Akka Mahadevi ( en kanarés: ಅಕ್ಕ ಮಹಾದೇವಿ), nada en Udutadi no século XII, foi unha poetas da literatura kanaresa e unha destacada mística da corrente lingayat hinduísta.
O termo Akka ("Irmá máis vella") é un título honorífico, que lle deron grandes santos lingayta como Basavanna, Siddharama e Allamaprabhu. No seo da literatura kanaresa e na historia de Karnataka está considerada unha muller digna de exemplo e no seo do hinduísmo goza da consideración de santa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. década de 1130 Udutadi (en) |
Morte | século XII |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India |
Relixión | Hinduísmo |
Actividade | |
Ocupación | filósofa , poeta , escritora |
Período de tempo | Século XII |
Lingua | Lingua kanaresa |
Akka Mahadevi naceu na localidade de Udutadi, preto Shivamogga no actual estado indio de Karnataka no século XII. Pouco é o que se sabe de certo sobre da súa vida, aínda que hai numerosas tradicións populares e haxiografías mitolóxicas, e tamén hai referencias persoais nos seus versos, e así hai constancia que deixou o seu lugar de nacemento e familia para seguir a Shiva. A tradición faina filla dunha parella, Nirmalshetti e Sumati, devota de Shiva. Outras crenzas populares como que rexeitou casar co rei xainista Kaushika para cumprir as demandas da devoción cara á divindade son ambiguas e non son concluíntes. Nun dos seus vacana establece tres condicións para casar o rei, e inclúe o control de elixir pasar o seu tempo na devoción ou en conversa con eruditos doutos na relixión en vez de co rei. O poeta medieval Harihara suxeriu na súa biografía que o seu matrimonio foi puramente nominal mentres outras tradicións afirman que non se aceptaron as súas condicións e non casou.
Segundo o relato tradicional de Harihara ao violar o rei Kaushika as condicións do matrimonio, Mahadevi deixou o palacio e renunciou a todas as súas posesións, incluíndo a roupa, para viaxar a Srisailam, o fogar do deus Shiva. Outras versións afirman que a súa marcha foi unha resposta ás ameazas do rei logo dela refugar a súa proposta. Quizais visitou a cidade de Kalyana, onde coñeceu a outros dous poetas e figuras prominentes do movemento lingayat, Allama e Basava e seica viaxou no cabo da súa vida ás montañas Srisailam, onde viviu como un asceta e, finalmente, morreu. Un vacana atribuído a Akka Mahadevi suxire que, ao chegarlle o final ao rei Kaushika visitouna alí na procura do seu seu perdón. Na iconografía hinduísta represéntase espida, só cuberta polo seu longo cabelo.
Está considerada unha das grandes santas místicas da India xunto con Andal e Mīrābāī. As súas obras, como moitas dos poetas do movemento bhakti, pódense rastrexar a través do uso da súa ankita, ou o nome polo que se dirixían á figura da súa devoción. Mahadevi emprega a forma Chennamallikarjuna para se referir ao deus Shiva que se pode traducir de diferentes xeitos, a tradución máis coñecida é a de A. K. Ramanujan, que o interpreta como "Señor, abrancazado coma o xasmín'. Unha traduciónn mais literal sería 'O fermoso Arjuna de Mallika', segundo Tharu e Lalita..
Pola súa ankita asígnanse arredor 350 poemas ou vacanas (poemas místicos en prosa) a Akka Mahadevi. Os seus son poemas cun fondo lirismo nos que con frecuencia utiliza a metáfora dun amor ilícito ou adúltero para describir a súa devoción á Chennamallikarjuna e procura de xeito activo unha relación persoal con Shiva, e toca temas como o abandono, o amor carnal e a separación. As súas composición, directas e francas, son poéticas sen ser poesía e son espirituais sen ser relixiosas; descríbense como a personifiación dunha ilexitimidade radical que reexamina o papel das mulleres como actores con iniciativa e vontade propia que colidían coas institucións sociais e mais as tradicións establecidas. Ás veces, emprega fortes imaxes sexuais para representar a unión entre o devoto e o obxecto de devoción. As súas obras cambiaron a percepción da identidade sexual, así un vacana suxire que a creación, ou o poder do deus Shiva é masculino mentres que toda a creación, mesmo os homes, representan o feminino. Nalgunhas vacanas descríbese tanto feminina como masculino.
Como o conxunto dos poetas bhakti, as súas obras tocan sobre temas de alienación: tanto do mundo material como das expectativas sociais e costumes asociados ás mulleres. Vendo as relacións con homes mortais como insatisfatorios, Akka Mahadevi descríbeos como espiños que se agochan baixo lenes follas, indignos de confianza.
Ademais de vacanas escribiu algunhas cancións e dous breves escritos, Mantrogopya e en Yogangatrividhi narra, nunha linguaxe críptica, as diversas fases da iluminación espiritual.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Akka Mahadevi, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.