C-Terminal: Rexión final da cadea de aminoácidos que remata nun grupo carboxilo

O extremo C-terminal (tamén chamado carboxilo terminal, carboxi-terminal, extremo COOH ou COOH-terminal) dunha proteína ou polipéptido é a rexión final da cadea de aminoácidos que remata nun grupo carboxilo (-COOH).

O outro extremo da cadea remata nun grupo amino e denomínase N-terminal. A convención para a escritura de péptidos é situar o extremo C-terminal á dereita e escribir a secuencia comezando polo extremo N-terminal; por tanto, considérase que a proteína acaba no C-terminal.

C-Terminal: Química, Funcións, Notas
Tetrapéptido co seu extremo C-terminal (COOH) á dereita.

Química

Cada aminoácido ten un grupo carboxilo e un grupo amino, e un aminoácido únese a outro ao reaccionaren un grupo amino dun deles co grupo carboxilo do seguinte, establecéndose un enlace peptídico. Por esa razón todos os grupos amino e carboxilo dunha cadea de aminoácidos están formando o enlace agás os dos dous extremos, e nun dos extremo haberá un grupo carboxilo libre, o C-terminal, e no outro un grupo amino libre, o N-terminal. As proteínas sintetízanse nos ribosomas comezando desde o extremo N-terminal.

Funcións

Sinais de retención

Mentres que o extremo N-terminal dunha proteína adoita conter sinais diana, o C-terminal pode conter sinais de retención para a correcta localización da proteína. O sinal de retención máis común é a secuencia de aminoácidos -KDEL (ou HDEL), que mantén a proteína no retículo endoplasmático, evitando así a súa entrada na vía secretora.

Modificacións do C-terminal

O extremo C-terminal das proteínas pode modificarse postraducionalmente, principalmente por medio da adición dunha ancoraxe de natureza lipídica que permite que a proteína sexa inserida nunha membrana celular sen a necesidade de posuír un dominio transmembrana. A continuación indícanse dúas das modificacións máis comúns que adoita sufrir un extremo C-terminal:

Dominio C-terminal

C-Terminal: Química, Funcións, Notas 
A ARN polimerase II en acción.

O dominio C-terminal (CTD) dalgunhas proteínas presenta funcións especializadas. Por exemplo, o dominio C-terminal da ARN polimerase II, que contén máis de 52 repeticións da secuencia Tyr-Ser-Pro-Thr-Ser-Pro-Ser, está implicado en diversos procesos como o inicio da transcrición, a adición do 5' cap ao ARN mensaxeiro e o acoplamento do espliceosoma para o splicing alternativo do ARN.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

C-Terminal QuímicaC-Terminal FunciónsC-Terminal NotasC-Terminal Véxase taménC-TerminalAminoAminoácidoCarboxiloN-terminalPolipéptidoProteínaPéptido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Abraham MateoProxyJennifer GarnerOK LigaLiga ACBMonforte de LemosPeretLeymaPortugalFelaciónAlbaricoqueBrahim DíazPedro I de CastelaBandeira de QatarA CoruñaCabraPortuMasculino e feminino en galegoSabela (Operación Triunfo)Santiago de CompostelaPedro RieloCarlos de Matos GomesVigoFernando Quiñones de LeónRulaTom Holland (actor)Miguel HerránLuz FandiñoRosario Porto OrtegaMaría Xosé QueizánIgnacio GarrigaDonicelaO matrimonio ArnolfiniOutesConstantinoplaVacaSestaoAlfabeto galegoMiguel Ángel Zabalza BerazaPúrpuraIsraelSigüenzaJordi HurtadoO pacto dos lobosRafael NadalSerpinaRacing Club de FerrolTalo (talófitas)BerrogüettoSilvia SuperstarLeonardo da VinciC++Anne HathawayMeteoGaliciaSergio Ramos1352Baby ReindeerShōgunO doutor Slump e AraleBubelaLugares de SanxenxoGalipediaChamadoira do CasalUnión monetariaEsther F. CarrodeguasMaría JamardoSobradoBerta DávilaVillarrobledoEduardo Blanco AmorEDUGARuxe RuxeRobert F. Kennedy🡆 More