Anna María Iglesia Pagnotta: Xornalista, esaísta e tradutora española

Anna María Iglesia Pagnotta nada en Granada no 1986 é unha xornalista, ensaísta e tradutora cultural española.

Infotaula de personaAnna María Iglesia Pagnotta
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Granada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarts journalist (en) Traducir , ensaísta , tradutora Editar o valor em Wikidata

Twitter: AnnaMIglesia Dialnet: 4629631 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Licenciada en Filoloxía Italiana e en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Barcelona, doutorouse alí coa tese La narrativa del espacio urbano y sus prácticas. París del siglo XIX y la aflânerie.

Como xornalista cultural, colaborou con diferentes medios –The Objective, El Confidencial, Nueva Revista, Mercurio, La sphere de Papel–, escribindo principalmente sobre literatura e mundo editorial. É redactora xefa da revista literaria Librújula, onde se encarga tanto da edición bimestral en papel como da edición dixital.

Como autora, o seu primeiro libro foi La revolución de las flâneuses (Wunderkammer, 2019), un ensaio nacido da temática da súa tese no que as mulleres ocupan o espazo público do século XIX como figura literaria do cabaleiro paseante, flâneur, en Francia ao mesmo tempo.Neste libro, defende o dereito das mulleres a ocupar as rúas polo sinxelo pracer de facelo, mais non soamente iso, tamén como crítica e voz pública.Iglesia sinala que na súa opinión, en termos históricos e sociolóxicos non se pode afirmar que as mulleres do século XVIII e sobre todo do XIX, cando se asenta a figura do flâneur gozaban da mesma situación cos homes. Deste xeito, fai un percorrido crítico da vida das flâneuses e reune un numeroso grupo de escritoras, pensadoras e activistas como Flora Tristán, George Sand, Virginia Woolf, Luisa Carnés o as mulleres pertencentes a Xeración do 27, coñecidas como "Las Sinsombrero", poñendo en valor a súa existencia

"a súa vontade de facerse presente no espazo urbano e reclamar unha voz de seu deu paso a unha serie de dereitos pendentes de consolidar: dereito a ocupar as rúas, dereito a mirar sen ser vistas, dereito a non consumir e non ser consumidas, dereito a existir en solitario e dereito a autoría". 

Obra

Entre algunhas das súas traducións está Regalos de invierno de Collete ou Palabra de Lorca ao francés e ao italiano.

Como autora:

  • Ese famoso abismo. Conversaciones con Enrique Vila-Matas. Editorial Terrades, Girona, 2020.
  • La revolución de las flâuneses. Editorial Terrades, Girona, 2019.

Notas

 


Tags:

Ensaio (literatura)EspañaGranadaTraduciónXornalista

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Dallas MavericksSalgueiroXapónManchester City F.C.Pireneos9 de abrilDitadura do proletariadoCasa BaillyTorre EiffelShirley ChisholmForo do bo burgo de Castro CaldelasEdiciones CardeñosoReloxoPedrafita do CebreiroHototogisuCory DoctorowMarxismoOcéano ÍndicoJosé Pablo del Bado RivasJosé Manuel LageAlcóntarMario Vargas LlosaFidel CastroSupremme de LuxeCallitriche stagnalisCloroformoBoyanka Kostova (grupo musical)Selena GomezArboIndonesiaComunismoHuelvaPaisaxe mineira de Cornualla e Devon oesteRosendo SalvadoLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasIllas CanariasLista das aves de GaliciaIrene VillaVox populiAníbal MalvarAgora RepúblicasJean Shinoda BolenIsabel Díaz AyusoAeroporto de Newark LibertyMosteiro de Santa María de OseiraÁlex FidalgoLeonardo DiCaprioEzio Flavio BazzoDinastía ValoisFrancisco, papaGran Premio de Mónaco de 2014Igrexa católicaMandalaMediaWikiFonte de Oliva, ValboaJagoba ArrasateEuropaDragon Ball ZRobert OppenheimerLista de nomes femininos en galegoCatalán ribagorzanoMandiocaShakiraApartheidPerúArzúaEurocopa de FútbolZendayaCaptain Fantastic (filme)PontevedraTereixa NavazaSimón BolívarBarcelona🡆 More