Campo Grande, Mato Groso Do Sur

Campo Grande é a capital do estado brasileiro do Mato Groso do Sur.

É un importante centro de comercio, servizos e industria de alimentos.

Modelo:Xeografía políticaCampo Grande, Mato Groso do Sur
Campo Grande (pt) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHino do município de Campo Grande (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización
Campo Grande, Mato Groso Do Sur Editar o valor em Wikidata
 20°28′07″S 54°37′20″O / -20.4686, -54.622254°37′20″O / -20.4686, -54.6222
EstadoBrasil
Unidades da federaciónMato Groso do Sur - Mato Grosso do Sul Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación897.938 (2022) Editar o valor em Wikidata (110,91 hab./km²)
Xeografía
Superficie8.096,05 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude592 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1899 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Prefeita (pt) Traducir Editar o valor em WikidataAdriane Lopes (pt) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativocâmara municipal de Campo Grande (pt) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 29) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal79000-000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico67 Editar o valor em Wikidata
Código de concello do Brasil5002704 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcapital.ms.gov.br Editar o valor em Wikidata

Xeografía

Está a unha altura de 532 metros sobre o nivel do mar. En 2004 vivían na cidade 734.164 habitantes, sobre unha extensión municipal de 8118,41 km².

A vexetación predominante é a da sabana. As principais actividades económicas son a gandería, o comercio e a industria de alimentación. A cidade tamén destaca polo sector dos servizos. O aeroporto é a principal entrada para os turistas que desexan visitar Bonito e o Pantanal.

Campo Grande experimentou un pulo de desenvolvemento na década de 1980, e foi un polo de atracción de empregos.

Historia

Orixe da cidade

En 1870 (como consecuencia da Guerra da Tripla Alianza) chegoulles a nova da existencia de terras aptas para cultivar aos habitantes de Monte Alegre (no Triángulo Mineiro). Esras terras estaban na rexión de "Campo Grande da Vacaria". O primeiro pioneiro chamouse José Antonio Pereira, que chegou onde agora se erixe Campo Grande o 21 de xuño de 1872. Deixoulle a terra a un criado[, e aos tres anos —14 de agosto de 1875— volveu coa familia e cos escravos. nun grupo que chegaba ata as 62 persoas.

En 1877 súmaselle outra familia e constrúen ademais a que foi a primeira igrexa da cidade. A partir de 1879 novas caravanas de xente de Minas Gerais foron chegando e instalándose nas terras.

O concello

A vila e a rexión foron atraendo novos habitantes, que procedían de San Paulo, Rio Grande do Sul, Paraná e nordeste, entre outros. Despois de diversas presións e requirimentos veciñais, o goberno estatal promulgou a lei que lle concedía a condición de concello e pasaba a denominarse Campo Grande o 26 de agosto de 1899. A principal fonte de riqueza nesa altura era o agro e a gandería, en especial grandes facendas de vacún, pois este era un punto de distribución de gando cara ao Triángulo Mineiro e a Paraguai. Sobre a rota do gando construíuse en 1900 a primeira estrada do concello, que o ligou cos cavorcos do Paraná, e de aí con San Paulo.

A partir de 1909 comezan as obras de modernización da vila, dirixidas nun comezo por Temístocles Pais de Sousa Brasil, e foi daquela cando se construíu a praza maior e cando se trazaron as principais rúas e avenidas. En 1916 chegou a luz eléctrica e en 1918 Campo Grande é nomeado cidade. O tren chegou en 1914 a través da Estrada de Ferro Noroeste do Brasil, da compañía RFFSA, que aumentaba as conexións da cidade co estranxeiro (Bolivia e Paraguai). En 1921 converteuse tamén en capital militar, ao recibir o acuartelamento da novena rexión do exército brasileiro. Nesa altura comezou tamén un importante movemento inmigratorio de xaponeses, árabes e armenios. En 1930 xa tiña uns 12.000 habitantes.

A capitalidade

En 1932, co motivo da Revolución Constitucionalista, a cidade aliñouse coas posicións que triunfaban en San Paulo e autoconstituíuse como estado, con Vespasiano Martins como gobernador. A sede do goberno situouse no predio da Maçonaria. Mentres, a capital oficial do estado, Cuiabá, continuaba do lado legalista, co que na práctica se crearon dous estados, o de Mato Groso e o de Maracaju, do que era capital Campo Grande, entre o 11 de xullo e outubro de 1932. Coa vitoria legalista, desaparece o efémero de Maracaju, e a capital de Mato Groso segue sendo Cuiabá.

Nos anos sesenta, ábrense en Campo Grande as primeiras facultades, que logo acabarían conformando a Universidade Católica Dom Bosco, ademais dun campus da Universidade Estatal de Mato Grosso. O 11 de outubro de 1977, críase un novo estado, o do Mato Groso do Sur, con capital en Campo Grande.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Campo Grande, Mato Groso Do Sur XeografíaCampo Grande, Mato Groso Do Sur HistoriaCampo Grande, Mato Groso Do Sur NotasCampo Grande, Mato Groso Do Sur Véxase taménCampo Grande, Mato Groso Do SurBrasilComercioIndustriaMato Groso do Sur

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de ríos de GaliciaBilbaoGrupo SargadelosRebel MoonMaría Xosé QueizánRexina VegaXeración dos 80Foca monxeYolanda DíazPalmaXoán Manuel PintosLedicia CostasCarballedo, Cerdedo-CotobadeEmilio Pérez TouriñoGonzalo Pérez JácomeTraxe galegoAmérica LatinaScarlett JohanssonSonia MéndezAntónio de SpínolaAC-141O porco de péFrancisco Porto MellaRefraneiro galego sobre o mes de maioThe ArtistDavid BeckhamDoenza de Paget de mamaBreogánPemento de PadrónSuízaYolanda CastañoDepartamento de ApurímacDaniel BasteiroLingua portuguesaO PorriñoHarry StylesO Barco de ValdeorrasBélxicaLareiraPablo EscobarAna TurpinLingua casteláÁlvaro CunqueiroUniversidade de Santiago de CompostelaCarlos de Matos GomesConceyu BableComarca de SarriaLista de episodios de Shin ChanRepública ChecaLuisa CarnésLista de nomes masculinos en galegoBeteluCoordenadas xeográficasFesta da Palabra SilenciadaDorothé SchubarthXXXTentacionO divino sainetePatricia VázquezIKEAMartín SarmientoBroncePorno suavePobo palestinoMoisés Rodríguez PérezPello OtxandianoHolocaustoParroquias de Galicia🡆 More