotemburgoBarbitúricosRocco SiffrediLontreiraCarlos de Matos GomesFerrol1917Eva CárdenasBasilio Río BrenllaBorja Fernández Fernández (1981)Lista de nomes masculinos en galegoOcéano ÍndicoEra visto!SalgueiroDaniel BasteiroLibertarioVolta ao País Vasco 2018IndependentismoNacionalismo galegoCastro CaldelasKarim BenzemaPonte das PíasLingua latinaSílabaCapitalismoBaltimoreMosteiro de Santa María de OseiraJean Shinoda BolenFroufe, O Irixo🡆 More