Tuba: Instrumento musical de vento metal

A tuba é o instrumento de vento metal co son máis grave e potente.

As máis usadas en orquestra son a tuba baixa en Fa e a tuba contrabaixa en Si bemol, existindo tamén a tuba tenor, tamén chamada eufonio ou bombardino. O nome provén do latín que significa trompeta. O son prodúcese pola vibración dos beizos na súa boquilla, tendo unha tesitura de máis de tres oitavas.

Tuba
Tuba: Instrumento musical de vento metal
Información
ClasificaciónVento-metal
Tesitura
Tuba: Instrumento musical de vento metal
Instrumentos relacionados

O seu tubo é de sección cónica, ten de tres ou cinco válvulas ou pistóns, boquilla de copa, tubo enrolado en vertical e pavillón dirixido cara a arriba rematado nunha campá en forma de sino. Patentouna en 1835 o director de banda alemán Friedrich Wilhelm Wieprecht e o construtor de instrumentos Johann Gottfried Moritz, logo incorporada nas orquestras sinfónicas.

Entre os seus antecedentes están o serpentón (instrumento de vento madeira con forma de S e furados para os dedos) e o oficleido (un fliscorno baixo con chaves).

A tuba baixa ou bombardón afínase en mi bemol ou fa (o seu son máis grave é o si bemol 1 ou o do 2) ou, no caso da contrabaixa, en si bemol ou do (son máis grave: mi bemol 2 ou fa 2). O bombardino, tamén chamado tuba tenor, é outra oitava máis agudo. Afinado en si bemol ou en dó. Neste último caso tamén se denomina tuba francesa.

A tuba pode chegar a ter até seis pistóns ou válvulas (catro de dixitación normal máis dúas de transpositores de medio ton e ton de afinación), aínda que as máis comúns son as que teñen catro. Tamén se fabrican modelos de tres válvulas, mais adoitan ser para principiantes. Algúns modelos especiais teñen só dúas válvulas. Nótese que a pesar de ter tan reducido número de pistóns, a tuba abrangue un espectro tan amplo de sons porque con cada posición dos pistóns pódense tocar notas diferentes segundo a forma e forza de facer vibrar os labios do instrumentista en cada cambio de pasaxe ou tesitura, respectivamente.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

BeizoBombardinoInstrumento musicalLingua latinaOrquestraSonTrompetaVento metal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Joaquin PhoenixSanta CompañaPalas de ReiGadisaÁngel Rodal1869MarxismoFelaciónLisboaForo do bo burgo de Castro CaldelasPaz Lamela VilariñoCatch Me If You CanBrahim DíazPonte de RandeJean-Claude Van DammeIsabel PerónSemana Santa de ViveiroVirusGaliciaGreta ThunbergAstrolabioGran Premio do Reino Unido de 2017VigoAdolf HitlerViggo MortensenÁlex FidalgoÁngel LlanosFudbalski Klub Crvena ZvezdaMetabolismoAnggunArnold SchwarzeneggerCaobaSydney SweeneyFinados en 2024Iria SobradoHungríaRegina García García2003Catalán ribagorzanoOs camiños da vidaMasturbación coas mamasSelección de fútbol do CamerúnPrimeira guerra mundialFC Rubín KazánGrupo EroskiCristiano RonaldoEliseo SeoaneEncoro de PortodemourosHimno Nacional de ChileRosendo SalvadoIdeoloxíaMacedonia do NorteEstañoOviedoMacizo GalaicoElvira Fernández BalboaAntas de UllaBenito VicettoMúsica tradicional galegaXosé Manuel PiñeiroC. TanganaAlfredo GuisadoAymeric LaporteGarcía Pardiñas Vilar de FrancosKu Klux KlanSoberaníaBrad PittDaniel de la SotaMarco Vipsanio AgripaCopia por contactoJosé Manuel LageJosé Sueiro LópezLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasEnid Blyton🡆 More