Canón Do Sil: Val escavado polo río Sil e zona especial de conservación

7°38′09″O / 42.4037247, -7.6357199

Canón do Sil
Río Sil ó seu paso pola provincia de Lugo.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: 2006
Superficie: 5.914 ha.
Lexislación: LIC o 21 de setembro de 2006, ZEC o 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo e Ourense
Concellos: Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil.
Ríos: río Cabe, río Sil, río Miño
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Os canóns do río Sil están situados preto da unión entre o río Sil e o río Miño na zona da Ribeira Sacra. Este espazo natural abrangue unha área de superficie de 5.914 hectáreas nos concellos de Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil e está declarado como zona especial de conservación (ZEC).

Este tramo fluvial conta con varios encoros e ten un aproveitamento turístico con aloxamentos ou paseos en catamarán nas augas. Nas ladeiras e arredores, nas que poden haber pendentes de ata 50º, atópanse os cultivos das vides da D.O. Ribeira Sacra. As viñas nas abas chegan mesmo ata a auga.

Xeografía e xeoloxía

Orografía

A orografía deste espazo natural resulta do forte desnivel entre as augas do Sil nos Peares (109 m) e a altura máxima da Pena do Xastre (1.014 m). Conta con encoros como os de Santo Estevo ou San Pedro.

Xeoloxía

O canón do Sil xorde de procesos tectónicos e non fluviais. No cuaternario, ó comezar un basculamento da peniplanicie producíronse fracturas que quebraron o terreo en bloques e formando a canle pola que flúe o río Sil.[Cómpre referencia]

Clima

O seu clima é mediterráneo-húmido. Mostra importantes variacións xa que en áreas das ladeiras de solaina é mediterráneo-húmido e nas zonas máis ensombrencidas, como nas veigas e ribeiras de bosque, actúa como atlántico-superhúmido.

Flora e Fauna

Flora

As ladeiras da marxe dereita énchense orientadas ó mediodía, polo que están en boa parte aproveitadas para o cultivo da vide en socalcos. Os soutobosques están maioritariamente compostos de onfalodes (Omphalodes nitida), érbedos (Arbutus unedo), uces brancas (Erica arborea), e piornos (Genista falcata e G. florida polygaliphylla). Nos bosques abundan as árbores ripícolas, como son os bidueiros (Betula pubescens), os castiñeiros (Castanea sativa) ou as abeleiras (Coryllus avellana).

Fauna

As especies piscícolas das augas do Sil que abundan son a troita (Salmo trutta fario), o escalo (Squalius carolitertii) e o espiñento (Gasterosteus aculeatus).

Hai varías especies de réptiles e anfibios, entre os que destacan a ra patilonga (Rana iberica), a píntega (Salamandra salamandra), a cobra de colar (Natrix natrix) e a lagarta brava (Psammodronus algirus).

Entre as aves, están presentes o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), aves de rapina como a aguia caudal (Hieraetus pennatus), a aguia albela (Circaetus gallicus), o miñato abelleiro (Pernis apivorus) ou o falcón peregrino (Falco peregrinus). Así mesmo, atópanse na zona tódalas variedades de papuxa (Sylvia) existentes na Galiza.

Destacan entre os mamíferos o morcego de orellas partidas (Myotis emarginatus), a xeneta (Genetta genetta) ou o gato montés (Felis silvestris).

Patrimonio

Patrimonio cultural

A xente transformou a paisaxe desta rexión co cultivo da vide en socalcos e a construción de grandes encoros.

Sendeirismo

O número de posibles itinerarios é enormemente amplo, se non case ilimitado. Dende Os Peares recoméndase percorre-la marxe esquerda do Sil, desviándose para toma-lo chamado Camiño da Barca, que leva por medio de densos bosques de castiñeiros cara ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Unha vez alí, é un momento ideal para encontrar os seus muíños e baixar dende o mosteiro ata a marxe do Sil onde estaba o antigo embarcadoiro que o comunicaba con outros mosteiros da Rivoyra Sacrata. Outra posibilidade é ir de Santo Estevo a Paradela, volvendo por Cerdeiriñas, polo camiño coñecido como "carreiro da amargura".

O itinerario máis completo (22 km.) é o que une pola ribeira sur do Sil os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina. Este trazado unía antigamente Santo Estevo con Astorga e foi durante a Idade Media a principal liña de comunicación fluvial entre os mosteiros da "Rivoyra Sacrata", hoxe realizada polo catamarán. Este percorrido pasa por excelentes miradoiros naturais sobre o canón do Sil, tales como os de Alberguería, Cerreda, Vilouxe e O Coutiño, ata chegar á pequena península cuberta de castiñeiros onde se encontra o mosteiro de Santa Cristina.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Canón Do Sil Xeografía e xeoloxíaCanón Do Sil Flora e FaunaCanón Do Sil PatrimonioCanón Do Sil SendeirismoCanón Do Sil Galería de imaxesCanón Do Sil NotasCanón Do Sil Véxase taménCanón Do SilCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BispoMarçal MolinéFrancisco FrancoIndonesiaAntón Villar PonteRoberto VerinoFerrer Bassa22 de xulloRoberto BautistaGoizuetaXogo da chaveGerardo Pardo de VeraLista de siglas e acrónimosGuillermo Alonso BarciaCopia por contactoCinema pornográficoContactMártires de CarralLEduardo PondalRepública Democrática do CongoTribadismoLuis Carrero BlancoBella ciaoMedalla CastelaoParlamento de GaliciaMasculino e feminino en galegoIrene JunqueraDavid MellaLista das aves de GaliciaTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaIrmandiñosCarlos NegroRefraneiro galego sobre o panXosé Neira VilasAsalto do bou EvaSelección de fútbol de GaliciaXeración dos 80Benito MussoliniCarles PuigdemontTelexornalFalange EspañolaJordi PujolRicardo BeirasHarvey WeinsteinRacing Club de FerrolHeraldo de ViveroAC-141PovoaçãoTransformador AC-312IgantziLongueirón (molusco)IKEAConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesReal Academia GalegaEsther EstévezCarlos SoberaOs ÁnxelesLingua inglesaCorzoNova YorkDaniel BasteiroVilagarcía de ArousaEduardo MendozaSuízaAna María Fernández MartínezAmy WinehouseCeleste CaeiroJosé Saramago🡆 More