Brassica Rapa: Especie de planta

Clado:Traqueófitas Clado:Anxiospermas Clado:Eudicots Clado:Rosids

Brassica rapa é unha especie de plantas da familia das brasicáceas que se pode presentar en varias subespecies e variedades cultivadas moi comúns, como a planta do nabo (da que se obteñen nabos, nabizas e grelos); komatsuna, bomdong, bok choy e outras coles chinesas, etc.

Brassica Rapa: Historia, Usos, Cultivares
Ilustración de Brassica rapa da enciclopedia xaponesa da agricultura Seikei Zusetsu

Brassica rapa subsp. oleifera é unha subespecie de sementes oleíferas. De tres especies de Brassica oleíferas, concretamente Brassica rapa, Brassica napus (colza) e Brassica juncea, obtense o aceite de colza (nos Estados Unidos e Canadá este tipo de aceite con baixo nivel de ácido erúcico denomínase canola, mentres que os tipos de grao non alimentario denomínanse alí aceite de colza).

Historia

Brassica Rapa: Historia, Usos, Cultivares 

A orixe de B. rapa, tanto xeograficamente coma en canto os seus parentes silvestres sobreviventes, foi difícil de identificar porque o ser humano a desenvolveu en distintos tipos de vexetais, agora atópase na maior parte do mundo e volveu ao estado silvestre (feral) moitas veces. Un estudo das secuencias xenéticas duns 400 individuos de B. rapa tanto domesticados coma ferais, xunto con modelos ambientais, proporcionou máis información sobre a súa complexa historia. Este estudo indicou que a B. rapa ancestral probablemente se orixinou hai entre 4000 e 6000 anos na área do Hindu Kush de Asia central, e tiña tres conxuntos de cromosomas. Isto proporcionoulle o potencial xenético para adquirir unha diversidade de formas, sabores e requirimentos de cultivo. A domesticación produciu as hortalizas modernas e as variedades con sementes oleíferas, todas as cales teñen dous conxuntos de cromosomas.

A subespecie produtora de aceite (oleifera) de Brassica rapa puido ser domesticada varias veces desde o Mediterráneo á India, empezando xa no 2000 a.C. Os nabos comestibles foron cultivados primeiro posiblemente no norte de Europa, e foron un alimento importante na antiga Roma. O cultivo do nabo despois espallouse cara ao leste ata a China e chegou ao Xapón no 700 d.C. Hai descricións de hortalizas de B. rapa en documentos indios e chineses desde arredor o ano 1000 a.C.

No século XVIII Carl Linné considerou o nabo e as variedades produtoras de aceite especies diferentes, e denominounas B. rapa e B. campestris. Os taxónomos do século XX atoparon que as plantas eran fértiles entre si e debían pertencer á mesma especie. Como o nabo fora nomeado primeiramente por Linné, adoptouse o nome Brassica rapa.

Usos

As follas novas de B. rapa considéranse unha hortaliza excelente para comer crúa ou se son máis vellas cociñadas, así como os gromos. En Galicia son alimentos moi populares as follas novas tenras desta planta, chamadas nabizas (ou rabizas) e os gromoa, chamados grelos (ou cimos, cimóns), moi populares en Galicia. A raíz napiforme ensanchada (nabo, carola, varizo, cachola, carocha) e as sementes (nabiñas) poden tamén comerse crúas, pero estas últimas conteñen un aceite que pode ser irritante para algunhas persoas. Tamén se lles poden dar aos animais. As variedades utilizadas e usos culinarios dependen do país.

Moitas bolboretas, incluíndo Pieris rapae, aliméntanse e polinizan as flores de B. rapa.

Cultivares

Cultivar Imaxe Nome
Bok choy (un tipo de col chinesa) Brassica Rapa: Historia, Usos, Cultivares  Brassica rapa subsp. chinensis
Bomdong Brassica Rapa: Historia, Usos, Cultivares  Brassica rapa var. glabra
Choy sum 100px Brassica rapa subsp. parachinensis
(Un tipo de colza) Brassica Rapa: Historia, Usos, Cultivares  Brassica rapa subsp. oleifera
Komatsuna Brassica Rapa: Historia, Usos, Cultivares  Brassica rapa subsp. perviridis
Mizuna Brassica Rapa: Historia, Usos, Cultivares  Brassica rapa var. nipposinica
Col chinesa (un tipo) Brassica Rapa: Historia, Usos, Cultivares  Brassica rapa subsp. pekinensis
(Un tipo de grelo) Brassica Rapa: Historia, Usos, Cultivares  Brassica rapa var. ruvo
Tatsoi Brassica Rapa: Historia, Usos, Cultivares  Brassica rapa subsp. narinosa
Nabo Brassica Rapa: Historia, Usos, Cultivares  Brassica rapa subsp. rapa
(Un tipo de grelo) Brassica Rapa: Historia, Usos, Cultivares  Brassica rapa subsp. trilocularis

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Brassica Rapa HistoriaBrassica Rapa UsosBrassica Rapa CultivaresBrassica Rapa NotasBrassica Rapa Véxase taménBrassica Rapa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Shaquille O'NealFernando EstesoCanle (enxeñaría)Biblioteca Gabriel García MárquezAllarizÁngel Carracedo1890Sydney SweeneyMPaleolíticoMártires de CarralAsunta Basterra PortoAngelina JolieCristiano RonaldoJosé Luis ValladaresFiúnchoVerbos galegos facer, dicir e haberAntonio Fernández PitaCinema pornográficoElla Baila SolaRede privada virtualAresCaralloCatedral de la Seu d'UrgellJohn TravoltaLuísa VillaltaFernando Salgado GarcíaIsaac Díaz PardoMasturbación coas mamasDiáspora galegaFernando AlonsoSexo analSilvia SuperstarDiego Martínez PenasRamón Alonso MartínezVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaLareiraRosalía de CastroBernd SchusterManuel Jesús González CapónWikipediaErros e TánatosElvira Fernández BalboaCLIP (inmunopéptido)Mónica García PérezTeresa García-SabellLibrary of Congress Control NumberIsmael RamosCastro de Punta do BicoRevolución dos CaraveisO porco de péRepública Popular da ChinaLista de filmes con versión en galegoBergantiños Fútbol ClubBieito RubidoWinston ChurchillLista de cidades de IsraelFran AlonsoCantanteSalgueiroFelipe de Marichalar y BorbónUrueñaImmanuel KantMoinanteInternetFrancisco AñónMúsica tradicional galegaBaby ReindeerÁlex GonzálezAdriana LastraAC-960Concellos de Galicia🡆 More