Filme De 2021 Coda: Filme de 2021 dirixido por Sian Heder

CODA é un filme franco-estadounidense de 2021 escrito e dirixido por Sian Heder.

É unha adaptación en lingua inglesa do filme franco-belga de 2014 La Famille Bélier. Está protagonizado por Emilia Jones como Ruby Rossi, o único membro oínte da súa familia, unha adolescente que intenta axudar ao negocio pesqueiro da súa familia en dificultades mentres persegue as súas propias aspiracións de ser cantante. O filme conta con actores xordos para intepretar os papeis de xordos, os cales, xunto con Jones, se comunican empregando a lingua de sinais americana. Eugenio Derbez, Troy Kotsur, Ferdia Walsh-Peelo, Daniel Durant e Marlee Matlin compoñen o resto do elenco. Philippe Rousselet de La Famille Bélier retoma a súa función como produtor, e o filme rodouse en Gloucester, Massachusetts, nos Estados Unidos.

CODA
Filme De 2021 Coda: Filme de 2021 dirixido por Sian Heder
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalCODA
DirectorSian Heder
Produtor
  • Fabrice Gianfermi
  • Philippe Rousselet
  • Jerôme Seydoux
  • Patrick Wachsberger
GuiónSian Heder
Baseado enLa Famille Bélier de Victoria Bedos, Thomas Bidegain, Stanislas Carré de Malberg e Éric Lartigau
Intérpretes
MúsicaMarius de Vries
FotografíaPaula Huidobro
MontaxeGeraud Brisson
Estudio
  • Pathé Films
  • Vendôme Pictures
DistribuidoraApple TV+
EstreaFestival de Sundance: 28 de xaneiro de 2021
Filme De 2021 Coda: Filme de 2021 dirixido por Sian Heder 13 de agosto de 2021
Duración111 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Filme De 2021 Coda: Filme de 2021 dirixido por Sian Heder Francia
XéneroDrama e comedia
Orzamento10 millóns de dólares
Recadación2,2 millóns de dólares
Na rede
https://tv.apple.com/us/movie/coda/umc.cmc.3eh9r5iz32ggdm4ccvw5igiir
IMDB: tt10366460 Filmaffinity: 193148 Allocine: 276170 Rottentomatoes: m/coda_2021 Allmovie: v727992 Metacritic: movie/coda-2021
Instagram: codamovie Editar o valor em Wikidata

CODA gañou numerosos premios, incluíndo os tres que conseguiu na 94ª edición dos Óscar nas categorías de mellor filme, mellor actor secundario para Kotsur e mellor guión adaptado, converténdose no primeiro filme en distribuírse nun servizo en liña e no primeiro filme estreado no Festival de Cinema de Sundance en gañar o premio ó mellor filme.

Personaxes

  • Emilia Jones como Ruby Rossi
  • Eugenio Derbez como Bernardo "Mr. V" Villalobos
  • Troy Kotsur como Frank Rossi
  • Ferdia Walsh-Peelo como Miles
  • Marlee Matlin como Jackie Rossi
  • Daniel Durant como Leo Rossi
  • Amy Forsyth como Gertie
  • Kevin Chapman como Brady
  • John Fiore como Tony Salgado

Notas

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GalipediaXela AriasLos MotoresLeBron JamesSara Vila AlonsoA ira dos mansosPazo BaiónDaniel de la TorreFélix BolañosIndiaTeresa CasalGuillermo VicenteGoogleMalvares de MoscosoEmilia Pardo BazánCantanteColiseum da CoruñaBelugaISBNAbraham PérezSéculos EscurosLuar (programa)FebreiroTito AsoreyIrmandiñosTransexualidadeLedicia CostasRusiaNoruegaXosé Ramón GayosoCarralBurroXurxo SoutoPaleolíticoSeverino Barros de LisCetáceosEdward John SmithAngelina JolieIsmael RamosDonostiaÁrbores senlleiras de GaliciaNoelia ReyGalería de imaxes de arañas de GaliciaAcademia Chinesa de CienciasEduardo Paredes RodríguezMediaWikiFran AlonsoRafael LouzánMarçal MolinéDavid PerdomoCRoberto VerinoJerry Lee LewisMarineda CityMoinanteCayetana Guillén CuervoReal Club Celta de VigoArboMontañésMaría Antonieta de AustriaAlfonso MolinaNervoLingua galegaTelevisión de GaliciaZeca AfonsoAndorraPeneA CoruñaHarry StylesFidel CastroAC-101As aves na cultura popular galegaHarvey WeinsteinIñaki de Juana Chaos🡆 More