Capa Xerminativa

Unha capa xerminativa, capa xerminal, capa embrional, folla embrionaria ou folla blastodérmica, é un conxunto de células formadas durante a embrioxénese dos animais a partir das cales se orixinarán os tecidos e órganos do adulto.

Capa Xerminativa
Gastrulación dun diploblástico: formación das capas xerminativas desde unha blástula (1) até unha gástrula (2).

Todos os animais máis complexos que as esponxas producen dúas ou tres capas de tecidos primarios.

Os animais con simetría radiada, como os cnidarios, teñen dúas, denominadas ectoderma e endoderma.

Os animais con simetría bilateral producen unha terceira capa situada entre as dúas anteriores, o mesoderma.

As capas xerminativas orixinarán os tecidos e órganos durante o proceso de organoxénese.

Capas xerminativas

Historia do estudo das capas xerminativas

A aceptación da xeneralidade e importancia das capas xerminativas data do século XIX. Christian Pander (1817) foi o primeiro en recoñecelas en embrións de polo. En 1825 Martin Heinrich Rathke identificou follas embrionarias equivalentes en crustáceos. En 1828 Karl Ernst von Baer descubriunas nos embrións doutros vertebrados. En 1849 Julian Huxley mostrou que as follas externas e internas dos vertebrados eran homólogas ás dúas capas dos celenterados. En 1877 Ray Lankester, inspirado na teoría de Ernst Haeckel sobre a Gastraea, un hipotético antepasado común a todos os metazoos, dividiu o reino animal en tres grandes grupos en función do número de capas xerminativas: homoblásticos (protozoos), diploblásticos (celentéreos) e triploblásticos (o resto dos animais).

Referencias

  • Hall, B. K. (2000): "Balfour, Garstang and de Beer: The First Century of Evolutionary Embryology". Amer. Zool., 40: 718–728. Resumo.

Tags:

AnimaisCélulaEmbrioxéneseTecido (bioloxía)Órgano (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O Amenedo, Grixalba, SobradoLino LópezBubelaJosé Galera MorenoChorimaHelia GonzálezIker MuniainPastora Dominga González ViéitezSabugueiroDiego Rivas RegoCentauroJordi HurtadoJosé Castiñeira PardoMarineda CityLuka ModrićGaliciaRamón PiñeiroJava (linguaxe de programación)Mela CasalXurxo SoutoRefraneiro galego sobre o mes de maioZeca AfonsoXosé Antonio TouriñánPosición aconchegadaRibadeoXurxo ChirroPrimeira guerra mundialProxyEl laberinto del faunoXaxún no islamBGerardo Conde RoaManuel Jesús González CapónÁnxel CasalJason StathamSteve JobsGame Boy Advance SPMontañésPedro ChoscoNegueira de MuñizJoan Manuel SerratVimianzoÁrbores senlleiras de GaliciaFentoShaquille O'NealShinovaContactPortugalOs ÁnxelesAbegondoLoureiroLucas VázquezJosito PortoÁureoRebeliom do InframundoMario CaneiroTarragonaA Pena, San Román de Vilaestrofe, CervoBambú ProduccionesRevolución galega de 1846Segunda división española de fútbolGalería de imaxes de arañas de GaliciaCaralloLareiraMasculino e feminino en galegoMaría MariñoFranciaMaría Antonieta de AustriaHeraldo de Galicia (A Habana)Los MotoresShishuo xinyuUnión Europea de RadiodifusiónGondar, SanxenxoFilipe V de España🡆 More