O castelo da Palma ou castelo de Nosa Señora da Palma é un castelo do século XVI situado no concello de Mugardos, que formaba parte do sistema defensivo da ría de Ferrol.
Castelo da Palma | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Mugardos |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 43°27′44″N 8°16′29″O / 43.46222222, -8.274722228°16′29″O / 43.46222222, -8.27472222 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | renacemento (século XVI) |
Estilo actual | Mestura (Século XIX) |
Estado actual | Futura explotación hostaleira |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa orixe remóntase á época dos enxeñeiros militares de Filipe II, no último cuarto do século XVI, concretamente no ano 1597. Formaba parte do sistema defensivo de acceso á ría de Ferrol dende o mar polo que se empraza nunha enseada na entrada da ría de Ferrol fronte ao Castelo de San Felipe.
Nace integrado nunha estrutura defensiva de tres castelos, coñecida como un "triángulo de fogo": San Felipe, San Martín e o da Palma. Este sistema defensivo bloqueaba a entrada da ría por medio dunha cadea submarina tendida desde este castelo ao de San Felipe.
Co desenvolvemento do Arsenal Militar realízanse obras de ampliación nos séculos XVIII e XIX por mor dos avances tecnolóxicos no eido militar.
Pouco armamento posuía e a súa función limitábase a vixilancia do tráfico marítimo. Contaba cunha batería en ángulo aberto cara ao mar e unha dobre fronte con baluartes cara a terra firme.
O edificio actual provén das reformas levadas a cabo no século XVIII e finais do século XIX.
A súa última función, na segunda metade do século XX, foi como cárcere militar, onde estivo confinado, entre outros, o golpista do 23-F o tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo da Palma |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Castelo da Palma, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.