Araña Vermella: Especie de ácaro

O ácaro-araña vermello ou simplemente araña vermella (Tetranychus urticae) é unha das moitas especies de tetraníquidos ou ácaros vermellos que se alimenten de plantas que se atopan en ambientes secos de todo o mundo e que xeralmente se consideran unha praga moi importante da agricultura e a xardinaxe.

Tetranychus urticae
Araña Vermella: Distribución, Descrición, Síntomas da infestación
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
Clase: Arachnida
Subclase: Acari
Superorde: Acariformes
Orde: Prostigmata
Suborde: Eleutherengona
Infraorde: Raphignathae
Superfamilia: Tetranychoidea
Familia: Tetranychidae
Xénero: Tetranychus
Especie: T. urticae
Nome binomial
'Tetranychus urticae'
C.L. Koch, 1836

O seu xenoma foi completamente secuenciado no ano 2011, sendo o primeiro xenoma secuenciado entre os arácnidos.

Distribución

Tetranychus urticae orixinariamente era nativa de Eurasia, mais adquiriu unha distribución cosmopolita.

Atópase distribuído por toda a Península Ibérica, en lugares cálidos de climas lenes (especialmente na zona mediterránea e o sur peninsular, sendo raro en Galicia).

Descrición

Araña Vermella: Distribución, Descrición, Síntomas da infestación 
Colonia de arañas vermellas.

Tetranychus urticae é extremadamente pequena, dificilmente visíbel a simple vista, só se ollan máculas averdadas ou avermelladas nas follas e talos; as femias adultas miden uns 0,4 mm de longo. A araña vermella, que se pode ver en invernadoiros e zonas tropicais e temperadas, segrega unha fina arañeira por riba e por baixo das follas.

Síntomas da infestación

Araña Vermella: Distribución, Descrición, Síntomas da infestación 
Infestación sobre Capsicum annuum

Estes animais chuchan o líquido do interior das células e deixan na superficie unhas sedas que dan un aspecto algodonoso. Provocan nos talos das plantiñas tachas de cor parda ou amarela. En casos de grandes poboacións poden provocar un retardo no crecemento nos primeiros estados vexetativos desta e, nos casos máis serios, o desecamento completo da planta.

Ecoloxía

É extremadamente polífaga. Pódese alimentar de centenares de especies de plantas incluíndo a maioría das hortalizas como as pementeiras, tomateiras, pataqueiras, feixóns, millo, amorodeiras e tamén plantas ornamentais coma as roseiras. Prexudica as plantas ao chuchar o zume e o contido das células foliares. Deixa pequenas máculas pálidas ou cicatrices cando se destruíu a epiderme das células. Malia seren estas lesión moi miúdas, o ataque de centenares destes ácaros fai que se reduza a actividade fotosíntesintética das plantas.

Uns dos moitos depredadores naturais da araña vermella son o Phytoseiulus persimilis e a Chrysoperla carnea, os cales usan os métodos de control biolóxico na agricultura ecolóxica ou de produción integrada.

Ciclo vital

O ciclo de actividade dos ovos até seren adultos é moi rápido, entre 8 e 14 días con temperaturas entre 23 e 30 °C dando xeracións durante todo o ano. A humidade relativa ha ser mediana, nin moi alta nin moi baixa, xa que pode provocar a morte das larvas e retardar o seu desenvolvemento.

Pódense espallar por toda unha leira coa axuda do vento.

O ovo de T. urticae é translúcido e semellante a unha pequena perla. Eclosiona e sae unha ninfa que se volve protoninfa e despois se converte nunha deutoninfa, a cal amosa estadios de quiescencia. O adulto é tipicamente de cor verde pálida gran parte do ano, mais as xeracións serodias son de cor arroibada, as femias apareadas pasan o inverno en estadio de diapausa.

Control e prevención

  1. Vixiar temporalmente os estados de crecemento das plantas máis novas.
  2. É recomendábel eliminar as más herbas e culturas anteriores e aplicar doses de fertilizantes equilibradas
  3. A aplicación de praguicides, neste caso, acaricidas, farase cando se detecten os primeiros estados de desenvolvemento da praga dirixíndoos ás fontes de infestación.

O ácaro vermello presenta unha gran resistencia aos acaricidas, por este motivo é especialmente importante facer un uso alternante destes.

A utilitzación de insecticidas coma os piretroides poden provocar un aumento da poboación destes ácaros.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Araña Vermella DistribuciónAraña Vermella DescriciónAraña Vermella Síntomas da infestaciónAraña Vermella EcoloxíaAraña Vermella Ciclo vitalAraña Vermella Control e prevenciónAraña Vermella NotasAraña Vermella Véxase taménAraña VermellaAgriculturaArácnidoPragaXardinaxeXenoma

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Estatua de Che Guevara en OleirosLa Voz de GaliciaDavid PearseJamie BellCorfúEstados Unidos de AméricaManchester City F.C.Os EoasMofa e BefaColocación do pronome átono en galegoManuel Curros EnríquezAna María MatuteMamen MendizábalXosé María Álvarez CáccamoMeisThe ArtistEstadio Municipal de RiazorManuel MaríaProvincia de OurenseArgimiro Marnotes FernándezAníbal MalvarPontevedraBrasilJavier IruretaLista de nomes femininos en galegoXabi AlonsoOs adverbios galegosNacho CastañoLlerena Perozo PorteiroDedaleiraTurquíaClub Bosco de BaloncestoAtaque a Pearl HarborLiberdade de expresiónBrad PittAlfabeto galegoSegoviaSestaoMario CaneiroEva MejutoToxo arnalCarlos Blanco VilaElton JohnPotaIsmael RamosPenangCristina Fernández-BugallalOs PinosIES Monte CarrascoGerardo Pardo de VeraRío VolgaCoristancoInternetBarcelonaLista de WikipediasPedofiliaCobra rateiraCactoViñoManuscrito VoynichGaliciaRaquel Castro MartínezLiga de Campións da UEFACuruxa comúnHistoria de CasaquistánPaulino PereiroChuchamelÁ lus do candilMadonnaXavier DolanLista de siglas e acrónimosViana do BoloArciprestado de BezoucosConstantino I o GrandeSete Sabios de GreciaLuka ModrićSecuestro do Alakrana🡆 More