Johann Heinrich August Leskien, nado en Kiel o 8 de xullo de 1840 e morto en Leipzig o 20 de setembro de 1916, foi un lingüista e filólogo alemán, expoñente da escola neogramática que influíu profundamente na indoeuropeística entre os séculos XIX e XX.
O seu nome está unido á lei que promulgou: a Lei de Leskien sobre a regularidade do cambio fonético.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Johann Heinrich August Leskien 8 de xullo de 1840 Kiel |
Morte | 20 de setembro de 1916 (76 anos) Leipzig |
Lugar de sepultura | Südfriedhof (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Alemán |
Educación | Universidade de Leipzig Universidade de Jena Universidade de Kiel (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filoloxía |
Lugar de traballo | Leipzig |
Ocupación | lingüista , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Leipzig Universidade de Gotinga Universidade de Jena |
Membro de | Academia de Ciências da Bulgária (pt) (membro honorário (pt) ) (1884–) Academia de Ciências da Saxônia (pt) (ordinary member (en) ) (1875–) Academia de Ciências da Baviera (pt) Serbian Learned Society (en) Academia das Ciencias de San Petersburgo Academia de Ciencias de Rusia Academia Prusiana das Ciencias Academia de Ciencias de Hungría Academia Serbia das Ciencias e das Artes |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Doutorando | Georgiĭ Gerovskiĭ (en) |
Familia | |
Fillos | Ilse Leskien |
Premios | |
Nado en Kiel, August Leskien estudou filoloxía na Universidade de Kiel e na de Leipzig, onde en 1864 conseguiu o doutoramento. Desde ese ano ao 1866 ensinou grego e latín na Thomasschule zu Leipzig. En 1866 estudou lingüística comparada na Universidade de Jena, onde foi alumno de August Schleicher e obtivo a habilitación docente o ano seguinte. Desde o 1867 foi profesor na Universidade de Gotinga, desde o 1869 en Jena e desde o 1870 en Leipzig; alí ensinou Filoloxía eslava, converteuse en titular en 1876 e conservou a cátedra ata 1916, ano da súa morte.
No centro das súas investigacións estivo a lingüística indoeuropea. Xunto con Karl Brugmann e Hermann Osthoff, Leskien foi un dos máis influentes inspiradores do movemento dos neogramáticos. Debémoslle en particular profundos estudos sobre as linguas eslavas e bálticas; figura entre os fundadores da revista especializada Archiv für slavische Philologie. Legou o seu nome a unha lei fonética (a chamada "lei de Leskien"), segundo a cal o cambio fonético, en igualdade de condicións, resulta sempre co mesmo resultado, sen excepcións.
This article uses material from the Wikipedia Galego article August Leskien, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.