A autofelación é unha forma de masturbación masculina que consiste na estimulación oral do propio pene.
A miúdo foi considerado un acto imposible de realizar, debido á dificultade que entraña. Porén, algúns homes teñen flexibilidade suficiente para poder facelo.
Existen restos arqueolóxicos que representan a homes que teñen os seus propios penes na boca. O académico David Lorton di que moitos textos antigos vinculan a autofelación coa relixión practicada no Antigo Exipto. O deus do sol, Ra, creou ó deus Shu e á deusa Tefnut practicando a autofelación e vertendo o seu seme sobre o chan.
Poucos homes reúnen características físicas (flexibilidade, lonxitude do pene...) que lles permitan practicar a autofelación. Porén, existe a crenza de que certos adestramentos físicos como a ximnasia ou o ioga permiten desenvolver esa capacidade. Alfred Charles Kinsey sinalou no seu reputado Informe que menos do 1% dos homes poden ter contacto oral co seu pene, e que só 2 ou 3 de cada mil poden realizar a autofelación
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Autofelación |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Autofelación, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.