Bos: Xénero de mamíferos

Bos é un xénero de mamíferos artiodáctilos ruminantesda familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos e tribo dos bovininos, que comprende, para a maioría dos autores, seis especies denominadas xenericamente bois, entre as cales están tanto o gando doméstico (Bos primigenius ou Bos primigenius taurus, segundo os autores) como outras especies domésticas e salvaxes.

Bovininos
Bovini
Bois
Bos: Historia natural, Taxonomía, Notas
Parella de gauros (Bos gaurus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Tribo: Bovini
Xénero: Bos
Linnaeus, 1758
Especies
Bos: Historia natural, Taxonomía, Notas
Vaca rubia galega.

Certos autores diferenciaron varios xneros para as especies agrupadas en Bos (Bos, Bibos, Novibos e Poephagus), pero os estudos morfolóxicos e xenéticos non deron lugar aínda a un acordo ao respecto. A postura que recoñece como xénero único a Bos é, porén, a maioritaria.

Aínda que ao longo da historia propuxéronse varias teorías no sentido de que varias especies de Bos deran lugar ao boi doméstico actual, hoxe prece que se pode afirmar que todas as razas descenden dun antepasado común, o uro (Bos primigenius), que persistiu nas chairas de Europa até o século XVII, no que se extinguiu debido á caza excesiva.

As especies actuais de Bos distribúense na maior parte do globo, abarcando África, América, Asia, Australia e Europa. Con ao redor de 1.300 millóns de cabezas, son un dos grupos de mamíferos máis populosos do planeta.

Historia natural

O hábitat das distintas especies varía amplamente, indo desde as praderías e bosques subtropicais até a alta montaña tibetana en que habita o iac (Bos grunniens).

As especies do xénero Bos forman mandas, cuxo tamaño oscila entre as decenas e as centenas de cabezas, que migran lentamente a medida que esgotan os pastos. As mandas non adoitan contar máis que cun macho adulto.

Son ruminantes, o que lles permite obter o máximo rendemiento dunha dieta de herbas rica en celulosa e pobre en nutrientes; a mayoría das especies pastan durante a maior parte do día, descansando durante os períodos máis calorosos, e durmindo pola noite.

A xestación dura entre nove e once meses, ao cabo dos cales nace unha ou, excepcionalmente, dúas crías.

Estes animais en estado salvaxe poden alcanzar os 25 anos.

Taxonomía

Bos: Historia natural, Taxonomía, Notas 
Iac (Bos grunniens).
Bos: Historia natural, Taxonomía, Notas 
Banteng (Bos javanicus).

O xénero Bos foi decrito po primeira vez en 1758 polo naturalista sueco Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae.

Especies e subespecies

Na actualidade recoñécense nel as seguintes especies e subespecies:

    Xénero Bos
  • Bos frontalis - gaial
    • Bos frontalis frontalis
    • Bos frontalis laosiensis
    • Bos frontalis sinhaleyus
  • Bos gaurus - gauro
  • Bos grunniens - iac
  • Bos javanicus - banteng
    • Bos javanicus javanicus
    • Bos javanicus lowi
  • Bos sauveli - cuprei
  • Bos primigenius
    • Bos primigenius taurus - gando vacún doméstico
    • Bos primigenius indicus - cebú
    • Bos primigenius primigenius () - uro

Outra clasificación (de especies), considerando os subxéneros

Bos: Historia natural, Taxonomía, Notas 
Cuprei (Bos sauveli).
Bos: Historia natural, Taxonomía, Notas 
Reconstrución dun uro (Bos primigenius).
    Xénero Bos
  • Subxénero Bos
  • Subxénero Bibos
  • Subxénero Novibos
    • Bos sauveli (cuprei)
  • Subxénero Poephagus

En 2003, a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica (ICZN) resolveu unha longa disputa sobre o nomen das especies de Bos (ou pares de especies) conteñen formas tanto silvestres como domesticadas. A Comisión "conserva o uso de 17 nomes específicos baseados en especies silvestres e as baseadas en formas domésticas", confirmando Bos primigenius para o uro e Bos gaurus para o gauro. Se o boi e o gaial domésticos son considerados como especies separadas, nomearanse como Bos taurus e Bos frontalis; porén, se se consideran parte da mesma especie que os seus parentes silvestres, as especies comúns deberán denominarse Bos primigenius e Bos gaurus.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Briggs, H. M. e Briggs, D. M. (1980): Modern Breeds of Livestock. Macmillan Publishing.
  • Groves, C. P. (1981): "Systematic relationships in the Bovini (Artiodactyla, Bovidae). Zeitschrift für Zoologische Systematik und Evolutionsforschung, 4:264-278. Citado en: Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).
  • International Commission on Zoological Nomenclature (2003): Opinion 2027 (Case 3010). Usage of 17 specific names based on wild species which are pre-dated by or contemporary with those based on domestic animals (Lepidoptera, Osteichthyes, Mammalia): conserved. Bull. Zool. Nomencl., 60: 81-84.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Bos Historia naturalBos TaxonomíaBos NotasBos Véxase taménBos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luciano SobralAnxo AngueiraCastroverdeLimoXabier GonzálezAdiós, MaríaJorge BlassLista de palabras galegas de orixe celtaAnxo Xoán Rajó PazóKarim BenzemaCódigo QROs mortos van á présaAlbaniaElena CandiaLuís Álvarez PousaJulián Iglesias del RíoLabios (xenitais)GheadaVíctor MosqueiraNoruegaBatalla de CacheirasPoallaLPorqueiraDinhoEvelina HervellaBaiuca (banda)SardiñaMarta DoviroRibadeoCercedaBaltar, MelidePonteareasFlora invasora de GaliciaLingua galegaHimno de DaguestánHTTPRevolución galega de 1846FerrolCampionato de España de segunda categoríaGuerschon YabuselePampallínSarria11BioluminescenciaCarmen ReyPosicións sexuaisFranciaYolanda DíazBracara AugustaCelso Emilio FerreiroNosce te ipsumHenrique López VeigaValentín Alfonsín SomozaOs demostrativos galegosCafés CandelasOs AtlánticosLugoSantiago de CompostelaReino de GaliciaTribadismoChulaNacionalismo galegoNTonhito de PoiDaniel Carballo CodesidoMércoresBisemiaFerreiriñoMofa e BefaReal Academia Galega2Silva bravaDedaleiraFentoOurenseBetanzos🡆 More