Alain Tanner: Director de cinema suizo

Alain Tanner, nado en Xenebra o 6 de decembro de 1929 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 2022, foi un director de cinema suízo.

Infotaula de personaAlain Tanner
Alain Tanner: Traxectoria, Filmografía, Notas
(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1929 Editar o valor em Wikidata
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Morte11 de setembro de 2022 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Xenebra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Suíza Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , guionista , produtor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor em Wikidata - 2022 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Páxina webalaintanner.ch Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0849609 Allocine: 1314 Allmovie: p113634 TCM: 1479908 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Tanner estudou economía na Universidade de Xenbra. En 1951, uniuse ao cineclub que Claude Goretta acababa de fundar na universidade. Tras graduarse e traballar un breve tempo en empresas navieiras internacionais, pasou a centrarse no cinema.

Tanner atopou traballo no British Film Institute en 1955 subtitulando, traducindo e organizando o arquivo. O seu primeiro filme, Nice Time (1957), unha curtametraxe documental sobre Piccadilly Circus durante as tardes das fins de semanas, realizouno con Goretta. Producido polo British Film Institute Experimental Film Fund, foi mostrado por primeira vez no terceiro programa sobre Free Cinema no National Film Theatre en maio de 1957. O seu filme debut gañou un premio no festival de Venecia e foi eloxiado pola crítica.

Tanner marchou un tempo a Francia onde participou en varios filmes comerciais. Alí coñeceu algún dos máis importantes directores da Nouvelle Vague de París, así como a Henri Langlois, director da Cinémathèque Française. Mais a atmosfera dos círculos cinematográficos da cidade desagradouno; el describiuno como "desapiadado".

Entre 1960 e 1968, Tanner volveu a Suíza e realizou máis de corenta filmes, ademais de documentais para a Télévision Suisse Romande. En 1962 cofundou o "Groupe Cinque" de novos cineastas suízos.

O seu primeiro filme, Charles, Dead or Alive (1969), gañou o primeiro premio do festival de Locarno. Os dous seguintes, La Salamandre (1971) e Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000 (1976), realizounos en colaboración co crítico de arte e novelista John Berger, que traballara con el, en menor grao e sen acreditar no guión de Charles.

Alain Tanner: Traxectoria, Filmografía, Notas 
Tanner, por Erling Mandelmann en 1993

Influído pola súa participación no movemento británico do Free Cinema en Londres e coa Nouvelle Vague en París, Tanner é coñecido sobre todo polos seus filmes Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000, Na cidade branca e Messidor. Na cidade branca participou na 33.ª edición do Festival de Berlín.

Filmografía

  • Nice Time (1957)
  • Ramuz, passage d'un poète (1961)
  • L'École (1962)
  • Les Apprentis (The Apprentices) (1964)
  • Une ville à Chandigarh (A City at Chandigarh) (1966)
  • Docteur B., médecin de campagne (1968)
  • Charles mort ou vif (Charles, Dead or Alive) (1969)
  • La Salamandre (The Salamander) (1971)
  • Le Retour d'Afrique (1972)
  • Le Milieu du monde (1974)
  • Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000 (1976)
  • Messidor (1979)
  • Les Années lumière (1981)
  • Na cidade branca (1983)
  • No Man's Land (1985)
  • Une flamme dans mon coeur (1987)
  • La Vallée fantôme (1987)
  • La Femme de Rose Hill (1989)
  • L'Homme qui a perdu son ombre (1991)
  • Le journal de Lady M (1993)
  • Les Hommes du port (1995)
  • Fourbi (1996)
  • Requiem (1998)
  • Jonas et Lila, à demain (1999)
  • Fleurs de sang (2002)
  • Paul s'en va (2004)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Alain Tanner TraxectoriaAlain Tanner FilmografíaAlain Tanner NotasAlain Tanner Véxase taménAlain Tanner11 de setembro192920226 de decembroSuízaXenebra, Suíza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SupermanFerroAtlánticaAs aves na cultura popular galegaXogos florais2020Estadio de TammelaFC Ilves (feminino)ArroazGuerra civil españolaLorenzo VarelaGaliciaCabo Norte, NoruegaNoelia ReyCarlos CasaresUcraínaLareiraDigital object identifierBibTeXPili PampínAmérica do NorteTelevisión de GaliciaProvincias de EspañaStellantisOTANAguia imperial ibéricaHolocaustoMeigaVicepresidencia do Goberno de EspañaÁcido dipicolínicoVietnamGabriel RufiánNacionalismo galegoHorteláBárbara ReyEditorial GalaxiaXestaPanxermanismoXosé Manuel BeirasFalange EspañolaMDomingo García-SabellÁreas lingüísticas do galegoIrmandiñosDeportivo da CoruñaIrene FerrerasSénecaTeixugoLista de programas de Televisión EspañolaAntón Villar PonteÁlvaro CunqueiroLista de filmes coas maiores recadaciónsGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981GoogleXiros idiomáticos galegosVacaGolfiño comúnRicardo BeirasLabor Gallega (A Habana)John Forbes NashMilánImmanuel KantAmérica LatinaEscudo de GaliciaParadigmas dos verbos irregulares galegosXinzo de LimiaCohesiónWikiSistema operativoJesús Vázquez AlmuíñaOllos de augaGalería de imaxes de arañas de GaliciaDiego González RivasNarón🡆 More