Biblioteca Galega De Clásicos Universais: Colección de corenta libros de clásicos da literatura universal

A Biblioteca Galega de Clásicos Universais é unha colección de corenta libros de clásicos da literatura universal traducidos á lingua galega, dirixida por Tucho Calvo, distribuída en Galicia polo xornal La Voz de Galicia durante os anos 2005 e 2006, polo prezo dun euro cada exemplar.

Descrición

A maioría dos títulos xa foran publicados con anterioridade por distintas editoriais (Xerais, Galaxia, Tris Tram, Ir Indo, Sotelo Blanco, Edicións do Cumio…).

A primeira entrega, o domingo 4 de setembro de 2005, gratuíta, foi Romeo e Xulieta (o número 4 da colección).

Títulos, autores, tradutores e outros datos da colección:

1- Banquete de Platón, 95 pp. Tradución de Carlos Búa Carballo. ISBN 84-9757-186-X.
2 - Sobre a vellez e Sobre a amizade de Cicerón, 150 pp. T. de Xosé Carballude e Xosé M.ª Liñeira. ISBN 84-9757-220-3.
3 - O príncipe de Niccolò Machiavelli, 144 pp. Tradución de Isabel González. ISBN 84-9757-213-0.
4 - Romeo e Xulieta de William Shakespeare, 183 pp. Trad. de Miguel Pérez Romero. ISBN 84-9757-176-2.
5-I - Don Quixote I de Miguel de Cervantes, 631 pp. T. de Valentín Arias et al. ISBN 84-9757-178-9.
5-II - Don Quixote II de Miguel de Cervantes, 700 pp. T. de Valentín Arias et al. ISBN 84-9757-179-7.
6 - O reiciño de Galicia de Victor Hugo, 138 pp. Trad. de Henrique Harguindey Banet. ISBN 84-9757-203-3.
7 - O enfermo imaxinario de Molière, 156 pp. Trad. de Manuel Guede e Eduardo Alonso. ISBN 84-9757-218-1.
8 - Robinson Crusoe de Daniel Defoe, 346 pp. Tradución de Gonzalo Navaza Blanco. ISBN 84-9757-206-8.
9 - Cándido ou o optimismo de Voltaire, 173 pp. Tradución de Henrique Harguindey. ISBN 84-9757-184-3.
10 - Fausto de Goethe, 605 pp. Tradución de Lois Tobío Fernández. ISBN 84-9757-219-X.
11 - Frankenstein de Mary Shelley, 290 pp. T. de Fernando R. Tato Plaza. ISBN 84-9757-191-6.
12 - Contos de Edgar Allan Poe, 222 pp. Tradución do equipo da Editorial Tris Tram. ISBN 84-9757-196-7.
13 - Vermello e negro de Stendhal, 674 pp. Tradución de Antonio Pichel Lorenzo. ISBN 84-9757-202-5.
14 - A Venus de Ille e As ánimas do purgatorio de Mérimée, 124 pp. Trad de C. Pedreira e R. Villanueva. ISBN 84-9757-214-9.
15 - Un conto de Nadal de Charles Dickens, 100 pp. Tradución de Alfonso Prada. ISBN 84-9757-217-3.
16 - A dama das camelias de Alexandre Dumas, 259 pp. Tradución de Antonia Vega Prieto. ISBN 84-9757-182-7.
17 - O manifesto comunista de Karl Marx, 94 pp. Tradución de Franck Meyer. ISBN 84-9757-197-5.
18 - Madame Bovary de Gustave Flaubert, 424 pp. Tradución de Antonio Pichel Lorenzo. ISBN 84-9757-181-9.
19 - Vinte mil leguas baixo dos mares de Jules Verne, 540 pp. T. de Mercedes Pacheco e Llerena Perozo. ISBN 84-9757-212-2.
20 - Un estudo en escarlata de Conan Doyle, 157 pp. T. de Bieito Iglesias Araujo e Manuel Vázquez. ISBN 84-9757-190-8.
21 - Crime e castigo de Fiódor Dostoievski, 721 pp. Trad. de Ekaterina Guerbek. ISBN 84-9757-185-1.
22 - Sobre os males que provoca o tabaco e outras pezas de Chekhov, 94 pp. T. de F. Pillado Mayor. ISBN 84-9757-200-9.
23 - Dr. Jekill e Mr. Hyde de Robert Louis Stevenson, 104 pp. T. de Sara Ruíz e Xosé Ramón Díaz. ISBN 84-9757-225-4.
24 - De profundis de Oscar Wilde, 161 pp. T. de Fidelina Seco Villarino e Luz Cao Losada. ISBN 84-9757-208-4.
25 - A guerra dos mundos de H. G. Wells, 241 pp. Trad. de G. Constenla e Esther Sánchez Rodríguez. ISBN 84-9757-199-1.
26 - Á busca do tempo perdido. I Pola banda de Swann de Proust, 483 pp. T. de Xesús Riveiro Costa. ISBN 84-9757-193-2.
27 - A metamorfose de Franz Kafka, 83 pp. Tradución de Xosé María García Álvarez. ISBN 84-9757-205-X.
28 - A liña de sombra de Joseph Conrad, 171 pp. T. de Benigno Fernández e Ana Isabel Iglesias Francos. ISBN 84-9757-210-6.
29 - Siddhartha de Hermann Hesse, 149 pp. Tradución de Frank Meyer. ISBN 84-9757-192-4.
30 - Galicia vista por un inglés de Aubrey F. G. Bell, 213 pp. Trad. de Xosé María Gómez Clemente. ISBN 84-9757-195-9.
31 - Os sonetos a Orfeu de Rainer Maria Rilke, 79 pp. Tradución de Lois Tobío Fernández. ISBN 84-9757-221-1.
32 - Enderezo descoñecido de Kressman Taylor, 63 pp. Tradución de Emma Lázare Rodríguez. ISBN 84-9757-226-2.
33 - A sinfonía pastoral de André Gide, 94 pp. Tradución de Leandro García Bugarín. ISBN 84-9757-224-6.
34 - Asasinato no Orient Express de Agatha Christie, 276 pp. Trad. de Alberte Álvarez Lugrís. ISBN 84-9757-183-5.
35 - O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry, 96 pp. Tradución de Carlos Casares. ISBN 84-9757-209-2.
36 - As palabras de Jean-Paul Sartre, 201 pp. Trad. de Dulce Fernández Graña e François Davo. ISBN 84-9757-227-0.
37 - O terceiro home de Graham Greene, 142 pp. Trad. María Dolores Martínez Torres. ISBN 84-9757-201-7.
38 - Á espera de Godot de Samuel Beckett, 149 pp. T. de Francisco Pillado Mayor. ISBN 84-9757-207-6.
39 - Traballo de campo de Seamus Heaney, 93 pp. Tradución de Vicente Araguas Álvarez. ISBN 84-9757-180-0.
40 - Ana, soror de Marguerite Yourcenar, 95 pp. T. de G. Constenla, M.ª X. Queizán e Esther Sánchez. ISBN 84-9757-198-3.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Imaxes externas
Biblioteca Galega De Clásicos Universais: Descrición, Notas, Véxase tamén  Imaxes dos lombos

Ligazóns externas

Tags:

Biblioteca Galega De Clásicos Universais DescriciónBiblioteca Galega De Clásicos Universais NotasBiblioteca Galega De Clásicos Universais Véxase taménBiblioteca Galega De Clásicos Universais20052006EuroGaliciaLa Voz de GaliciaLibroLingua galegaLiteraturaPeriódicoTucho Calvo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Comunicación celularLuis García-ReyDinastía MingWillie ColónAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoSarcopterygiiPalabraMuxe'ContactorDiteaTartaruga xigante das GalápagosBicogrosoPoriAmeixónGuepardoSan Xoán de RíoGuamAntilope cervicapraÁcido undecanoicoCabassous unicinctusInterestatal 59Ruth BrownGran CanariaCarmen Rodríguez DacostaVíctor DupláJan Baptista van HelmontCalvos de RandínPietro BadoglioPeixes serraNordés (vento)Darío Caramés RuzaReino UnidoMundial de Fútbol de 1982Dryophytes versicolorIllas GalápagosArgos, GreciaAlbert LuqueTorrada (doce)Aporia crataegiAna de Gran BretañaMediana (xeometría)CaralloPericarditeVigoIntrónTurcoPolpa dentariaKaliningradoLingua erzyaCélula naiFermentaciónXamaicaLingua checaA lei de Lidia PoëtArchaeopteryxLista de paísesJudy CollinsCalzada do XiganteÁcido graxo sintaseLuis ZaheraSahelDolores RedondoNoruegaHalmstadPárkinsonXosé Manuel PiñeiroTAG HeuerKeanu ReevesBisexualidadeRío AmazonasCircuíto Ricardo TormoSueciaFukuoka🡆 More