5°33′37″O / 42.6121, -5.56022
A Universidade de León é unha universidade española de carácter público, con campus en León e Ponferrada.
Universidade de León | |
---|---|
«Universitas Legionensis» | |
Datos xerais | |
Localización | León, Ponferrada |
Datos actuais | |
Reitor | José Ángel Hermida |
Alumnos | 12.643 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Avda. de la Facultad de Veterinaria, 25 León, España |
Páxina web | www.unileon.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fundada en 1979 como escisión da Universidade de Oviedo, a partir das diversas Escolas e Facultades que, dependentes daquela, existían desde había máis ou menos tempo en León. Con todo, as orixes da universidade remóntanse a 1843, cando se crea a Escola Normal de Mestres, e 1852 coa fundación da escola subalterna de Veterinaria, sentando as bases da futura universidade leonesa.
Os últimos anos a universidade asinou importantes convenios de colaboración, entre os que destaca o asinado coa Universidade de Washington, que permitiu a instalación en León da segunda sede europea desta universidade para a aprendizaxe do español, con capacidade para 500 alumnos, e o asinado coa Universidade de Xiangtan, que propiciou a implantación na cidade do Instituto Confucio.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Universidade de León, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.