Batxeba

Batxeba, ou Betsabé, foi a esposa de Urías e do rei David e a nai do rei Salomón consonte o Segundo Libro de Samuel.

Por ela o rei David cometeu un dos seus máis graves pecados, ao provocar a morte de Urías.

Batxeba
Bethsabée de Gérôme.

Relato

O rei David un serán viu dende a azotea do seu pazo unha belida muller purificándose das súas regras. Prendido da súa beleza mandou preguntar quen era e dixéronlle que era Batxeba, filla de Alián e esposa de Urías o hitita. David deitouse con ela e preñouna. En sabendo disto, David mandou chamar a Urías, que estaba na guerra, e pediulle que volvese á casa xunta da súa esposa. Pero Urías ficou a durmir á porta do pazo pois considerou indigno deitarse coa súa muller mentres os seus compañeiros na fronte acampaban ao sereno.

Finalmente David ordenou ao xefe do exército Xoab que colocase a Urías na batalla nunha posición exposta e que se retirase deixándoo só. Así foi e Urías morreu. David tomou como esposa a Batxeba, que deu a luz un fillo.

Deus daquela enviou o seu profeta Natán, que lle contou a David a historia do home rico e do home pobre e como o primeiro a quen todo lle sobraba ripoulle ao pobre a súa única ovelliña que era para el como unha filla. David, cheo de indignación, dixo que o rico era reo de morte e que tiña que pagar catro veces o valor da ovelliña. Natán retrucou:

Ti es ese home. E isto di o Señor, Deus de Israel: Eu unxinte por rei de Israel e ceibeite das mans de Xaúl. Entregueiche a casa do teu señor e puxen as súas mulleres nos teus brazos. Fíxente dono de Israel e de Xudá e, por se fose pouco, deiche aínda outras cousas. ¿Por que, logo, desprezas a palabra do Señor facendo o que el reproba? Mataches coa espada a Urías, o hitita, para casares coa súa muller.

David confesou o seu crime e Natán anuncioulle que Deus perdoaría a súa vida, mais non a do seu fillo. David consolou a Batxeba, que empreñou de novo e deu a luz a Salomón, o máis sabio dos monarcas.

Tags:

DavidSalomón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SuraDe factoFrancisco Porto MellaJavier CasqueiroTereixa NavazaVila de CrucesFerrolIndiaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoPaul KleeProxyCohesiónRimaRío MiñoJorge LorenzoUnión Deportiva OurenseVilagarcía de ArousaCapitalismoMaría Xosé QueizánJosé López CamposPaísIdade MediaAdriana LastraJude BellinghamXogo da chaveGúgolCarlo AncelottiPrimeira cruzadaGrândola, Vila MorenaFachada do ObradoiroAutocraciaÑMúsica tradicional galegaMesopotamiaCarlos de Matos GomesC (linguaxe de programación)Ural Español Club de FútbolMagnitude aparenteRoko (actriz)Niñodaguia, Niñodaguia, BaltarArcadi EspadaManuel Curros EnríquezADP-ribosilaciónAsunta Basterra PortoJulio Alén MontesJosé Antonio Vázquez TaínAlberto CarpoEva Iglesias MiguénsO Pedrouzo, Arca, O PinoAnxos SumaiRoberto Carlos (cantante)Dominio públicoZendayaConcellos de GaliciaRuxe RuxeJorge PeteiroAS-12Metro-Goldwyn-MayerGrupo EroskiPedro I do BrasilMatias VarelaClaudio GiráldezCuarzoFaro de VigoCastelanismoO Barco de ValdeorrasPosición do misioneiro invertidaLuis Ángel Lago LagePedro SánchezWikiFruit NinjaEstrella GaliciaConfederación Intersindical Galega🡆 More