Also sprach Zarathustra, Op.
30 (en galego Así falou Zaratustra) é un poema sinfónico do compositor alemán Richard Strauss, composto no ano 1896 e estreado o 27 de novembro dese mesmo ano en Frankfurt baixo a batuta do propio compositor. Dura aproximadamente 40 minutos.
O autor inspirouse na obra homónima do filósofo Friedrich Nietzsche. Adoita considerarse este poema sinfónico como un intento infrutuoso de expresar musicalmente as ideas filosóficas que encerraba a obra de Nietzsche, tentando presentar nada menos que a evolución humana ata o "superhome" descrito polo filósofo alemán; non obstante Strauss consegue presentar unha obra con fermosas e profundamente emotivas pasaxes.
A obra foi parte do repertorio clásico desde a súa estrea en 1896. A fanfarria inicial (titulada "Amencer" nas notas do programa do compositor) popularizouse co seu uso na película de Stanley Kubrick, 2001: Unha odisea do espazo (1968).
Richard Strauss compuxo este poema sinfónico entre febreiro e agosto de 1896, ano no que o compositor se converteu no director titular da Bayerische Staatsoper de Múnic, a súa cidade natal. Cronoloxicamente, co número de Opus 30, a obra está situada entre os dous grandes poemas orquestrais do compositor alemán Till Eulenspiegels e Don Quixote (Opus 28 e 35 respectivamente), e antes da composición das súas grandes óperas.
Inicialmente o compositor desautorizou calquera conexión entre a súa partitura e Nietzsche máis aló da inspiración das imaxes poéticas do libro, e particularmente os seus títulos evocadores aos capítulos, dos cales oito foron empregados por Strauss como guías non específicas da obra. O forte debate que xurdiu arredor da obra foi causado, máis que pola música, polos conflitivos programas propostos por Strauss en varios momentos como os seus suxeitos de estudo. Antes da estrea en Frankfurt, autorizou a impresión do seguinte programa:
“ | Primeiro movemento: Amencer. O home sente o poder de Deus. Andante relixioso. Mais o home sente aínda anhelo. El mergúllase na paixón (segundo movemento) e non atopa a paz. Vólvese cara a ciencia, e tenta sen éxito resolver os problemas da vida nunha fuga (terceiro movemento). As melodías de danza soan agradables e el convértese en individuo. A súa alma elévase cara arriba cando o mundo se afunde debaixo del. | ” |
Mais esas non foron as primeiras nin as últimas palabras sobre o tema. Strauss decidiu finalmente poñer o tema apoiando no prefacio da partitura coas palabras dos parágrafos iniciais, a "Oda ao Sol", concluíndo na exhortación do espírito creativo:
“ | Durante demasiado tempo, a música soñou; agora queremos permanecer espertos. Eramos noctámbulos, viaxeiros da noite; queremos chegar a ser viaxeiros do día. | ” |
— Friedrich Nietzsche |
A capital bávara apreciouno como director, mais o público conservador, e os empresarios que servían a ese público, consideraron as súas composicións extravagantes, polo que a estrea da obra tivo lugar en Frankfurt, o 27 de novembro dese mesmo ano baixo a dirección do propio compositor. A resposta do público foi un tanto escéptica e nun principio non soubo apreciar a obra.
Ao igual que moitas outras obras da época, Also sprach Zarathustra caracterízase polo debilitamento dos fundamentos estruturais da tonalidade tradicional, sendo difícil (senón imposible) determinar a tonalidade da composición. De feito, na obra atopamos que os tons de Dó e Si compiten en todo momento, xustapoñéndose as súas tónicas de xeito exacto no último compás. Un dos principais temas compositivos da obra é este contraste entre as tonalidades de Si Maior (representando a humanidade) e Dó Maior (representando o universo ou a natureza); como Si e Dó son notas adxacentes, as súas tonalidades son completamente distintas: Si Maior emprega cinco díeses, mentres que Dó Maior non ten ningún.
Richard Strauss compuxo este poema sinfónico inspirado no libro homónimo de Friedrich Nietzsche, metade ensaio filosófico e metade texto poético, cuxas ideas serviron principalmente para estimular a imaxinación musical do compositor. Se ben a obra de Strauss está inspirada no libro de Nietzsche, non se trata dunha tradución sonora fidedigna das ideas expresadas no libro do filósofo alemán, senón dunha evocación moi libre dalgúns dos aspectos que trata. O propio compositor afirmaba:
“ | Non me propuxen facer música filosófica, senón un cadro de desenvolvemento da raza humana dende as súas orixes ata chegar á concepción nietzscheana do superhome. | ” |
— Richard Strauss |
O programa de Also sprach Zarathustra é filosófico nun dobre sentido: trátase dun comentario musical do célebre poema en prosa de Nietzsche (cuxa doutrina do superhome axitaba toda Europa a finais do século XIX), e esta elección temática típica da intuición do valor da publicidade altamente desenvolvido por Strauss. A influencia do filósofo alemán queda patente ademais nos títulos das diferentes seccións musicais, que levan o nome de títulos do libro. A partitura, de feito, leva como epígrafe os versos de Nietzsche:
“ | Durante demasiado tempo, a música soñou; agora queremos permanecer despertos. Eramos noctámbulos, viaxeiros da noite; queremos chegar a ser viaxeiros do día. | ” |
— Friedrich Nietzsche |
Precisamente ese tránsito da escuridade á luz será un dos aspectos tratados polo compositor na obra, para constituírse no seu fío condutor.
Instrumentación de Also sprach Zarathustra |
Madeiras |
3 Frautas, piccolo, 3 óboes, corno inglés, 2 clarinetes en Si bemol, 1 requinto, clarinete baixo en Si bemol, 3 fagots, contrafagot |
Metais |
6 trompas en Fa e Mi, 4 trompetas en Dó e Mi, 3 trombóns, 2 tubas |
Percusión |
Timpani, bombo, pratos, ferriños, glockenspiel, campá en Mi |
Cordas |
Violíns (I e II, 16 de cada), 12 violas, 12 violonchelos, 8 contrabaixos (con extensión ao Dó grave), 2 arpas |
Tegra |
Órgano |
A obra está dividida nunha introdución e oito partes que se encadean sen solución de continuidade e sen seguir ningún esquema formal clásico. Os títulos das oito seccións que seguen á fanfarria inicial son os únicos indicios programáticos deixados polo compositor. Strauss denominou as seccións segundo capítulos seleccionados no libro:
| ||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
En 1944, Strauss dirixiu á Wiener Philharmoniker nunha gravación experimental da obra en alta fidelidade, realizada polo selo alemán Magnetophon. Esta foi posteriormente realizada en LP por Vanguard Records e en CD por varios selos discográficos. O amigo e compañeiro de Strauss Fritz Reiner, realizou a primeira gravación estereofónica da obra coa Chicago Symphony Orchestra en marzo de 1954 para o selo RCA Victor. En 2012, este álbum foi engadido á lista de gravacións sonoras americanas "cultural, histórica, ou esteticamente importantes". A gravación da fanfarria inicial empregada no filme de Stanley Kubrick 2001: A Space Odyssey foi interpretada pola Wiener Philharmoniker baixo a dirección de Herbert von Karajan.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Also sprach Zarathustra |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Also sprach Zarathustra (Strauss), which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.