Chícharo De Raposo: Especie de planta

Véxase no texto

Chícharos de raposo (xénero Lupinus)
Chícharo De Raposo: Botánica, Descrición, Algunhas especies
Planta de L. polyphyllus en floración.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Genisteae
Xénero: Lupinus
L.
Subxénero: 1. Lupinus; 2. Platycarpos [1]
Especies

O chícharo de raposo ou chícharo bravo é o nome que reciben as plantas fabáceas (especialmente Lupinus albus e L. angustifolius), pertencentes ao xénero Lupinus e usadas na fixación de nitróxeno nos solos. O xénero conta con arredor de 200 especies orixinarias do Mediterráneo (subxénero Lupinus) e de América (subxénero Platycarpos (Watson) Kurl.) A semente, de cor amarela, non ten aproveitamento agrícola e é xeralmente vendida e consumida en conserva como petisco (acepipe), sendo moi común nas cervexarías de Portugal. O tremoceiro in natura contén un aminoácido neurotóxico que o veda ao consumo humano, alén dunha serie de substancias alcaloides dotadas de efectos neurotóxicos e hepatóxicos do grupo da quinolicidina, como a lupanina, ou lupinina, mais isto só ocorrería co consumo do gran fresco ou seco, e en grandes cantidades e por longos períodos. Para poder consumir os chícharos de raposo sen risco, deben ser cocidos e despois cubertos de auga mudándoa con frecuencia durante uns días até perderen o seu amargo orixinal, coa eliminación dos alcaloides. Preparados deste xeito, os chícharos bravos non ofrecen ningún risco á saúde.

Chícharo De Raposo: Botánica, Descrición, Algunhas especies
Lupinus albus
Chícharo De Raposo: Botánica, Descrición, Algunhas especies
Chícharos de raposo (sementes do tremoceiro Lupinus albus).

Botánica

Lupinus é un dos xéneros de plantas da familia das fabáceas, subfamilia Faboideae. Hai preto de 150 especies clasificadas neste xénero (subxéneros Lupinus, e Platycarpos (Wats.) Kurl.). A maioría destas especies teñen a propiedade de fixar nitróxeno nos solos, e moitas son utilizadas como fertilizante natural en zonas agrícolas. As sementes das plantas do xénero Lupinus, tremoceiros, son coñecidas como chícharos de raposo ou bravos.

Descrición

Son plantas de talo erecto, que habitualmente miden entre 5 dm e 2 m de altura. As súas follas están formadas por un número impar de folíolos e o seu aspecto é semellante ao dunha man. Nas especies silvestres e as cultivadas con propósitos ornamentais, as flores reúnense en longas e vistosas inflorescencias, porén, as especies cultivadas para a alimentación adoitan ter inflorescencias máis miúdas e pouco notorias. As cores dos pétalos varían dende o branco ao azul intenso, con predominio de tons azulados e rosados. O seu froito é un legume que contén sementes con forma de esfera achatada.

Algunhas especies

    As especies sinaladas con P medran de forma espontánea en Galiza, normalmente en solos areentos.
  • Lupinus albus (tremoceiro común) P
  • Lupinus angustifolius
  • Lupinus arboreus (tremoceiro bravo) P
  • Lupinus luteus (tremoceiro amarelo) P
  • Lupinus mutabilis
  • Lupinus nootkatensis
  • Lupinus polyphyllus
  • Lupinus texensis
  • Lupinus tidestromii
  • Lupinus foliolosus
  • Lupinus kuntii
  • Lupinus michelianus
  • Lupinus nubigenus
  • Lupinus rupestris
  • Lupinus smithianus

Constituíntes tóxicos existentes neste xénero

  • Anaxirina
  • Esparteína
  • Xenisteína
  • Gramina
  • 13-hidroxilupanina
  • L-Dopa
  • Lupanina
  • Luteona
  • Wighteona

Clasificación do xénero

Sistema Clasificación Referencia
Carl von Linné Clase Diadelphia, orde Decandria

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Chícharo De Raposo BotánicaChícharo De Raposo DescriciónChícharo De Raposo Algunhas especiesChícharo De Raposo Constituíntes tóxicos existentes neste xéneroChícharo De Raposo Clasificación do xéneroChícharo De Raposo NotasChícharo De Raposo Véxase taménChícharo De Raposo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Tonhito de PoiSecretaría Xeral de Política LingüísticaVagalume (revista)RusiaHorteláEspañaLobishomePosicións sexuaisMaría José Rodríguez MalmiercaAC-526PEduardo Rosón PérezBugalloTragsaUniversidade de Santiago de CompostelaCicutaWattSimeón II de BulgariaRodolfo SanchoLituaniaFernando VIIInstrumento de cordaAristótelesGoretti SanmartínMeteoroAntonio Carro MartínezAna PeleteiroMichael SchumacherCondados de SueciaPorto da LúaPratos combinadosCastiñeiroYolanda DíazLista de castelos de PortugalEscatoloxíaToxo arnalGrândola, Vila MorenaBenito MussoliniRías BaixasMarjane SatrapiFilipe II de EspañaLuka ModrićFC Bayern MünchenPampallínReino de GaliciaJosé Ángel DocoboAs dúas MaríasDeportivo da CoruñaPapoulaIosif StalinToledoIránAdriana TorrebejanoVigoIemenTailandiaYolanda CastañoXabier DíazRussell CroweSeewoosagur RamgoolamLucía RegueiroFátima PegoRobinson R66Antonio del VillarHeredeiros da CrusIlla de San SimónViggo MortensenCelanovaAmorodoMaría ReimóndezMarina CastañoCastelo da PicoñaMP3🡆 More