Xosé Gil Gil: Fotógrafo e director de cinema galego

Xosé Gil Gil, nado en Barxa (Rubiós, As Neves) o 3 de abril de 1870 e finado en Vigo o 1 de xaneiro de 1937, foi un fotógrafo e director de cinema, a figura máis relevante do cinema galego entre os pioneiros que xurdiron no primeiro terzo do século XX, debido ó elevado número de obras que realizou e polo carácter documental dos seus filmes, unha das mellores fontes para coñece-la Galiza do momento.

Infotaula de personaJosé Gil Gil
Xosé Gil Gil: Traxectoria, Galería de imaxes, Notas
Biografía
Nacemento(es) José Gil y Gil Editar o valor em Wikidata
3 de abril de 1870
Rubiós, As Neves
Morte1 de xaneiro de 1937 (66 anos)
Vigo
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró
Vigo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo e cineasta
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxe1898, Trinidad Sarabia González 1872-1954
FillosMaría 1899-1918
Rosa 1902-1922
José 1904-1904
Josefa 1906-1924

IMDB: nm0317789 Find a Grave: 216022030 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Estableceuse como fotógrafo en Mondariz. Dende 1899 residiu en Ourense, e desde 1905 en Vigo, primeiro na rúa Carral e despois na rúa do Príncipe. Formou parte da redacción de Vida Gallega no momento da súa fundación en 1909 e foi o seu director artístico. Foi un dos pioneiros do cinema galego, comezando a realizar filmes en 1907, primeiro simplemente para darlle publicidade o seu estudo fotográfico, pero logo comezou a facer películas documentais centradas en Vigo. En 1911 pagou un anuncio na prensa viguesa no que se ofrecía para facer películas documentais en 24 horas. Tiña un laboratorio do que podía sacar unha hora de película revelada nun só día. Tamén era representante en Vigo dos automóbiles americanos Ford e organizou, na praza de touros de Pontevedra, unha corrida onde os coches eran os cabalos dos picadores; Gil fíxolle chegar esta película ao industrial americano Henry Ford que lle contestou cunha carta de felicitación. Este home tan orixinal argallou un automóbil equipado como un laboratorio para revelar a película que filmaba en calquera cidade e proxectaba, pola noite, para os veciños.

Gil tamén foi o primeiro que, en 1916, filmou unha película de ficción en Galiza: Miss Ledya, cun argumento no que non faltaban espionaxes e persecucións. No filme, rodado na illa da Toxa, aparecía como figurante Castelao.

Gil inventou, ademais, o chamado cine de correspondencia, pois o cineasta comprendía a importancia das imaxes como correo visual entre Galiza e a emigración. Utilizadas como se fosen cartas ou postais, as súas películas ían e viñan desde aquí até Suramérica, para que as visen os emigrantes. Nuestras fiestas de allá é a máis coñecida. En 1922 fundou a produtora Galicia Cinegráfica que a partir de 1929 realizou o noticiario cinematográfico Revista de Galicia. Estímase que realizou máis de 150 filmes.

Xosé Gil Gil: Traxectoria, Galería de imaxes, Notas 
Retrato en Vida Gallega.

As súas fillas enfermaron de tuberculose e trala morte de dúas, intentando salvar a terceira, trasladouse por consello médico a Ponteareas, desatendendo os negocios.

Morreu arruinado e esquecido en 1937 e está soterrado no cemiterio de Pereiró, en Vigo, onde unha rúa leva o seu nome.

Galería de imaxes

Notas

Xosé Gil Gil: Traxectoria, Galería de imaxes, Notas 
Escultura en Luneda (A Cañiza).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Xosé Gil Gil TraxectoriaXosé Gil Gil Galería de imaxesXosé Gil Gil NotasXosé Gil Gil Véxase taménXosé Gil Gil1 de xaneiro187019373 de abrilAs NevesBarxa, Rubiós, As NevesCinema galegoGalizaRubiós, As NevesSéculo XXVigo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rías BaixasDereito de autoríaMaría Victoria Fernández-EspañaMontserrat García ChavarríaArco do Triunfo de ParísTeléfonoEleccións municipais de 2019 en GaliciaA fiestra valdeiraÑLugoParque Nacional das Illas AtlánticasAbrilHistoria de LimaCorfúHoliComadres das LetrasValentín García GómezVillablinoPitbullPonteareasReino de GaliciaFentoPraza da QuintanaIndependentismo galegoFerreiriño abelleiroAlfonso RuedaO Milladoiro, Biduído, AmesHipérbatoLuísa VillaltaNormativa oficial do galegoAgustín Fernández Paz69 (sexo)Coordenadas xeográficasLondresEscolas de Ensino Galego SementeCanle (enxeñaría)Luís MenorFrancisco FrancoRaffaella CarràIrmandiñosAbeleiraFillas de CassandraThe ArtistTigreXela AriasHistoria de DinamarcaCarlos V, Sacro Emperador Romano-XermánicoHLA-CNacionalismo galegoFentaniloJosé Antonio LabordetaDon Quixote da ManchaSalvador IllaComarca da Mariña OrientalReal Club Celta de VigoMedalla da Folga de FameGonzalo Fernández de CórdobaDavid PerdomoXavier AlcaláTereixa NavazaAs Carballas, Tabeirós, A EstradaZorzaBJorge PeteiroLuís SeoaneLeninismoKeanu ReevesGuerra do PeloponesoO divino saineteManuel Gallego VilaFrancisco Porto MellaJesús Gil y Gil🡆 More