Bra Braathens Regional Airlines

BRA Braathens Regional Airlines é unha aeroliña sueca de propiedade norueguesa fundada en 2016 e unha das aeroliñas domésticas máis grandes en Suecia.

Porén, os operadores reais de todos os seus voos son as compañías irmás Braathens Regional Airways e Braathens Regional Aviation. A marca BRA é a sucesora de Malmö Aviation e Sverigeflyg. A compañía ten a súa sede en Estocolmo. BRA suspendeu todas as súas operacións o 6 de abril de 2020.

BRA Braathens Regional Airlines
Bra Braathens Regional Airlines
IATA
DC
TF
OACI
BRX
SCW
Indicativo
BRAATHENS
SCANWING
Fundación2016
Aeroporto principalAeroporto de Estocolmo-Bromma
Frota25
Destinos16
HoldingBraganza
Páxina web: https://www.flygbra.se/

Historia

BRA Braathens Regional Airlines fundouse no ano 2016 co propósito de unificar as aparencias distintas que anteriormente tiñan Malmö Aviation e Sverigeflyg e ofrecer unha única marca no mercado doméstico sueco. BRA non ten ningún control operacional aeronáustico ou ningún avión seu. En vez diso usa as competencias das súas compañías irmás Braathens Regional Airways e Braathens Regional Aviation.

A principios de abril de 2020 BRA suspendeu todos os seus voos entre o 6 de abril e o 31 de maio en resposta a un brusco descenso da demanda polas recomendacións do goberno sueco e a axencia pública de saúde de que a xente non viaxase pola pandemia da COVID-19.

BRA presentou nos xulgados unha reestruturación da débeda o 6 de abril de 2020 e cesou as súas operacións ata novo aviso. A aeroliña reducíu o seu persoal de 600 a 20 traballadores e todos os seus avións están no presente estacionados no aeroporto de Norwich City, no Reino Unido.

Frota

En marzo de 2020 a frota de BRA Braathens Regional Airlines estaba formada polos seguintes avións:

BRA Braathens Regional Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notes
ATR 72-500 2 72 Operados por Braathens Regional Airways
ATR 72-600 12 1 72 Operados por Braathens Regional Airways
Embraer E190 3 2 100 Operados por WDL Aviation
Fokker 50 3 50 Operados Amapola Flyg
Total 25

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Bra Braathens Regional Airlines HistoriaBra Braathens Regional Airlines FrotaBra Braathens Regional Airlines NotasBra Braathens Regional Airlines Véxase taménBra Braathens Regional Airlines201620206 de abrilAeroliñaEstocolmoSuecia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Illas CanariasItaliaJude BellinghamCarlo AncelottiDavid PearseAmieiroOriginThe ArtistLeonor de BorbónRefraneiro galego sobre o mes de maioNuno García PicoLuis ZaheraMiguel Ángel Zabalza BerazaXogo da chaveRaposo comúnCarlos II de EspañaEl LuísAhí ven o maioXela AriasLuis MillaDiego Armando MaradonaPO-529Vicente RiscoBruce WillisO comparativo galegoFernando de MagalhãesSalgueiroClint EastwoodIgnacio CastroPratos combinadosWangari MaathaiGalipediaGroenlandiaAnna María Iglesia PagnottaBenidormIñaki WilliamsYouPornPrestigeAviónWikipediaPopulusCouto MixtoNatalia González BeneitezCantares gallegosLaura QuintillánMaría Xosé QueizánManuel RivasRegulamento xeral de protección de datosA carreira do séculoAbegondoMaría do Socorro Ortega RomeroContactorDavid PerdomoGarbiñe MuguruzaDaniel CortezónPapiro (planta)UEFA Futsal Champions LeagueAbel CaballeroIosif StalinWhakatāneFebreiroBandeira de GaliciaSuso de ToroA memoria da choivaRamón CabanillasImmanuel KantTamara AndrésParísArteCara al SolTeideLeopoldo RubidoFilipe IV de EspañaFelipe Bello PiñeiroFerroAtlánticaMarián Ferreiro Díaz🡆 More