Vituco Neira: Músico galego

José Víctor Neira Calzadilla, máis coñecido como Vituco Neira, nado en Aríns, é un músico galego.

Infotaula de personaVituco Neira
Vituco Neira: Traxectoria, Discografía, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoAríns Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , guitarrista , cantante , locutor de radio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

É coñecido principalmente por ser o líder, vocalista e guitarrista do grupo de rock Ruxe Ruxe. Forma parte tamén da banda Barbitúricos e traballou durante anos na radio, presentando o programa musical Planeta Furancho, na Radio Galega, e colaborando noutros programas como Aberto por reformas ou Diario Cultural.

Traxectoria

En 1996, xunto a outros amigos do instituto formou a banda Ruxe Ruxe, converténdose no vocalista e guitarrista do grupo. En 1999 sacaron o seu primeiro disco, ao que seguiron outros catorce durante as seguintes dúas décadas, así como concertos por toda a Península e mesmo fóra dela. En 2014 formou un grupo en paralelo a Ruxe Ruxe, chamado Barbitúricos, para o que se xuntou con Xurxo Pinheiro (Xenreira, Malandrómeda) e José Manuel Piedra (Desequilibrio mental, Astarot), e ao que máis tarde se uniu Fidel Vázquez. En abril de 2023 presentouse o grupo Malabesta no que Vituco forma parte como vocalista compartindo proxecto con X.M. Piedra na percusión e os músicos de jazz David Regueiro na guitarra, Ismael Cabaleiro no violín e Diego de Lera no contrabaixo.

Traballou na radio, colaborando no programa Aberto por reformas, presentado por Xurxo Souto na Radio Galega, e en 2009 comezou a presentar o seu propio programa musical, Planeta Furancho, na Radio Galega Música. En febreiro de 2015 Vituco Neira anunciou que o 29 de maio dese ano, e despois de máis de 1400 programas, estaba prevista a última emisión do programa, o que provocou protestas e mobilizacións do sector musical galego, chegando o tema incluso ao Parlamento de Galicia. Actualmente forma parte do equipo do Diario Cultural da Radio Galega e escribe sobre música galega no semanario cultural "Faro da Cultura" do xornal Faro de Vigo.

Discografía

Entrevista no 2017.

Con Ruxe Ruxe

  • Ruxe-Ruxe (1999)
  • Non temos medo (2000)
  • A terra dos comentos (2002)
  • Fervendo (2004)
  • Comercial (2006)
  • Xigantes (2008)
  • Na fura de diante (2010)
  • Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012)
  • Némesis (2014)
  • Un mundo perfecto (2015)
  • 20 segundos (2016)
  • BSO "Alén do Cosmos" de Pedro Pablo Alonso. (2016)
  • Petos Furados (EP, 2019)
  • Alfaia Punk (EP, 2020)
  • O estraño falar dun monstro da aldea (2020)
  • Unha noite no interior dunha faísca (2023)

Con Barbitúricos

  • Barbitúricos (2016) - Dobre sinxelo

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Vituco Neira TraxectoriaVituco Neira DiscografíaVituco Neira NotasVituco Neira Véxase taménVituco NeiraAríns, Santiago de CompostelaMúsicoPobo galego

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

LugoShinovaFesta dos maiosPaulino FernándezWikiCaralloCanle (comunicación)Lista de voces dos animaisRede privada virtualGranma (iate)TeléfonoO Barco de ValdeorrasConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeItaliaAsíndetoSílvia OrriolsMallorcaAires da miña terraAlexandre BóvedaEduardo PondalAlmudena ChacónEslovaquiaLista de palabras galegas de orixe celtaIdade do CobrePortadaMaría Victoria Fernández-EspañaAna María Fernández MartínezNacionalidade históricaSri LankaXosé FortesGrupo EroskiSolFrancisco FrancoEconomía de EspañaGarcilaso de la VegaXabier FortesSonetoHoliBaloncesto nos Xogos OlímpicosMaría Xosé QueizánMasculino e feminino en galegoLois PereiroAlberto Núñez FeijóoRiotortoAustriaDaniel Castro GarcíaÁureoOliveiraGlasgowAndrés Mellado FernándezGrupo NósJuan Jacobo Durán LorigaNacionalismo galegoArgimiro Marnotes RodríguezGuepardoMaría VillamarínSantiago AbascalLingua casteláCalemburPolisíndetoTanxugueirasTerraPatricia Argerey VilarCarles PuigdemontValenciaAmazonBPaulino PedretRaffaella CarràDiego Rivas RegoMoinanteBragaMovemento de independencia da IndiaVladimir PutinAbruño🡆 More