Astenosfera

A astenosfera é a zona do manto terrestre que está debaixo da litosfera, entre 100 e 240 quilómetros por debaixo da superficie da Terra.

Astenosfera
Estrutura interna da Terra: 1: Codia ou Cortiza, 2: Manto, 3: Núcleo, 3a: Núcleo externo, 3b: Núcleo interno, 4: Litosfera, 5: Astenosfera, 6: Núcleo externo líquido e 7: Núcleo interno sólido

A litosfera mide uns 100 km por debaixo dos océanos e ao redor de 150 km baixo os continentes. A astenosfera pode estar dotada de certa fluidez (a pesar de tratarse de rocha sólida), e absorbe os movementos que poden dar lugar á isostasia.

Na astenosfera existen lentos movementos de convección que explican a deriva continental. Ademais, o basalto da astenosfera flúe ó longo das dorsais oceánicas, o que fai que se renove constantemente o fondo oceánico.

O bordo oposto, cando se enfronta co obstáculo representado por un continente, afúndese baixo este, volvendo así a materia ó fondo. Este fenómeno coñécese como subdución.

Dúbidas sobre a existencia da astenosfera

Durante anos afirmouse que no interior da Terra, a partir duns 100 km de profundidade, existiría unha zona chamada astenosfera que presentaría unha baixa velocidade das ondas sísmicas S, razoándose que isto se debería a unha baixa viscosidade da parte superior do manto. Desta forma explicábase o movemento continuo dentro dos continentes dentro da Teoría da Tectónica de placas,así como o fenómeno de equilibrio isostático dos continentes sobre o manto. En realidade a astenosfera nunca se detectou como unha capa continua, senón que só se observaban zonas de baixa velocidade das ondas sísmicas nalgunhas zonas do globo, pero non noutras, como baixo os escudos continentais. Fai unha década, a idea desta franxa como imprescindible para explicar a deriva continental, entrou en dúbida segundo novos datos, propoñéndose un sistema onde, debido á subdución, a codia moveríase xunto co manto subxacente chegando ata o límite entre o manto e o núcleo terrestre, onde acabaría por fundirseda parte que di "ata o núcleo terrestre"[Cómpre referencia]. Propúxose, que o equilibrio isostático produciríase entre a parte inferior do manto e a parte exterior do núcleo terrestre. Porén, esta proposta non conta cos datos suficientes ó respecto para definir a situación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


Tags:

Astenosfera Dúbidas sobre a existencia da astenosferaAstenosfera NotasAstenosfera Véxase taménAstenosfera

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Florencia PeñaRobert OppenheimerXestaRaxáPasaporte de FidxiBlottingEva CárdenasSoberaníaAgora RepúblicasÁngel LlanosIsabel Díaz AyusoAs NevesGoogleLuis ZaheraXosé Manuel PiñeiroBetanzosJosé Luis GilDeclaración BalfourPortela da CandaEnciclopediaLista de nomes masculinos en galegoGalicia estremeiraEstañoDodecágonoTereixa NavazaPartido Comunista pola República GalegaLas Torres de CotillasMéxicoPaisaxe mineira de Cornualla e Devon oesteTeixugoXacioKarim BenzemaShirley ChisholmAeroporto de Newark LibertySemana Santa de ViveiroFernando AlonsoSexoIndependentismoLiberalAscanio CondiviAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoMáximo común divisorHarry Potter e o misterio do príncipeMelideSantuario do Bom Jesus do MonteWorld Wide WebMaruca do MediterráneoCharles PéguyCaso Asunta BasterraBen AffleckRiba-roja de TúriaForo do bo burgo de Castro CaldelasForzas armadasO Mesón do Vento, Ardemil, OrdesGod Save the KingPosición do misioneiroPadre CasaresLista de palabras galegas de orixe celtaLista das aves de GaliciaRío UllaBucetaEster ExpósitoBaltimoreVómito (grupo musical)Xunta de GaliciaCaliforniaCreative CommonsHipotensiónLuís Espada RecareyCarlos X de Francia🡆 More