Blanco Y Negro: Revista de Madrid (1891-2000)

Blanco y Negro foi unha revista ilustrada editada en Madrid, fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio.

Máis adiante converteuse, canda o ABC, na base do grupo Prensa Española. A revista, que tivo varias épocas de publicación, na última delas foi distribuída como suplemento de ABC, cesou definitivamente en 2000.

Blanco y Negro
Blanco Y Negro: Historia, Colaboradores literarios, Notas
Portada de Serafín Avendaño (3/2/1906)
PaísEspaña
Lugar de publicaciónMadrid
Linguacastelán
Fundación1891
FundadorTorcuato Luca de Tena
Última edición2000
Circulación
ISSN0006-4572
OCLC31635018
Na rede
HemBNE: 0005572778 HemBNE: 5446081
editar datos en Wikidata ]

Historia

Foi fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse en base da editorial Prensa Española, que tamén publicou o xornal ABC. O éxito da revista motivou a creación posterior do diario, de carácter monárquico.

O seu primeiro director foi Eduardo Sánchez de Castilla, aínda que cedo, o 28 de febreiro de 1892, foi relevado polo propio Luca de Tena.

Os rotativos da súa tirada atopábanse no Edificio ABC da rúa Serrano de Madrid. A publicación presentaba a novidade das ilustracións e gozou de gran prestixio polos seus artigos e colaboracións literarias, tendo no seu inicio tiradas próximas aos 20 000 exemplares. Foi a primeira publicación periódica española en utilizar a cor e o papel couché. O 12 de maio de 1912 publicou a primeira fotografía en cor da prensa en España.

Entre 1891 e 1939 editouse de forma continuada. Volveu reaparecer en 1957 como publicación independente, etapa que se prolongou ata 1980. En 1988 reapareceu como suplemento dominical do xornal ABC, ata o seu cesamento definitivo en outubro de 2000. Máis adiante publicouse un suplemento semanal de ABC co nome Blanco y Negro Cultural, que en 2005 pasou a chamarse ABCD Las Artes y Las Letras, tamén semanal.

Primeira etapa (1891-1939)

A revista, que publicou unha serie de almanaques anuais, competiu durante estes anos con outras revistas ilustradas como La Ilustración Española y Americana e Nuevo Mundo.

Durante esta etapa participaron, no aspecto gráfico, viñetistas e humoristas gráficos como Ramón Cilla, Mecachis, Rojas, Joaquín Xaudaró, Teodoro Gascón, Ángel Pons, Sileno ou Melitón González, ademais doutros artistas como Primitivo Carcedo, Eulogio Varela, José Arija, Giuseppe Eugenio Chiorino, Enrique Martínez Echevarría, Adolfo Lozano Sidro, Manuel Benet, Baldrich, José Loygorri, Máximo Ramos, Santiago Regidor, Joaquín Araujo Ruano, Pedro de Rojas, Mariano Pedrero, Julio Gros, Ángel Díaz Huertas, Narciso Méndez Bringa, José García y Ramos, Enrique Estevan y Vicente, Tomás Muñoz Lucena, Cecilio Plá, Francisco Sancha Lengo, Inocencio Medina Vera, Carlos Vázquez Úbeda, Manuel García y Rodríguez, Serafín Avendaño, Alfredo Souto Cuero, Federico Ribas, José Blanco Coris, Juan Martínez Abades, José Moreno Carbonero, Emilio Sala ou Ángel Andrade, que ilustraron as súas páxinas ao longo deses anos.

Blanco Y Negro: Historia, Colaboradores literarios, Notas 
Obra de Máximo Ramos, publicada en Blanco y Negro en 1903.

Durante a guerra civil foi incautada polo goberno republicano.

Segunda etapa (1957-1980)

Como semanario independente. Case ao mesmo tempo que a revista xuvenil madrileña 3 amigos, edita por primeira vez en España "As aventuras de Tintín":

Terceira etapa (1988-2000)

Como dominical de venda xunto ao diario ABC desde o 6 de marzo de 1988. Incluía Gente Menuda como suplemento dirixido aos nenos. O último número recollido na hemeroteca de ABC para a revista Blanco y Negro é do 29 de outubro de 2000.

Colaboradores literarios

Ao longo da súa historia acumulou un amplo libro de sinaturas de colaboradores literarios. Desde representantes da aristocracia nacional, como Hilda de Toledano (pseudónimo literario de María Pía de Sajonia-Coburgo Braganza) ou a novelista Emilia Pardo Bazán, ata membros da xeración do 98 como Azorín, los Machado, Manuel Abril ou Francisco Villaespesa, pasando por especialistas infantís como Elena Fortún, que estreou en Blanco y Negro o seu personaxe infantil "Celia" un 24 de xuño de 1928.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Blanco Y Negro HistoriaBlanco Y Negro Colaboradores literariosBlanco Y Negro NotasBlanco Y Negro Véxase taménBlanco Y Negro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Digital object identifierFrancisco Castro VelosoAlfonso Basterra CamporroValentín García GómezEspañaVox populiOtelo Saraiva de CarvalhoCaquetáA EstradaReal Club Celta de VigoGalileo GalileiFrancisco Varela OuroLista de deuses celtasRede privada virtualDavid SuchetLista de emperadores romanosEva MejutoCristiano RonaldoMalena AlterioAciñeiraLeninXabier FortesBrasil1928Victoria Núñez LópezReino de GaliciaBritney SpearsNational Portrait GalleryFlorentino López CuevillasGabriel AlénRaquel AtanesTeoJackson PollockXosé Luís BernalAC-312Emilio Aragón ÁlvarezTeresa González CostaManuel RicoBaby ReindeerLeopoldo RubidoDaniel BasteiroCaso Asunta BasterraSéculos EscurosMaría a BalteiraRoberto VerinoIKEASelección de fútbol de GaliciaAna Luísa BouzaVertoCinema pornográficoFauna de GaliciaFernando AlonsoDavid PerdomoFollas novasMoinanteYouTubeStellantisIgantzipdwqjBala (grupo musical)Mariano RajoyRoko (actriz)Luís SeoaneEva CárdenasJéssica BouzasPovoaçãoScarlett JohanssonFesta da Palabra SilenciadaSexo analFingeringLiteratura galega🡆 More