Andrea López Chao: Mestra galega

Andrea López Chao, nada en Mondoñedo en data descoñecida do século XIX, foi unha mestra galega na emigración.

Infotaula de personaAndrea López Chao
Andrea López Chao: Traxectoria, Recoñecementos, Obra
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Mondoñedo Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Sábese pouco da súa traxectoria en Galicia. Antes de emigrar exerceu como mestra en 1897 en Paradavella, A Fonsagrada. Logo, na escola de Lindín e despois en Couboeira e Viloalle, as tres últimas parroquias do concello de Mondoñedo. En 1898, o xornal El Regional de Lugo, informou sobre o seu nomeamento como mestra interina da escola mixta de Lindín (Mondoñedo) cun soldo anual de 450 pesetas.

Andrea López Chao: Traxectoria, Recoñecementos, Obra 
Centro Gallego de La Habana

Viúva de Santiago Ares Cabanillas, emigrou a Cuba. Alí exerceu a docencia, xogou un papel importante no movemento societario galego na Habana e, preocupada pola situación das mulleres, ocupou relevantes cargos nos movementos feministas.

Centro Gallego de La Habana

En 1904, El Norte de Galicia relatou que "Andrea López Chao, mestra que foi de Viloalle, en Mondoñedo, foi nomeada directora do establecemento de ensino Centro Gallego da Habana. Gañou dita praza por oposición e goza dun soldo de 75 pesos oro mensuais".

Andrea López Chao: Traxectoria, Recoñecementos, Obra 
Hospital Hijas de Galicia.

Alí exerceu como profesora e directora durante anos e, en 1924 ela mesma propuxo o nome do denominado “Plantel de Concepción Arenal”, o cadro de ensino do Centro Galego que cubría clases de ensino primario e clases nocturnas de corte e costura, comercio, taquigrafía etc.

Hijas de Galicia

En 1917 constituíuse en Cuba a sociedade Hijas de Galicia para axudar, asistir e defender ás mulleres emigrantes galegas dos abusos e discriminacións. O goberno formábano e dirixían homes, ata que en 1919 reformouse o Regulamento e Andrea López Chao converteuse na primeira muller elixida para ocupar a vicepresidencia da asociación.

I Congreso de Mulleres de Cuba.

Andrea López Chao participou en representación de Hijas de Galicia no I Congreso de Mulleres de Cuba, organizado polo Club Femenino de Cuba e celebrado na Habana entre o 1 e o 6 de abril de 1923. Asistiron 31 organizacións e reclamaron o dereito ao sufraxio feminino, a igualdade de dereitos e deberes cos homes, combater a droga e a prostitución, modificar o ensino e protexer á infancia.

No seu discurso, titulado “Actuación de la mujer en el hogar” e reproducido por Eco de Galicia o 22 de abril de 1923, amosou a súa opinión sobre o papel que a muller debía desempeñar na sociedade, considerándoa o eixe transformador das familias e parte decisiva na conformación dunha sociedade mellor.

"Es un hecho, por desgracia demasiado reconocido, el considerar a la mujer como menos capacitada para la resolución de los problemas que agitan a las sociedades. Y, sin embargo, preciso es confesar que el factor más importante y necesario para la resolución de esos problemas, pende tal vez más de la mujer que del hombre (...) En virtud de la inflexibilidad misma de las leyes naturales, la mujer está armada del derecho y del poder de educar; y las instituciones humanas no cumplirán sus deberes para con la Patria, si no secundan su labor, si no respaldan los derechos de esas creaciones de la Naturaleza (...) En una palabra, la familia, y en su seno la mujer, es la destinada a educar la generación que crece para honra, defensa y engrandecimiento de la Patria; y a la Patria toca proteger con su escudo la seguridad y libertad de la familia"
Eco de Galicia, nº 189, 22-04-1923

Xubilouse como directora do Concepción Arenal en 1935, e foi directora auxiliar do presidente da Sección. En 1936 concedéronlle a carta de naturalización cubana. Seguiu participando nos actos do Centro Galego polo menos ata 1940.

Recoñecementos

Andrea López Chao aparece na novela Sándalo, de María Xosé Porteiro, editada por Galaxia en 2019.

Obra

  • Discurso pronunciado por Andrea López Chao no I Congreso Nacional de Mujeres, celebrado na Habana entre o 1 e 6 de abril de 1923. Eco de Galicia (nº189), 22 de abril de 1923.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • González Pagés, Julio César (2003). Emigración de mujeres gallegas a Cuba: Las Hijas de Galicia. Concello de Vigo

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Andrea López Chao TraxectoriaAndrea López Chao RecoñecementosAndrea López Chao ObraAndrea López Chao NotasAndrea López Chao Véxase taménAndrea López Chao1923Centro Gallego de La HabanaDocenteEmigraciónHijas de GaliciaMondoñedoPobo galegoSéculo XIXVicepresidencia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GalernaContactorAranésHelia GonzálezJavier GutiérrezCurmánEmilio Aragón ÁlvarezPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Iosif StalinBloque Nacionalista GalegoGarcía II de GaliciaJosé Luis Rodríguez ZapateroIsabel II do Reino UnidoRaquel AtanesUrueñaManuel LourenzoPobo galegoCarlos CasaresMaría Antonieta de AustriaCogomeloAlfredo Pérez RubalcabaDiáspora galegaÁureoAlfonso MolinaMalvares de MoscosoMikaIsidoro de SevillaRicardo BeirasDomingo García-SabellLa Voz de GaliciaGrupo NósFernando Suárez BarciaCarro galegoWO comparativo galegoSabugueiroBFala de EstremaduraAdriana LastraLista de ríos de GaliciaOTANJosito PortoSéculos EscurosPortugalUnión Europea de RadiodifusiónAC-422Antonio Muñoz MolinaBaby ReindeerAlberto FortesBoyanka Kostova (grupo musical)ArxentinaSabela (Operación Triunfo)Monforte de LemosNapoleón I de FranciaMontse DopicoHaxixSandroImmanuel KantFrancisco FrancoGatipedroCarralCentauroTaboadaChipionaPrimeira guerra mundialPMarie CurieMáquina comecartosAbraham PérezEstíbaliz EspinosaJoan Manuel SerratSalgueiro MaiaParroquias de GaliciaLuar (programa)Manuel Curros Enríquez🡆 More