Boca De Sauron

A Boca de Sauron é, no universo de ficción creado polo escritor británico J.

R. R. Tolkien">J. R. R. Tolkien, o nome co que se coñecía ó lugartenente de Barad-dûr, «pois o seu verdadeiro nome ata el o esquecera».

É un númenoreano negro con grandes coñecementos de feiticería, «máis malvado que o máis vil dos orcos». Entrara ó servizo da Torre Escura facía moitos anos, dende os tempos da segunda reconstrución.

Aparece ante a Porta Negra, montado nun temible cabalo como «embaixador» ante o desafío dos Capitáns do Oeste, para instar a Elessar e ós demais señores a que se rendesen ante Sauron, permanecendo como vasalos de Mordor. Faloulles a Gandalf e ós demais con palabras cheas de desprezo e odio, e amosoulles a modo de proba, as pezas de roupa que lle confiscaron a Frodo na Torre de Cirith Ungol. Tras negarse os capitáns a tales condicións, desaparece tralas Portas, dando paso ós exércitos de Sauron. Descoñécese o seu fin, aínda que se intúe que perece durante a caída do seu Amo.

No cine

No filme The Lord of the Rings: The Return of the King, só aparece na versión estendida editada en DVD, na que é interpretado por Bruce Spence. Leva un casco que oculta toda a súa cara agás a boca. No filme, ensina a cota de malla de mithril que os uruk-hai lle confiscaran a Frodo na torre de Cirith Ungol, e xáctase da morte do hobbit. Aragorn négase a crelo, achégase a el decapítao con Andúril.

Tags:

Barad-dûrEscritorJ. R. R. TolkienReino Unido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Península do BarbanzaSan Cibrao das ViñasMadridCervo comúnXosé Ramón GayosoIslamAbraham BobaGrellaPonteareasYolanda DíazGrupo RompenteBoimortoWayback MachinePablo López JiménezSoutomaiorAnxo Xoán Rajó PazóTopónimos célticos en GaliciaMarraxoTerra Chá (poemario)Alba ManceboPili PampínOs demostrativos galegosNosce te ipsumAhí ven o maioLagarto arnalCatedral de Santiago de CompostelaCampionato de España de segunda categoríaJorge BlassOrtigueiraDía da NaiTamar NovasTeixoHenrique López VeigaGuerschon YabuseleJuan Fernández García29 de abrilCira, SilledaREC (filme)PediastrumXestaAlecrínLuciano SobralHidrografía de GaliciaÁreas sanitarias de GaliciaDepartamentos de ColombiaJosé Manuel LagePorta SantaGondar, SanxenxoCindy CrawfordCulleredoVilela, Outeiro de ReiOs AtlánticosOrixe das avesMaría JamardoBugalloDeputación de Ourense64A BañaDaniel Basteiro19Pablo VioqueLeirón rabudoÁngel García SeoaneViveiroOs pronomes persoais galegosA EstradaXinzo de LimiaDaniel DomínguezPremios da Cultura GalegaClaudio Garrido Martínez🡆 More