Windows Xp: Sistema operativo de Microsoft

O Windows XP foi un sistema operativo de Microsoft lanzado o 25 de outubro de 2001.

Foi a primeira versión do sistema operativo Windows que unía as versións domésticas (95, 98, ME) coas profesionais (NT). Por ese motivo é considerado por moitos como a maior actualización destes sistemas dende a saída de Windows 95. A sigla «XP» ven da palabra inglesa «experience» (experiencia). O seu nome chave inicial era Whistler.

Windows XP
Windows Xp: Características novas, Versións, Notas
DesenvolvedorMicrosoft
Familia de S.O.Windows NT
Lanzamento25 de outubro de 2001
En galegoSi
Modelo de desenvolvementoSoftware non libre
NúcleoNT
Tipo de núcleoHíbrido
LicenzaMicrosoft CLUF EULA
Última versión estable5.1.2600.5512 Service Pack 3 (SP3) (x86) 20 de abril de 2008
Estado actualsen soporte técnico
Precedido porWindows ME
Sucedido porWindows Vista
Sitio webwww.microsoft.com

En xuño do 2004, Microsoft en colaboración coa Xunta de Galicia sacou unha extensión que permite ter este sistema operativo en galego.

Características novas

Windows XP introduciu novas características como:

  • Introduciu un ambiente gráfico máis agradable a dos seus predecesores.
  • Secuencias máis rápidas de inicio e de hibernación.
  • Capacidade do sistema operativo de desconectar un dispositivo externo, de instalar novas aplicacions e controladores sen necesidade de reinicia-lo sistema.
  • Unha nova interface de uso máis fácil, con ferramentas para o desenvolvemento de temas de escritorio.
  • Uso de varias contas, o que permite que un usuario garde o estado actual e as aplicacións abertas no seu escritorio e permita que outro abra unha sesión sen perder esa información.
  • ClearType, deseñado para que sexa máis lexible o texto en pantallas de cristal líquido (LCD) e monitores CRT de pantalla plana.
  • Escritorio remoto, que permite aos usuarios abrir unha sesión cunha computadora que funciona con Windows XP a través dunha rede, teniendo acceso a ficheiros, impresoras, e outros dispositivos.
  • Soporte para a maioría de módems ADSL e wireless, e o estabelecemento dunha rede FireWire.

Versións

  • Windows XP Home - Versión para uso doméstico.
  • Windows XP Professional - Versión destinada a usuarios profesionais.
  • Windows XP 64-Bit Edition - Para estacións de traballo baseadas en Intel Itanium.
  • Windows XP Media Center Edition - Versión para sistemas multimedios.
  • Windows XP Tablet PC Edition - Versión para ordenadores portátiles con sistema de reconecemento de escritura (Tablet PC).
  • Windows XP Embedded - Versión para integrar en sistemas electrónicos coma caxeiros, puntos de venda...
  • Windows XP Professional x64 Edition - Versión baseada en Windows Server 2003 para sistemas que teñen un procesador de 64 bits compatible coa familia x86 como o Athlon 64 de AMD ou Intel Pentium 4 con EM64T.
  • Windows XP Starter Edition - Versión reducida e limitada de Windows XP para venda en Asia e América do Sur.
  • Windows XP Home e Professional Edition N - Versións de Windows XP sen Windows Media Player.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Windows Xp Características novasWindows Xp VersiónsWindows Xp NotasWindows Xp Véxase taménWindows Xp2001MicrosoftOutubroSistema operativoWindowsWindows 95

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Arquitectura gótica en GaliciaTino SaquésRBenigno Lago EstévezFollaPepo SuevosToquioVíctor MosqueiraMaría VázquezTamara AndrésMatria (filme)Pepe CarballudeOrosoJuan Fernández GarcíaSoutomaiorMuiñeiraA carta roubadaÁlvaro CunqueiroBugallo23Pablo López JiménezThe Times of IndiaXabier GonzálezLuís TorrasLaosNoruegaXosé Antonio Ventoso MariñoSegunda guerra mundialVertoAnniken HuitfeldtGHimno de DaguestánSarriaJosé Yáñez GarcíaA sementeiraSambesugaToubes, A PeroxaVómito (grupo musical)Porta SantaLeymaEstatua de Che Guevara en OleirosUIAFALev TolstoiMiguel SolísIndiaAsiaLista de palabras galegas de orixe celtaAlmorzoPoallaFrancisco Arriví LópezLeite CeltaRianxoEleccións municipais en CamariñasJuan Carlos Rodríguez CebriánAL-VCristovo ColónFernando AlonsoEl LuísDA Star Is Born (filme de 2018)2023ChorimaManuel Curros EnríquezA Cure for Wellness27BodystockingProxyEsther EstévezVagalumeO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoVacaCuruxa comúnCangasAsa ga Kuru🡆 More